DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Luns, 2 de febreiro de 2026 Páx. 9266

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2026, da Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2025.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2025, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2026

David Cabañó Fernández
Secretario xeral técnico e do Tesouro da Consellería
de Facenda e Administración Pública

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2025

Convenio

Achega consellería (€)

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e Administración Pública e a Fundación Galicia Europa para a defensa da política rexional de Galicia na Unión Europea e para a realización de actividades de comunicación, difusión, visibilidade e formación sobre fondos europeos en Galicia

7.000,00

16.9.2025

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e Administración Pública e a Asociación Galega de Xogadores Anónimos para a organización e realización do 25º Congreso Nacional da Federación Española de Jugadores de Azar Rehabilitados (Fejar) e os actos de celebración do 35º aniversario da asociación

44.508,00

6.10.2025