BDNS (Identif.): 884382.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/884382
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/884379
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/884380
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/884357
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/884358
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/884359
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/884361
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/884362
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/884364
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/884367
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/884369
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/884371
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/884375
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/884373
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/884374
Os códigos asignados pola BDNS corresponden a un mesmo texto de convocatoria.
Primeiro. Persoas beneficiarias
Programa I. Promoción do Emprego Autónomo (TR341D)
Liña 1.
Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas demandantes de emprego que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade ou colexio profesional, entre o 1 de outubro de 2025 e o 30 de setembro de 2026, ambos incluídos, sempre que cumpran os requisitos exixidos na orde.
Liña 2.
Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas beneficiarias da cota reducida regulada no número 1 do artigo 38 ter da Lei 20/2007, do 11 de xullo, no momento de presentación da solicitude, e cumprir o resto de requisitos exixidos na orde.
Consta de 2 subliñas:
b.1) Axuda equivalente ao custo da cota reducida correspondente á cotización á Seguridade Social por inicio da actividade por conta propia que corresponde a todos os novos autónomos en Galicia durante os 12 primeiros meses.
b.2) Axuda adicional equivalente ao custo da cota reducida correspondente á cotización á Seguridade Social por inicio da actividade por conta propia que corresponde a todos os novos autónomos en Galicia dos sectores agrícola, gandeiro e silvícola, durante os 12 primeiros meses e outros 12 meses máis, ata un total de 24 meses.
A liña 1 e a liña 2 están cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027.
Programa II. Bono nova oportunidade (TR790A)
Poderán ser beneficiarias as persoas autónomas que teñan sido autónomas con anterioridade, dentro dos últimos 5 anos desde a data da publicación da orde de convocatoria e queren volver emprender. Cando formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, poden ser beneficiarias sempre que o soliciten a título persoal.
Deberán ter cotizado anteriormente a esta nova alta, polo menos durante 3 meses ininterrompidos na súa vida laboral no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, e transcorrer un período mínimo de seis (6) meses entre a nova alta e a anterior baixa.
Ademais, deberán estar inscritas como persoas demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego con carácter previo á nova alta, e carecer de ocupación efectiva ou contrato en vigor no momento inmediatamente anterior ao de inicio da actividade laboral.
Programa III. Programa bono autónomo (TR341Q)
Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas de alta no RETA, ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, que na data solicitude teñan unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos computados desde a data da solicitude, na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional, ademais de cumprir o resto de requisitos establecidos na orde.
Programa IV. Bono remuda (TR353D)
Poderán ser beneficiarias do bono remuda as persoas traballadoras autónomas, de alta no RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, así como as mutualistas e as sociedades de calquera clase, incluídas as unipersoais e comunidades de bens, con domicilio fiscal en Galicia na data da solicitude, e que cumpran o resto dos requisitos establecidos na orde. Tamén poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas que transmitan o negocio.
O negocio obxecto de remuda debe ter o domicilio social e fiscal e o centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e un mínimo de antigüidade de 5 anos. Ademais, non poden ter transcorrido máis de 12 meses entre a publicación desta orde e a baixa no RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade, e no IAE, da persoa titular do negocio que se transmite. Este negocio que se transmite debe estar inscrito na bolsa de remuda da Rede de polos de emprendemento de Galicia.
Programa V. Bono concilia (TR341R)
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadores que estean dadas de alta no RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, así como as persoas mutualistas, no caso de persoas membros das sociedades mercantís, laborais e civís, e comunidades de bens, a título individual. A actividade empresarial ou profesional deberá desenvolverse en Galicia, así como o domicilio fiscal.
Bono autónomo concilia I: contratación dunha persoa traballadora para apoio no negocio durante período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento.
A persoa solicitante ten ou tivo que estar de baixa por maternidade ou paternidade, ou situacións asimiladas. O contrato que se realizará será de substitución, ou contrato indefinido, segundo o caso, formalizado por escrito en modelo oficial coas tarefas que realizará a persoa substituta, que deben ser as mesmas que a persoa traballadora autónoma substituída.
Bono autónomo concilia II: contratación dunha persoa traballadora para apoio no coidado de menores, maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia.
Ten que acreditar a súa relación de parentesco ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade coa persoa menor, maior e/ou persoa con discapacidade e dependencia. De non existir relación de parentesco debe acreditarse a convivencia no mesmo domicilio que a persoa maior e/ou persoa con discapacidade e dependencia, como mínimo nos tres últimos meses anteriores á presentación da solicitude. O contrato que se realizará será de carácter indefinido.
Bono autónomo concilia III: apoio nos custos dos centros e/ou servizos para o coidado menores e maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia.
Ten que acreditarse a contratación dun centro ou servizo de coidado de menores, maiores e/ou persoa con discapacidade ou dependencia. No caso de non existir relación de parentesco debe acreditarse a convivencia previa de igual forma que no parágrafo anterior.
Segundo. Obxecto
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública das axudas ás persoas traballadoras autónomas que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2026:
Programa I: promoción do emprego autónomo das persoas traballadoras autónomas (TR341D), destinado a apoiar as persoas desempregadas que inicien a súa actividade empresarial como persoas traballadoras autónomas, cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027.
Programa II: nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas (TR790A), destinado a facilitar a volta á actividade económica das persoas traballadoras autónomas que non tiveron éxito no seu anterior intento.
Programa III: bono das persoas traballadoras autónomas (TR341Q), destinado a apoiar a consolidación de proxectos que superaron os 42 meses de vida, co obxecto de mellorar a súa competitividade.
Programa IV: bono remuda das persoas traballadoras autónomas (TR353D), destinado a evitar o peche de negocios por falta de remuda xeracional.
Programa V: axudas á conciliación das persoas traballadoras autónomas (TR341R), destinado a apoiar e promover a conciliación das persoas traballadoras autónomas.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axudas ás persoas traballadoras autónomas, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (códigos de procedemento TR341D, TR790A, TR341Q, TR341R e TR353D).
Cuarto. Importe
Para a concesión destas axudas destínanse corenta millóns setecentos seis mil cincocentos euros (40.706.500 €) distribuídos en cinco programas:
|
Programa |
Importe total |
|
I. Promoción do emprego autónomo (TR341D) |
28.956.500 € |
|
II. Nova oportunidade (TR790A) |
1.500.000 € |
|
III. Bono das persoas traballadoras autónomas (TR341Q) |
8.000.000 € |
|
IV. Bono remuda das persoas traballadoras autónomas (TR353D) |
1.50.000 € |
|
V. Conciliación das persoas traballadoras autónomas (TR341R) |
750.000 € |
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará ás 9.00 horas do quinto día hábil posterior ao seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e rematará ás 20.00 horas do 30 de setembro de 2026.
Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2025
José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración
