En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 1 de decembro de 2025, adoptou a seguinte resolución:
Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado As Herdas, Campos e Lameiras, Cofatiñas e Valiño do Sobreiro, Feal de Abaixo, Regata 1, Regata 2 e San Alberte, no concello de Toén, resultan os seguintes feitos:
Primeiro. Con data do 11 de xuño de 2019 tivo entrada no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Rural un escrito da CMVMC de Moreiras e Trelle, dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, en que solicitaba a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas As Herdas, Campos e Lameiras, Cofatiñas e Valiño do Sobreiro, Feal de Abaixo, Regata 1, Regata 2 e San Alberte.
Segundo. Con data do 17 de febreiro de 2025, o Xurado Provincial acordou iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.
Terceiro. Contra o acordo de inicio do procedemento presentáronse diversos escritos de alegacións en que se solicitaba a exclusión de parcelas incluídas no acordo de inicio da clasificación. Respecto destas, e no que se refire ás parcelas catastrais 32082A07200002, 32082A07200053, 32082A07200054, 32082A07200056 e 32082A07300023, cabe sinalar que se trata de afeccións pequenas ou residuais que non teñen base real ao procederen de inexactitudes presentes na cartografía catastral, a cal non se axusta aos elementos reais que definen as parcelas sobre o terreo, polo que o Xurado Provincial considera que procede desestimar a solicitude de exclusión das citadas parcelas.
No caso das reclamacións sobre as parcelas catastrais 32082A08400091, 32082A08400093, 32082A08400095 e 32082A08400239, trátase de afeccións máis significativas que non derivan da imprecisión cartográfica catastral, senón que parecen obedecer á súa correspondencia cunha parcela antiga, a núm. 226 do pol. 84 do Catastro de 1957, atribuída á Comunal de Xerdas (denominación posiblemente correspondente co termo Herdas que dá nome ao predio 1 da solicitude). Trátase dunha parcela que se atopaba claramente diferenciada das estremeiras (en concreto, parcelas núm. 144, 136, 141 e 146, correspondentes coas partes non solicitadas das referencias catastrais alegadas) ao estar separada delas por un camiño.
Durante a inspección efectuada in situ dos terreos en cuestión, o titular catastral das parcelas 32082A08400091 e 32082A08400239 manifestou que o anaco afectado era comunal ou do concello, sen que en ningún caso formase parte da súa parcela, e que, de feito, se aproveitou dese carácter comunal ou público para abrir a través dese pedazo unha rampla de acceso ao seu predio, situación esta que manifestou extensible ás parcelas lindeiras (RR.CC. 32082A08400076, 32082A08400093 e 32082A08400095). En consecuencia, considérase que as parcelas afectadas teñen un pasado e evolución compatibles coa condición de monte veciñal en man común, polo que o Xurado acorda a desestimación das solicitudes relativas ás parcelas catastrais 32082A08400091, 32082A08400093, 32082A08400095 e 32082A08400239.
No caso das parcelas catastrais 32082A00300070, 32082A00400065, 32082A00700112 e 32082A00700115, os reclamantes non achegan a documentación xustificativa da propiedade, polo que o Xurado considera que procede inadmitir as súas solicitudes.
Por último, no que respecta á reclamación do Concello sobre as parcelas 32082A08009005 (ramal), 32082A08009007, 32082A00409003, 32082A00409004, 32082A00709002, 32082A00709003, 32082A00709004, 32082A00709005 (ramal), 32082A00809003, 32082A00809004 e 32082A07209004 (2 ramais), os camiños correspondentes ás citadas parcelas son internos aos propios predios, de xeito que non habilitan o acceso a outras explotacións ou parcelas distintas das incluídas na propia clasificación. Por tanto, o Xurado considera que procede a súa clasificación.
O Xurado Provincial considera que a clasificación das parcelas citadas se entende sen prexuízo das servidumes de paso que existan sobre o terreo.
Con base no exposto, o Xurado acorda a clasificación do monte como veciñal en man común.
Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación existente no expediente, descríbese así:
Nome do monte: As Herdas, Campos e Lameiras, Cofatiñas e Valiño do Sobreiro, Feal de Abaixo, Regata 1, Regata 2 e San Alberte.
Superficie: 86,91 ha.
Pertenza: CMVMC de Moreiras e Trelle.
Parroquia: Moreiras (San Pedro) e Trelle (Nosa Señora dos Anxos).
Concello: Toén.
Descrición dos predios que constitúen o monte:
Predio 1 (As Herdas):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Estremas |
Referencia catastral |
|
32082A07900204 (parte) 32082A07900206 (parte) 32082A07909001 (parte) 32082A07909002 (parte) 32082A08400091 (parte) 32082A08400093 (parte) 32082A08400095 (parte) 32082A08400239 (parte) |
Norte |
32082A07909002 (resto) 32082A07900206 (resto) 32082A07900204 (resto) 32082A07909001 (resto) |
|
Leste |
32082A07900106 32082A07900116 32082A07900115 32082A07909008 32082A07900117 32082A07900118 32082A07900120 |
|
|
Sur |
32082A07909002 (resto) 32082A08400075 |
|
|
Oeste |
32082A08400091 (resto) 32082A08400239 (resto) 32082A08400093 (resto) 32082A08400095 (resto) |
|
Predio 2 (Campos e Lameiras):
Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados polo camiño correspondente á parcela coa R.C. 32082A00409006 (estrada OU-0562, Moreiras-Trelle).
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Estremas |
Referencia catastral |
|
32009A05600432 (parte) 32009A05609006 (parte) 32082A00400047 (parte) 32082A00400048 (parte) 32082A00400055 (parte) 32082A00400056 32082A00400057 |
Norte |
32082A00700089 32082A00700090 32082A00700091 32082A00700092 32082A00700105 32082A00709001 |
|
32082A00400058 32082A00400059 32082A00400060 32082A00400061 32082A00400065 32082A00400068 32082A00409002 (parte) 3232082A00409003 32082A00500052 32082A00500063 32082A00509006 32082A00700104 32082A00700106 32082A00700107 32082A00700108 32082A00700109 32082A00700110 32082A00700112 32082A00700113 32082A00700114 32082A00700115 32082A00700116 32082A00709002 32082A00709003 32082A00709004 32082A00709005 32082A00800232 32082A00800287 32082A00809003 32082A00809004 |
Leste |
32082A00509010 32082A00509005 32082A00500001 32082A00500002 32082A00500018 32082A00500003 32082A00500004 32082A00500007 32082A00500008 32082A00500009 32082A00500012 32082A00500055 32082A00500054 32082A00500053 32082A00500445 32082A00509007 32082A00500448 32082A00500450 32082A00409001 (resto) 32082A00400054 32082A00409002 32082A00400053 32082A00400049 32082A00400045 32082A00400048 (resto) 32082A00400055 (resto) 32082A00400047 (resto) 32082A00400046 32082A00400064 32009A05600005 |
|
Sur |
32009A05609006 (resto) 32009A05600432 (resto) 32009A05309001 |
|
|
Oeste |
32082A00400010 32082A00400011 32082A00400066 32082A00400067 32082A00400007 32082A00400006 32082A00400005 32082A00400004 32082A00800242 32082A00800239 32082A00800238 32082A00800237 32082A00800236 32082A00800235 32082A00400013 32082A00409004 32082A00400003 32082A00400002 32082A00400001 32082A00409006 32082A00800246 32082A00800244 32082A00800234 32082A00800233 32082A00809005 32082A00809012 32082A00709011 |
|
Predio 3 (Cofatiñas e Valiño do Sobreiro):
Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, se ben están atravesados polo camiño correspondente á parcela coa R.C. 32082A00309005 (estrada OU-0562, Moreiras-Trelle).
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Estremas |
Referencia catastral |
|
32082A00300055 (parte) 32082A00300059 (parte) 32082A00300060 (parte) 32082A00300063 (parte) 32082A00300064 (parte) |
Norte |
32082A00309005 |
|
Leste |
32082A00309002 |
|
|
Sur |
32082A00209001 32082A00209008 |
|
|
32082A00300065 (parte) 32082A00300066 (parte) 32082A00300067 (parte) 32082A00300069 (parte) 32082A00300070 (parte) 32082A00300071 (parte) 32082A00300079 (parte) 32082A00300080 (parte) 32082A00300081 (parte) |
Oeste |
32082A00300055 (resto) 32082A00300060 (resto) 32082A00300070 (resto) 32082A00300069 (resto) 32082A00300071 (resto) 32082A00300067 (resto) 32082A00300066 (resto) 32082A00300065 (resto) 32082A00300064 (resto) 32082A00300063 (resto) 32082A00300059 32082A00300036 |
|
Oeste |
32082A00300034 32082A00300075 32082A00300076 32082A00300077 32082A00300078 32082A00300079 (resto) 32082A00300080 (resto) 32082A00300081 (resto) |
|
Predio 4 (Feal de Abaixo):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Estremas |
Referencia catastral |
|
32082A07900044 (parte) 32082A07900045 (parte) 32082A07909005 (parte) 32082A08000138 32082A08000139 32082A08000140 32082A08000141 (parte) 32082A08000145 (parte) 32082A08009005 (parte) 32082A08009007 32082A08009008 (parte) |
Norte |
32082A08000145 (resto) 32082A08000141 (resto) 32082A08000143 |
|
Leste |
32082A0809008 (resto) 32082A08000027 32082A08000029 32082A08000210 |
|
|
Sur |
32082A08009005 (resto) 32082A08000136 32082A08000137 32082A08000134 32082A07909005 (resto) 32082A07900043 |
|
|
Oeste |
32082A07900046 32082A07900047 32082A07900044 (resto) 32082A07900045 (resto) |
|
Predio 5 (Regata 1):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Estremas |
Referencia catastral |
|
32082A00400026 (parte) 32082A00400027 (parte) 32082A00400028 (parte) |
Norte |
32082A00400027 (resto) |
|
Leste |
32082A00400026 (resto) |
|
|
Sur |
32082A00400029 |
|
|
Oeste |
32082A00400028 (resto) |
|
Predio 6 (Regata 2):
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Estremas |
Referencia catastral |
|
32082A00400018 (parte) 32082A00400019 (parte) |
Norte |
32082A00409002 |
|
Leste |
32082A00400018 (resto) |
|
|
Sur |
32082A00400020 |
|
|
Oeste |
32082A00400019 (resto) |
|
Predio 7 (San Alberte).
|
Parcelas obxecto de clasificación |
Parcelas estremeiras |
|
|
Referencia catastral |
Estremas |
Referencia catastral |
|
32082A07200001 (parte) 32082A07200002 (parte) 32082A07200005 (parte) 32082A07200053 (parte) 32082A07200054 (parte) 32082A07200056 (parte) 32082A07200057 (parte) 32082A07200058 (parte) 32082A07200102 32082A07200103 32082A07200104 32082A07200105 (parte) 000900100NG88D 32082A07209004 (parte) 32082A07300013 32082A07300019 (parte) 32082A07300020 (parte) 32082A07300023 (parte) 32082A07309005 (parte) 32082A08400183 (parte) |
Norte |
32082A08000145 (resto) 32082A08000141 (resto) 32082A08000143 |
|
Leste |
32082A07209004 (resto) 32082A07200005 (resto) 32082A07200001 (resto) 32082A07200002 (resto) 32082A07209005 32082A08400183 (resto) 32082A07200053 (resto) 32082A07200058 (resto) 32082A07200054 (resto) 32082A07200056 (resto) 32082A07200105 (resto) 32082A07200057 (resto) 32082A07209006 32082A07309003 |
|
|
Sur |
32082A07309005 (resto) 32082A07300123 32082A07300124 |
|
|
Oeste |
32082A07300019 (resto) 32082A07300020 (resto) 32082A07300023 (resto) 32082A07300024 32082A07300025 32082A07300026 |
|
Fundamentos de dereito:
Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei, «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente, en réxime de comunidade sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños».
Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.
Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante os testemuños dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.
En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 223/2022, do 22 de decembro, que establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial, por unanimidade dos seus membros,
RESOLVE:
Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado As Herdas, Campos e Lameiras, Cofatiñas e Valiño do Sobreiro, Feal de Abaixo, Regata 1, Regata 2 e San Alberte, no concello de Toén, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Ourense, 15 de xaneiro de 2025
José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense
