En aplicación do artigo 23.2 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común (RMVMC), aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, dáse publicidade oficial ao acordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra acadado na sesión do 9 de outubro de 2025, en que se decidiu iniciar o procedemento de clasificación como veciñal en man común dos seguintes montes:
Concello: Dozón.
Parroquia: O Sisto.
1. Nome do monte: Pedra Alta.
Cabida: 64.650 m2.
Referencia catastral: a totalidade da parcela 36016A00500784, anacos das seguintes parcelas 36016A00500736, 36016A00500754, 36016A00509013, 36016A00500717.
Estremas:
Norte: estrada comarcal C-533.
Sur: herdeiros de José Caseiro, veciños de Pidre Trozo do Fondo do Val da Arada, veciños de Pidre Trozo da Cima do Val da Arada.
Leste: herdeiros de Belisario Presas Valladares.
Oeste: herdeiros de Manuel Caseiro Rodríguez, herdeiros de Luis Castro Fernández, Ganadería Presas y Riveiro, Julio Castro Pereiro, Minerva Presas López e Luis Diéguez González.
2. Nome do monte: Coteliños.
Cabida: 20.535 m2.
Referencia catastral: a totalidade da parcela 36016A00200137.
Estremas:
Norte: veciños da Corredoira.
Sur: camiño.
Leste: herdeiros de Manuel Caseiro Rodríguez e José Rodríguez González.
Oeste: Otilia Albor Saa, María Ilda López Presas e Antonio Reboredo Reboredo.
Así mesmo, ao abeiro do artigo 23.2 do dito regulamento, comunícase a apertura dun período dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, para que calquera persoa interesada no expediente poida efectuar as alegacións que considere convenientes.
Pontevedra, 12 de xaneiro de 2026
Amalia Elsa Pazos Pintos
Instrutora
