DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 4 de febreiro de 2026 Páx. 10477

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2025/080-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que se describe a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado o día 27.8.2025 polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2233 do Coeticor, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na data sinalada.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Enderezo: avenida San Luis, 77. 28033 Madrid.

Denominación: LMTS, CT, CS, RBTS na rúa núm. 21, Pol. Ind. San Cibrao.

Situación: polígono industrial, concello de San Cibrao das Viñas.

Orzamento: 151.917,18 €.

Características técnicas:

1. Desmonte do tramo de 15 m de LMT subterránea existente entre os puntos A e B do plano de manobras eléctricas desmontes MT do proxecto.

2. LMT soterrada, a 20 kV, de 45 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2 Al), con orixe e final nos empalmes que se realizarán na LMTS SCV801 existente, despois de realizar entrada-saída nos CT 2L1P e CS proxectados.

3. CT1: novo centro de transformación, de tipo compacto de manobra exterior, do tipo 2L1P, con transformador de 400 kVA e r/t 20.000/400 V.

4. CT2: novo centro de transformación, de tipo compacto de manobra exterior, do tipo 2L1P, con transformador de 400 kVA e r/t 20.000/400 V.

5. CS: novo centro de seccionamento, de tipo compacto de manobra exterior, do tipo 4L 3TC.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta dirección territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción á devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha da instalación que se autoriza será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 13 de xaneiro de 2026

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense