De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade ás seguintes encargas a medio propio:
1. Resolución do 16 de setembro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a infraestrutura e os tratamentos preventivos en montes dos distritos forestais I, II, V e XIX, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.
– Actividade: actuacións que se van desenvolver en localizacións dos distritos forestais I, II e V da provincia da Coruña e XIX da provincia de Pontevedra como creación e mantemento de faixas auxiliares, roza de pistas forestais, apertura e mellora de devasas, tratamentos silvícolas e apertura de novas vías de comunicación.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
– Prazo de vixencia: 10 meses.
– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de un millón douscentos cinco mil douscentos oitenta e catro euros con sete céntimos (1.205.284,07 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.551B.601.1 (código de proxecto 2024 00115).
2. Resolución do 1 de outubro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) o servizo para a erradicación do organismo de corentena Flavescencia dourada da viña en Galicia.
– Actividade: limpeza da zona de erradicación para poder entrar a realizar os traballos, tarefas de xestión de corta de cepas e traslado de cepas e procesado mediante incineración ou estelado en lugar apropiado.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
– Prazo de vixencia: asinada a orde de execución e desde o 1 de outubro de 2025 ata o 30 de setembro de 2026.
– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos sesenta e dous mil seiscentos cincuenta e un euros con dous céntimos (262.651,02 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.04.713E.640.1 (código de proxecto 2012 00745).
3. Resolución do 10 de outubro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a mellora de accesos a predios de substitución e obras complementarias na zona de concentración parcelaria de Lois-Monte de Ribadumia (Ribadumia-Pontevedra), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027.
– Actividade: actuacións sobre 4 camiños de nova apertura, 5 camiños de ampliación e 70 camiños de mellora e acondicionamento.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro de contratos do sector público.
– Prazo de vixencia: 12 meses.
– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de catrocentos quince mil oitocentos corenta e tres euros con vinte e nove céntimos (415.843,29 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2024 00102).
4. Resolución do 23 de outubro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a realización da obra para restauración dos ecosistemas e da sanidade vexetal de masas forestais en montes localizados dentro das zonas demarcadas do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus na provincia de Ourense, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU-compoñente 4 Conservación e restauración de ecosistemas e a súa biodiversidade.
– Actividade: repoboación con planta resistente e tratamentos silvícolas para a mellora da sanidade vexetal das masas localizadas na provincia de Ourense, nas parcelas e nos montes indicados pola Subdirección Xeral de Recursos Forestais, co obxecto de acadar unha maior protección fronte ao avance do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
– Prazo de vixencia: 9 meses.
– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de novecentos mil euros (900.000 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.03.713B.604.0 (código de proxecto 2025 00195).
5. Resolución do 6 de novembro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a elaboración do estudo de viabilidade económica para a concesión administrativa do servizo de recollida, transporte e destrución de cadáveres de animais mortos en explotacións gandeiras.
– Actividade: estudo de viabilidade económico-financeira e elaboración dun modelo estandarizado para solicitar a estrutura de custos da actividade aos operadores económicos do sector que permita a recollida de datos homoxéneos sobre custos directos, indirectos, de amortización e financeiros.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro de contratos do sector público.
– Prazo de vixencia: unha vez asinada a orde de execución cunha duración dun mes e con data máxima de finalización o 31 de decembro de 2025.
– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de catorce mil douscentos sesenta e dous euros con trinta e oito céntimos (14.262,38 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.04.712B.640.4 (código de proxecto 2009 00759).
6. Resolución do 30 de decembro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a adecuación das instalacións do Sequeiro SEMFOR para a obtención de sementes de calidade que asegure a restauración de masas forestais en fases avanzadas de decaemento ou con alto risco de desertificación, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU-compoñente 4 conservación e restauración de ecosistemas e a súa biodiversidade.
– Actividade: diversas actividades de reforma e de reparación de catro edificios para adecuación das instalacións do Sequeiro SEMFOR para a obtención de sementes de calidade que asegure a restauración de masas forestais en fases avanzadas de decaemento ou con alto risco de desertificación.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encarga a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
– Prazo de vixencia: desde o día seguinte ao da sinatura da acta de comprobación do implantación, unha vez asinada a orde de execución, e ata o 30 de xuño de 2026.
– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025; o orzamento de execución ascende á cantidade de un millón cincocentos mil euros (1.500.000 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.03.713B.632.1 (código de proxecto 2025 00195).
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2026
María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural
