O tribunal nomeado pola Resolución do 11 de abril de 2025 (DOG número 74, do 16 de abril) para cualificar este proceso selectivo
ACORDOU:
Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, o terceiro exercicio da fase de oposición cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de quince (15) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima.
A cualificación do exercicio realizouse de acordo coas bases da convocatoria e segundo o disposto no Acordo do 24 de novembro de 2025 do tribunal encargado de cualificar o proceso para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (DOG número 21, do 30 de xaneiro), pola que se fixan os criterios de corrección, valoración e superación do terceiro exercicio do proceso selectivo, realizado o 2 de decembro de 2025, ditado en virtude da potestade de determinación do criterio de superación da proba recollido na base II.1.1.3: superarán o terceiro exercicio as persoas aspirantes que teñan un mínimo de 15 puntos.
O terceiro exercicio consistiu na realización dun suposto práctico relacionado coas materias que figuran no programa (anexo I) sobre un ou varios textos propostos polo tribunal. O tempo máximo de duración deste exercicio estebleceuse en cento vinte (120) minutos. Este exercicio foi posteriormente lido ante o tribunal en sesión pública, e puido este realizar cantas preguntas considerou necesarias durante un período máximo de vinte minutos. O tribunal cualificou esta proba valorando, entre outros, os coñecementos, a claridade, a orde de ideas e a calidade da expresión escrita.
Efectuada a exposición oral na sesión do 19 de decembro de 2025, e consonte os criterios anteriores, superaron o terceiro exercicio un total de tres (3) aspirantes.
Segundo. Publicar, tal e como exixe a base II.1.2.8 da convocatoria, as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentados ao terceiro exercicio do proceso para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal
Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2026
Antonio Lamas Fernández
Presidente do tribunal
ANEXO
Puntuacións obtidas polas persoas aspirantes no terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información
|
NIF |
Apelidos e nome |
Puntuación |
|
***2847** |
Barcón Goás, Manuel |
Non presentado |
|
***0610** |
Carballal Fortes, Félix Manuel |
15,00 |
|
***1120** |
Lois Rúa, Francisco José |
26,75 |
|
***4034** |
Piñeiro González, Raúl |
15,00 |
