DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 4 de febreiro de 2026 Páx. 10475

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador BSO00B 08-2025.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación de acordo co previsto no artigo 42 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, sen que se puidiese efectuar por causas non imputables á Administración ao descoñecerse o domicilio, por medio deste anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), emprázase a persoa interesada para proceder á notificación do acto administrativo citado no anexo.

Así, para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persona interesada emprazada, por si ou a través da persoa que legalmente a represente, poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Departamento Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, Servizo de Coordinación Administrativa, situadas na rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a notificación do acto quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que, de conformidade co sinalado na referida resolución, a persona interesada poderá interpoñer un recurso de alzada ante a persona titular da Consellería de Política Social e Igualdade, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, ao abeiro do artigo 121 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 19 de xaneiro de 2026

Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: BSO00B 08-2025.

Persoa interesada: NIE Y6626779X.

Acto de notificación: Resolución do 30 de decembro de 2025 do procedemento sancionador.

Preceptos infrinxidos: artigo 94.b) da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Sanción: artigo 96.b) da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.