DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Mércores, 4 de febreiro de 2026 Páx. 10481

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Bergondo (expediente IN407A 2024/006-1).

Expediente: IN407A 2024/006-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad S.A.

Proxecto: instalación de telecontrol en BEG705 en ANVI61FR//6.

Concello: Bergondo.

Feitos:

1. O día 11.1.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, coa finalidade de mellorar a calidade e seguridade do servizo eléctrico.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Instalación de telecontrol en BEG705 en ANVI61FR//6, asinado o día 7.11.2024 por Ángel Pérez Vidal, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñaría Eléctrica, núm. colexiado 4.781 de Vigo (COITIVigo), e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 6.6.2024.

• BOP: 21.5.2024.

• Xornal La Voz de Galicia: 31.5.2024 (Ed. Coruña)

• Taboleiro de anuncios do Concello: segundo o certificado municipal do 5.7.2024.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Bergondo, Augas de Galicia, AESA e Telefónica. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

5. O día 9.1.2026 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas.

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas.

As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar de Callou, parroquia de Vixoi, no concello de Bergondo, e as súas características técnicas son as seguintes:

• Instalación dun Interruptor telecontrolado no apoio con matrícula ANVI61FR//6 da LMTA BEG705.

• Como consecuencia desta actuación e mellora, faise necesaria a substitución do apoio de formigón existente ANVI61FR//6 por un novo apoio tipo celosía C-3000-16, que se instalará a 50 metros de distancia do apoio actual, para sacalo da zona de servidume dun río, e o retensado e traslado dos vans situados entre o apoio ANX7R4CI//5 e a nova localización do apoio ANVI61FR//6, LA-30.

• Para realizar esta actuación, terá lugar a substitución dun van entre o apoio ANVI61FR//6 e o ANT9OSU7OU//7 (treito A-B do plano de manobras eléctricas) instalando un condutor LA-56

• Debido ás solicitacións mecánicas da liña, faise necesaria a substitución do apoio de formigón existente ANT9OSU7OU//7 por un novo apoio tipo celosía C-1000-14, e o retensado do van entre os apoios ANT9OSU7OU//7 e ANR60DA6//8, LA-56.

• Retíranse os curtocircuítos SXS (15HWN7) do apoio ANVI61FR//6.

• LMTS con orixe no PAS que se instalará no novo apoio ANVI61FR//6 e final nos empalmes que se realizarán na LMTS a CT caseta Cepiño, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al, cunha lonxitude de 29 m.

4. Na visita realizada o 15.11.2024 non se atopou ningunha limitación das indicadas no artigo 161.1 de RD 1955/200 para impor servidumes de paso.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte todo o sinalado,

RESOLVO:

a) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

b) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) núm. 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.

c) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

d) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 13 de xaneiro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Bergondo

parcela

Lugar e referencia catastral

Cultivo

Propietario

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio núm.

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Lg. Fraga

2427401NH6922N0001PD

Rústico. Agrario. Labor ou labradío secaño

Irmás Mato Insua

6

2.0

94.0

9.0

995.0

25.0

2

Lg. Fraga

2127601NH6922N0001LD

Rústico. Agrario. Labor ou labradío secaño

Irmás Mato Insua

12.0

538.0

3

Lg. Callou

2331601NH6923S0001IG

Rústico. Agrario. Labor ou labradío secaño

Irmás Mato Insua

143.0

4

Lg. Callou

2132601NH6923N0001YU

Rústico. Agrario. Labor ou labradío secaño

Irmás Mato Insua

65.0

884.0

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.