DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 4 de febreiro de 2026 Páx. 10473

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 16 de xaneiro de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución ditada no expediente 2023/83-36.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, a través deste anuncio, que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázase a persoa citada no anexo para proceder á notificación da resolución ditada no expediente que se indica no referido anexo, instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta no dito expediente tramitado neste departamento territorial.

Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada, por si ou a través da persoa que legalmente a represente, poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica do Departamento Territorial en Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

En virtude do artigo 172.2 do Código civil, e tendo en conta vez que transcorreu o prazo de dous anos desde a notificación da resolución pola que se declarou o desamparo do menor, decaeu o dereito dos proxenitores ou titores a opoñerse ás decisións ou medidas adoptadas para a protección do menor. Non obstante, poderán facilitarlles información á entidade pública e ao Ministerio Fiscal sobre calquera cambio nas circunstancias que deron lugar á declaración da situación de desamparo e unicamente o Ministerio Fiscal estará lexitimado para opoñerse á resolución da entidade pública.

Vigo, 16 de xaneiro de 2026

Mª Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente: 2023/83-36.

Persoa interesada: X8225592X.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 15 de decembro de 2025.

Efectos xurídicos que produce a resolución: mantemento de medida administrativa.