DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Venres, 30 de xaneiro de 2026 Páx. 8646

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2026 pola que se dá publicidade de varias encargas realizadas ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encargas a medio propio:

1. Resolución do 1 de outubro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) o estudo da madeira queimada que se vai extraer en montes de xestión pública afectados por incendios do ano 2025, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.

– Actividade: organización de equipos de traballo que permitan realizar sinalamentos e valoracións de madeira queimada en pé, conformados por capataz e peóns especialistas, ademais dun técnico encargado da coordinación dos traballos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o día seguinte ao da sinatura da acta de inicio dos traballos, unha vez asinada a orde de execución, e por un período de 9 meses.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de catrocentos sesenta e cinco mil trescentos cincuenta e un euros con oitenta e nove céntimos (465.351,89 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.03.713B.640.0 (código de proxecto 2025 00133).

2. Resolución do 10 de outubro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) as actuacións en soutos tradicionais incluídos no Plan piloto de fomento da xestión conxunta de soutos situados no concello de Parada do Sil (Ourense) para os anos 2025, 2026 e 2027, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.

– Actividade: traballos necesarios para a recuperación de soutos tradicionais e da mellora de camiños de acceso realizando tratamentos silvícolas que promovan a rexeneración dos soutos en zonas que están sendo abandonadas, mediante rozas, podas e selección de brotes.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e de funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o día seguinte ao da sinatura da acta de comprobación da implantación, unha vez asinada a orde de execución, e ata o 30 de novembro de 2027.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de catrocentos corenta e oito mil cincocentos vinte e sete euros con sesenta e tres céntimos (448.527,63 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.03.713B.604.0 (código de proxecto 2024 00114).

3. Resolución do 10 de outubro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) as actuacións nos camiños secundarios, mellora de camiños principais e acceso na zona de concentración parcelaria de Val de Camba (Rodeiro-Pontevedra), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.

– Actividade: acondicionamento de predios e de 38 camiños da rede principal mediante roza, limpeza e mellora da capa de rodadura, ademais da execución de 31 camiños secundarios.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 24 meses.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de un millón setecentos trinta e oito mil setecentos trinta e catro euros con corenta e seis céntimos (1.738.734,46 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2024 00102).

4. Resolución do 18 de outubro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) actuacións complementarias na Base de Unidade Operativa (BUO) da Veiga, Ourense, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.

– Actividade: mellora das conexións coas redes urbanísticas das inmediacións, acondicionamento dunha zona de acceso e de estacionamento ao edificio, instalación de tomas de carga para vehículos, dun equipo de climatización e de mobiliario interior.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 3 meses.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de trescentos corenta e sete mil douscentos once euros con vinte e nove céntimos (347.211,29 €) con cargo ás aplicacións orzamentarias 15.02.551B.628.1 e 15.02.551B.632.1 (códigos de proxecto 2024 00120 e 2024 00213).

5. Resolución do 22 de outubro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) o servizo de actuacións de xestión da biomasa en predios incluídos en faixas secundarias e outras actuacións asociadas.

– Actividade: xestión da biomasa nos predios incluídos nas faixas secundarias e nas parcelas non afectadas pola franxa, os seus camiños de acceso, así como limpeza de vertedura incontrolada en masas comúns cuxos terreos pertenzan a zonas de concentración e/ou reestruturación parcelaria xestionados pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 24 meses.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de trescentos corenta e tres mil cincocentos sesenta e nove euros con noventa céntimos (343.569,90 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

6. Resolución do 31 de outubro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) as obras de restauración de soutos no Incio (San Pedro) (Lugo).

– Actividade: plantacións de castiñeiros, recuperación de soutos e melloras de camiños de acceso aos soutos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o día seguinte ao da sinatura da acta de comprobación da implantación, unha vez asinada a orde de execución, e ata o 30 de novembro de 2026.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento corenta e dous mil catrocentos cincuenta e seis euros con oitenta e cinco céntimos (142.456,85 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.03.713B.604.0 (código de proxecto 2023 00256).

7. Resolución do 6 de novembro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a construción de Bases de Unidades Operativas (BUO) de Portas e Valga (Pontevedra), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.

– Actividade: construción de bases de unidades operativas en Portas e Valga que albergarán unidades operativas antiincendio.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e de funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de un millón oitenta e seis mil novecentos cincuenta e catro euros con setenta e cinco céntimos (1.086.954,75 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.551B.622.1 (código de proxecto 2024 00213).

8. Resolución do 25 de novembro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) as obras de roza de camiños na zona de concentración parcelaria de Gonzar II (O Pino-A Coruña).

– Actividade: obras de mellora de 37 camiños na zona de concentración parcelaria de Gonzar II no concello do Pino (A Coruña) mediante roza mecanizada, e puntualmente manual, das marxes.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 1 mes.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de vinte e oito mil seiscentos cincuenta e oito euros con noventa e catro céntimos (28.658,94 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

9. Resolución do 26 de novembro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) o servizo de apoio na actualización da cartografía dixital asociada ao Sistema Rexistral Forestal de Galicia nos anos 2025-2028, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.

– Actividade: apoio técnico para a actualización e mantemento da cartografía dixital asociada ás distintas seccións do Sistema Rexistral Forestal de Galicia como indica o artigo 126 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, así como no apoio para a creación dunha capa que recolla a cartografía dos expedientes de cambios de actividade tramitados que permita avaliar os efectos acumulativos dos ditos expedientes.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o día seguinte ao da sinatura da acta de inicio dos traballos, unha vez asinada a orde de execución, e ata o 31 de marzo de 2028.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento dezaseis mil novecentos noventa euros con catorce céntimos (116.990,14 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.03.713B.640.0 (código de proxecto 2025 00133).

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2026

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural