Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 12, do 20 de xaneiro de 2026, cómpre facer as seguintes correccións:
Na páxina 5599, no artigo 7.3, onde di:
«3. Para as instalacións fotovoltaicas, o investimento elixible máximo por potencia unitaria (sen IVE) estará limitado a 750 €/kWh» debe dicir: «3. Para as instalacións fotovoltaicas, o investimento elixible máximo por potencia unitaria (sen IVE) estará limitado a 750 €/kWp».
Na páxina 5610, no artigo 20.1, onde di:
«1. Características técnicas: paneis fotovoltaicos (ata 50 puntos).
Nesta epígrafe avaliaranse as características técnicas do principal compoñente da instalación, en función da tecnoloxía do panel fotovoltaico, segundo os seguintes criterios de puntuación:
|
Tipo de módulo fotovoltaico |
Puntuación |
|
Paneis fotovoltaicos con rendementos de panel superior ao 24% |
50 |
|
Silicio monocristalino |
35 |
|
Silicio policristalino |
25 |
|
Silicio amorfo e resto de paneis |
5 |
|
Resto de paneis |
0» |
Debe dicir:
«1. Características técnicas: paneis fotovoltaicos (ata 50 puntos).
Nesta epígrafe avaliaranse as características técnicas do principal compoñente da instalación, en función da tecnoloxía do panel fotovoltaico, segundo os seguintes criterios de puntuación:
|
Tipo de módulo fotovoltaico |
Puntuación |
|
Paneis fotovoltaicos con rendemento de panel superior ao 24 % |
45 |
|
Silicio monocristalino |
35 |
|
Silicio policristalino |
25 |
|
Silicio amorfo e resto de paneis |
5 |
|
Resto de paneis |
0 |
|
Tipo integración dos paneis |
Puntuación |
|
Superpostos sobre a cuberta coa mesma inclinación (superposición/integración arquitectónica) |
5 |
|
Marquesiña |
2,5 |
|
Outros |
0» |
