O Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013, establece as normas que regulan os obxectivos xerais e específicos que deben perseguirse coa axuda da Unión financiada no marco da política agrícola común, os tipos de intervencións e requisitos comúns para que os Estados membros persigan os ditos obxectivos, así como os plans estratéxicos da PAC que deben elaborar os Estados membros, e que establecen as metas, as condicións das intervencións e a asignación dos recursos financeiros, de conformidade cos obxectivos específicos e as necesidades recoñecidas.
Neste contexto, o Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027 foi aprobado por Decisión de execución da Comisión Europea C(2022) 6017 final, do 31 de agosto de 2022, e modificado pola Decisión de execución da Comisión Europea C(2025) 5713 final, do 14 de agosto de 2025.
No marco da intervención 6872.-Investimentos non produtivos en servizos básicos en zonas rurais, prevese que as comunidades autónomas poidan levar a cabo investimentos non produtivos en servizos básicos que permitan mellorar a competitividade e a xeración de emprego e renda en zonas rurais. Todo isto co obxectivo de mellorar as condicións de vida da poboación rural e tratar de evitar o despoboamento, entre outras actuacións, mediante a mellora da accesibilidade, a mobilidade, a seguridade e a cohesión rural.
A Consellería do Medio Rural, conforme o disposto no Decreto 148/2024, do 20 de maio, polo que se modifica o Decreto 223/2022, do 22 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, é o órgano da Administración galega ao cal, baixo a superior dirección da persoa titular do departamento, lle corresponde propor e executar as directrices xerais do Goberno no ámbito rural, que engloba as competencias, entre outras, en materia de desenvolvemento rural e ordenación comarcal, estruturas rurais e prevención e defensa dos incendios forestais, de acordo co establecido no Estatuto de autonomía para Galicia e segundo os termos sinalados pola Constitución española.
En exercicio das súas competencias responsabilízase de accións que teñan como obxectivo directo a mellora da calidade de vida das zonas rurais, desenvolvendo as dotacións de equipamentos públicos básicos e de infraestruturas no medio rural.
Neste contexto, cómpre promover accións encamiñadas á execución de obras para conservar e mellorar as infraestruturas rurais.
As infraestruturas rurais xeran cohesión social e territorial e melloran as condicións de vida e traballo no medio rural; en particular, os camiños rurais facilitan a accesibilidade e vertebración do territorio e contribúen ao aumento da competitividade agraria e forestal, xa que facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias, o que redunda nunha maior axilidade das operacións agrarias, nunha redución de custos e dos tempos necesarios para poñer os produtos no mercado. E, como toda infraestrutura, precisan de obras de mantemento e acondicionamento para que poidan seguir cumprindo coas súas funcións.
A Consellería do Medio Rural, co obxecto de racionalizar os investimentos en obras de infraestruturas no medio rural, procurará fomentar as actuacións para realizar en distintos concellos de Galicia, que se desenvolverán de acordo cuns criterios básicos de repartición dos fondos públicos vinculados a esta convocatoria de axudas.
Así mesmo, no repartición dos citados fondos tívose en conta, ademais, o Acordo do Consello da Xunta, do 28 de febreiro de 2013, polo que se determinan os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivos en procesos de fusión municipal.
A tramitación desta convocatoria de axudas acóllese á Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, que regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que a aprobación do expediente queda condicionada á efectiva existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma para 2026.
En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,
DISPOÑO:
Artigo 1. Obxecto
1. O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras das axudas para actuacións en camiños rurais no período 2026-2027, e convocar as correspondentes ao ano 2026.
2. As axudas consistirán en subvencións de capital. O procedemento tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva ao abeiro do artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, LSG), atendendo aos límites máximos de axuda que poden corresponder a cada concello en función dos criterios socioeconómicos que se determinan no anexo I.
3. O código identificativo do procedemento administrativo na sede electrónica da Xunta de Galicia será o MR701E.
Artigo 2. Financiamento
1. Para o financiamento desta convocatoria está previsto un crédito de 18.998.480,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.7600 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2026 (código de proxecto 2026.00068), coa seguinte distribución por fondos e anualidades:
O importe total da anualidade 2026 ascende a 7.740.146,00 €. Este crédito está cofinanciado nun 60 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco da intervención 6872 do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (Subintervención 6872_08 Servizos básicos. Plan camiños), nun 12 % por fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e nun 28 % por fondos propios da Xunta de Galicia.
O importe total da anualidade 2027 ascende a 11.258.334,00 €, correspondendo 1.759.854,00 € ao importe elixible, cofinanciado nun 60 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco da intervención 6872 do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (Subintervención 6872_08 Servizos básicos. Plan camiños), nun 12 % por fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e nun 28 % por fondos propios da Xunta de Galicia. O importe restante da anualidadade 2027 que ascende a 9.498.480,00 € financiarase con fondos propios libres da Consellería do Medio Rural, sendo susceptible de financiarse con cargo ao Plan estratéxico da PAC 2023-2027 logo da tramitación dunha nova reprogramación.
2. Estas axudas tramítanse conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que queda condicionada a súa eficacia a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o vindeiro ano 2026. Así mesmo, a concesión das subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.
3. O importe global destas axudas distribúese entre todos os concellos que cumpran os requisitos establecidos nesta orde, en aplicación dos criterios de natureza socioeconómica establecidos no anexo I.
A aplicación dos citados criterios determina o importe máximo de axuda que pode corresponder a cada un dos beneficiarios.
Artigo 3. Beneficiarios
Todos os concellos de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter remitidas ao Consello de Contas as contas do último exercicio orzamentario a que legalmente estean obrigados antes do vencemento do prazo de presentación da solicitude da axuda.
b) Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública de Galicia. Este requisito deberá acreditarse con anterioridade a ditar a correspondente proposta de resolución de concesión, tendo en conta o límite máximo para resolver este procedemento, segundo o que se determina no artigo 12.6 desta orde.
c) Non poderán ter a condición de beneficiarios os concellos que estean incursos nalgunha das prohibicións establecidas no artigo 10.2 e 3 da LSG.
Artigo 4. Actuacións subvencionables
1. Son subvencionables as actuacións de ampliación ou mellora dos camiños que formen parte da rede viaria de acceso a unha ou a varias entidades de poboación.
Para estes efectos, enténdese por rede viaria as propias vías do asentamento, as vías que conecten entidades de poboación entre si ou coa rede viaria principal.
Son actuacións de ampliación ou mellora as que a seguir se relacionan:
a) Ampliación: as que supoñan un incremento da largura que incidan na mellora da seguranza viaria, permitan o cruzamento de vehículos ou alargamentos necesarios en zonas de curvas, de baixa visibilidade ou entroncamentos. Tamén poderán incluír obras de incremento de lonxitude sempre e cando esta ampliación supoña rematar nunha estrada ou noutro camiño.
b) Mellora: as que supoñan un reforzo do firme existente coa incorporación de novas capas máis axeitadas ás características do tráfico rodado que soportan. Terán tamén esta consideración as obras de mellora da drenaxe, da seguranza viaria, reforzo de noiros (con muros ou outras estruturas de contención), adecuación de obras de paso de cursos fluviais e reforzo de cunetas, así como a integración ambiental ou a mellora da sinalización.
2. Cada concello poderá presentar ata un máximo de dous proxectos.
Cada proxecto poderá comprender un máximo de tres actuacións. Para estes efectos, enténdese por actuación a intervención sobre un mesmo camiño, ou ben sobre varios, sempre e cando, neste último caso, as obras proxectadas teñan unha continuidade física. O orzamento de execución material de cada unha das actuacións deberá ser igual ou superior a 6.000,00 €.
3. Os proxectos deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Non estar iniciados na data de presentación da solicitude da axuda.
A comprobación de que os investimentos para os cales se solicita a axuda non están iniciados na data de presentación da solicitude de axuda fundamentarase na declaración que, para estes efectos, presenta a persoa representante da entidade solicitante no modelo normalizado de solicitude de axuda, e verificarase coa documentación que integre o correspondente expediente de contratación das obras subvencionadas.
b) Que se desenvolvan no territorio de Galicia, exceptuando as parroquias clasificadas como zonas densamente poboadas (ZDP), atendendo á Clasificación para as parroquias galegas segundo o grao de urbanización denominada GU 2016 (IGE, 2016). A relación de parroquias clasificadas como ZDP pode consultarse a través da aplicación informática accesible desde o enderezo da internet https://appsagader.xunta.gal/caminos
c) Que as actuacións propostas incidan sobre camiños de titularidade municipal.
d) Que se axusten á normativa sectorial (estatal, autonómica e local) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.
e) Que sexan viables tecnicamente.
f) Que sexan finalistas, que no momento do pagamento final cumpran os obxectivos e funcións para os que se concedeu a axuda.
4. Os proxectos de obra deberán integrar o seguinte contido mínimo:
1º. Identificación do seu obxecto e xustificación da necesidade das actuacións propostas. Deberán identificarse as entidades singulares de poboación a que dan acceso ou servizo as citadas actuacións.
2º. Informe fotográfico descritivo da situación actual dos camiños onde se pretende actuar.
3º. Arquivo electrónico (.kml) cos trazados dos camiños, conforme as instrucións que estarán dispoñibles a través da aplicación informática accesible desde o enderezo da internet https://appsagader.xunta.gal/caminos
4º. Planos de localización e de detalle necesarios, indicando o trazado exacto das actuacións, a súa lonxitude e largura e os puntos de inicio e final debidamente xeorreferenciados.
5º. Xustificación dos prezos das unidades de obra.
6º. Medicións e orzamento desagregado por actuacións (excluído o IVE).
Os custos do control de calidade non deberán integrarse no orzamento do proxecto. En caso contrario, non se considerará un gasto subvencionable nos termos previstos no artigo 5.2 desta orde.
5. As unidades de obra utilizadas nos proxectos terán que axustarse na súa totalidade á estrutura e descomposición das tarifas Seaga vixentes, que estarán publicadas na ligazón http://www.epseaga.com/?q=gl/node/8 e a través da aplicación informática accesible desde o enderezo da internet https://appsagader.xunta.gal/caminos en formato .bc3.
As unidades de obra manterán todos os elementos unitarios que as conforman nas tarifas Seaga (man de obra, materiais, maquinaria, medios auxiliares), tendo en conta que:
Non se poden modificar as cantidades necesarias nin os rendementos dos elementos que compoñen a unidade de obra.
Soamente se poderán modificar os prezos dos elementos unitarios referidos anteriormente, sempre e cando o prezo da unidade de obra non supere en máis dun 20 % o das citadas tarifas.
Todas as unidades de obra que non respecten o establecido nos parágrafos anteriores serán consideradas como non subvencionables.
6. Non serán subvencionables:
a) As actuacións consistentes unicamente no arranxo de fochas ou na limpeza e perfilado de noiros e cunetas.
As actuacións que consistan en arranxo de fochas deberán incluír necesariamente tratamentos superficiais cunha lonxitude mínima de 100 metros e abranguer a totalidade da plataforma do camiño.
b) Actuacións cun orzamento de execución material inferior a 6.000,00 €.
Unha vez presentada a solicitude de axuda non se admitirá a inclusión de novas actuacións distintas das recollidas inicialmente nos proxectos de obra.
c) Non se subvencionará ningún investimento que incida sobre as actuacións subvencionadas pola Consellería do Medio Rural ou a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ao abeiro dos plans de mellora de camiños municipais ou dos plans de infraestruturas rurais nos últimos 5 anos. Neste caso, excluirase da actuación proposta a parte proporcional do orzamento que incumpra este requisito.
Artigo 5. Gastos subvencionables
1. No marco desta orde son subvencionables os seguintes gastos:
a) Obra civil vinculada á execución dos proxectos.
b) Servizo de control de calidade das obras contratadas, co contido e condicións que se determinan no punto 2 deste artigo.
2. A subvencionabilidade do gasto relativo ao control de calidade está supeditada ás seguintes normas e requisitos:
a) Que os concellos soliciten a subvencionabilidade deste gasto a través do modelo normalizado de solicitude de axuda.
b) Que incorpore os seguintes contidos mínimos:
– Control da calidade dos materiais empregados.
– Control da calidade dos métodos de execución.
– Control da calidade das obras rematadas.
O informe resultante do control de calidade deberá incluír, necesariamente, as conclusións respecto da adecuación das obras executada dos proxectos aprobados. De ser o caso, poderá ser o/a director/a de obra quen acredite a adecuación da obra executada aos proxectos con base nos resultados do control.
3. Non serán subvencionables en ningún caso:
a) As partidas a tanto global.
b) O imposto do valor engadido (IVE).
c) Os gastos correspondentes a actuacións que inclúan obras de iluminación, abastecemento e saneamento de augas fecais.
d) Os gastos de redacción de proxecto de obra nin os de estudos necesarios para a súa redacción.
e) Os gastos de dirección de obra, de coordinación de seguridade e saúde, seguimento arqueolóxico ou outros servizos complementarios.
f) Gastos por taxas ou licenzas necesarias.
g) O panel de obra.
Artigo 6. Intensidade da axuda
A axuda financiará o 100 % dos gastos subvencionables.
O importe máximo de axuda que corresponde a cada beneficiario é o indicado no anexo I.
Artigo 7. Compatibilidade e acumulación de axudas
1. Unha operación poderá recibir axuda de un ou de varios fondos ou de un ou de varios programas e doutros instrumentos da Unión, coa condición de que a partida de gasto incluída nunha solicitude de pagamento para o reembolso por un dos fondos non estea subvencionada por outro fondo ou instrumento da Unión, nin polo mesmo fondo conforme un programa distinto.
2. Á marxe do anterior, as subvencións concedidas ao abeiro desta orde serán compatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade, tanto de orixe pública como privada, sempre que a intensidade máxima das axudas con fondos públicos non exceda o 100 % do importe elixible do proxecto.
3. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión ou, de ser o caso, ao reintegro da axuda.
4. Para os efectos de determinar a compatibilidade e acumulación das axudas, a entidade beneficiaria deberá declarar outras axudas solicitadas, concedidas e/ou pagadas para o mesmo proxecto, nos termos previstos na solicitude de axuda (anexo II) e na solicitude de pagamento (anexo IV).
Artigo 8. Solicitudes, presentación e prazo
1. Cada concello presentará unha única solicitude de axuda.
2. O prazo para presentar as solicitudes de axuda será dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, Lei 39/2015), entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación; se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
3. A presentación da solicitude de axuda realizarase unicamente por medios electrónicos.
Dentro do prazo establecido os concellos interesados deberán cubrir previamente o formulario descritivo das circunstancias da entidade solicitante e do proxecto para o que se solicita a subvención, a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e a través da aplicación informática accesible desde o enderezo da internet https://appsagader.xunta.gal/caminos
Para poder presentar a solicitude, é imprescindible que a entidade solicitante ou o seu representante legal dispoñan de DNI electrónico ou calquera outro certificado dixital expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT).
4. Para poder presentar a solicitude, será necesario seguir os seguintes pasos:
a) No caso de que xa estivese dado de alta na aplicación informática habilitada para a xestión das axudas concedidas ao abeiro dos plans de mellora de camiños municipais xestionados pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural en anos anteriores, deberá acceder co nome de usuario e contrasinal xa rexistrados para estas convocatorias.
Noutro caso, deberá darse de alta na citada aplicación informática. O nome de usuario será sempre o NIF da entidade solicitante; o contrasinal será o determinado por esta.
Na aplicación está dispoñible un servizo de recuperación de contrasinais.
b) Necesariamente, deberán cubrirse todos os campos establecidos como obrigatorios; así mesmo, débese anexar a documentación referida no artigo 9 desta orde.
c) Unha vez cuberto o formulario, a entidade solicitante poderá presentar a súa solicitude de axuda.
No momento da presentación, a aplicación informática expedirá un recibo acreditativo do feito da presentación, e xerará de forma automática o anexo II (solicitude de axuda). A publicación no DOG deste anexo ten carácter puramente informativo.
5. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
6. A aplicación informática disporá de instrucións de axuda para consulta dos solicitantes. No caso de dificultades técnicas ou no caso de requirir máis información, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural pon á disposición dos interesados o seu servizo de asistencia técnica, a través do número de teléfono 981 54 47 64, e o enderezo de correo electrónico subdirección-infraestruturas.mr@xunta.gal
Artigo 9. Documentación complementaria
1. Xunto co formulario normalizado de solicitude de axuda (anexo II), que a aplicación informática xerará de forma automática, os concellos interesados deberán achegar a seguinte documentación:
a) Proxecto/s de obra, nos termos previstos no artigo 4.4 desta orde.
b) Certificación expedida pola persoa titular da Secretaría da entidade local, acreditativa dos seguintes aspectos:
1º. Da designación legal do representante da entidade solicitante.
2º. Do acordo da entidade municipal relativo á participación nestas axudas para actuacións en camiños rurais no período 2026-2027.
3º. Da titularidade municipal dos camiños.
4º. Da remisión que a entidade solicitante remitiu ao Consello de Contas as contas do último exercicio orzamentario a que legalmente está obrigada. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación da solicitude da axuda.
c) Informe do/da técnico/a municipal competente, indicando:
1º. Intervencións realizadas en cada unha das actuacións propostas no/nos proxecto/s nos últimos 5 anos, sinalando, de ser o caso, a natureza das obras, ano, e orixe dos fondos financeiros das citadas intervencións.
2º. Se para a execución das obras resulta necesaria a dispoñibilidade de terreos privados lindeiros coas actuacións propostas. En caso afirmativo, xunto con este informe deberán remitirse os documentos acreditativos das cesións ou autorizacións das persoas propietarias dos terreos afectados.
3º. Se o/os proxecto/s cumpre/n coa lexislación urbanística e sectorial, así como co planeamento en vigor.
4º. Se para a execución do/dos proxecto/s resultan necesarios permisos e/ou autorizacións sectoriais, con indicación daqueles que se deben incorporar ao expediente.
d) Declaración asinada pola persoa titular da alcaldía de que o concello solicitante está ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, para os efectos previstos no artigo 11 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
Sen prexuízo do disposto nos parágrafos anteriores, poderá requirírselle ao solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que o/os proxecto/s de obra supere/n o tamaño máximo establecido ou tiveran un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Artigo 10. Comprobación de datos
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que os concellos interesados se opoñan á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) Consulta de concesións ampliado.
d) Consulta de axudas do Estado.
e) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselle solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Artigo 11. Criterios de selección de operacións
En aplicación do artigo 79 do Regulamento (UE) nº 2021/2015 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, aplicaranse os seguintes criterios para a selección das actuacións proxectadas:
a) En función do número de habitantes da entidade de poboación á que da acceso a actuación, ata un máximo de 20 puntos.
|
Entidades de poboación deshabitadas |
0 puntos |
|
Entidades de poboación entre 1 e 15 habitantes |
10 puntos |
|
Entidades de poboación de máis de 15 e 30 habitantes |
15 puntos |
|
Entidades de poboación de máis de 30 habitantes |
20 puntos |
b) Proxectos que se desenvolven en zonas de montaña, de acordo co artigo 71 do Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021 (en virtude do artigo 32.1 do Regulamento (UE) nº 1305/2013). Os concellos de Galicia clasificados como zonas con limitacións naturais de montaña pódense consultar no portal Nova PAC da web do Fogga: https://fogga.xunta.gal/gl/pac/pac_2023_2027: 15 puntos.
c) Criterios en función da calidade técnica do proxecto e as características da actuación: ata un máximo de 50 puntos.
A actuación proposta dá acceso a unha entidade de poboación en que se localice algún elemento patrimonial ou turístico catalogado: 15 puntos.
A actuación inclúe unidades de obra relacionadas coa seguridade viaria: beirarrúas, sinalización vertical, horizontal, bandas redutoras de velocidade ou barreiras de seguridade: 20 puntos.
A actuación inclúe unidades de obra relacionadas coa mellora da drenaxe do camiño: execución de gabias de formigón, pasos salvafoxos, recollida de pluviais ou canalizacións: 15 puntos.
d) O camiño onde se proxecta a actuación conecta directamente con outra estrada: ata un máximo 15 puntos.
Con outro camiño da rede municipal: 0 puntos.
Cunha estrada da rede provincial: 5 puntos.
Cunha estrada da rede autonómica: 10 puntos.
Cunha estrada da rede nacional: 15 puntos.
En caso de empate na puntuación, priorizarase segundo a puntuación obtida na letra a); de persistir o empate, utilizarase para priorizar a puntuación obtida na letra b).
Excluiranse as actuacións que obteñan unha puntuación inferior a 30 puntos, ao considerarse que non acadan os niveis mínimos de viabilidade e cobertura dos obxectivos previstos para a Intervención 6872 do PEPAC.
Artigo 12. Instrución, tramitación e resolución de axudas
1. Compete á Subdirección Xeral de Infraestruturas Agrarias o estudo e a análise da documentación presentada xunto coa solicitude de axuda.
2. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano instrutor requiriralle á entidade interesada que a emende no prazo máximo de dez (10) días, nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, coa indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa solicitude, logo de resolución que deberá ditarse nos termos previstos no citado artigo.
3. As notificacións do requirimento de emenda efectuaranse por medios electrónicos, nos termos previstos no artigo 14 desta orde.
4. A documentación a que se refire a emenda presentarase de forma electrónica a través da aplicación informática habilitada para a xestión destas axudas, accesible no enderezo da internet https://appsagader.xunta.gal/caminos
5. Co fin de completar a instrución do procedemento, o órgano instrutor poderá requirirlle á entidade solicitante que achegue aqueles datos, documentos complementarios ou aclaracións que resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento.
6. A persoa titular da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural resolverá motivadamente, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural, a concesión das axudas, de acordo coa proposta que formule a persoa titular da Subdirección Xeral de Infraestruturas Agrarias.
O prazo límite para ditar resolución expresa e notificala será de cinco (5) meses, contados desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes. Os concellos interesados poderán entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo se, transcorrido o prazo anterior, non se lle notificou resolución expresa. A notificación practicarase por medios electrónicos.
7. Contra a resolución expresa que se dite, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa notificación; ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.
Se, transcorrido o prazo para resolver o establecido no artigo anterior, non lle é notificada a resolución aos interesados, poderán entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo e caberá interpoñer o recurso potestativo de reposición contra a desestimación por silencio administrativo en calquera momento, a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, como sinala o artigo 124 da Lei 39/2015, ou o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Artigo 13. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude
Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar con posterioridade á presentación da solicitude de axuda deberán ser realizados electronicamente accedendo á aplicación informática habilitada para a xestión das axudas, accesible desde o enderezo da internet https://appsagader.xunta.gal/caminos
Artigo 14. Notificacións
1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na Lei 39/2015.
2. A notificación efectuarase do seguinte xeito:
a) Enviaráselle ao interesado ao enderezo de correo electrónico que facilita no formulario de solicitude de axuda un aviso en que se lle indica a posta á disposición da notificación. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
b) Poderá acceder á citada notificación no taboleiro electrónico dispoñible na aplicación informática habilitada para estas axudas co usuario e contrasinal do solicitante, desde o enderezo da internet https://appsagader.xunta.gal/caminos
3. As notificacións por medios electrónicos entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Entenderase rexeitada cando transcorresen dez (10) días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.
4. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Artigo 15. Execución das actuacións subvencionadas
1. Os concellos deberán licitar as obras de acordo cos procedementos establecidos na Lei 9/2017, do 18 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014 (en diante, LCSP), e na demais normativa que rexe a contratación para as entidades públicas locais.
2. No caso da contratación das obras mediante o procedemento de contrato menor deberá terse en conta que:
a) Deberán solicitarse tres ofertas a tres empresas distintas con carácter previo á contratación.
b) As ofertas non poderán provir de empresas vinculadas entre si.
c) As ofertas presentadas deberán ser auténticas e non de compracencia (contido idéntico, erros idénticos, aparencia sinxela, etc.) e deberán conter os elementos precisos para identificar as empresas ofertantes, con referencia, cando menos, á data de expedición, enderezo e razón social da empresa e identificación do concello peticionario.
3. No caso de que se consideren melloras como criterio de adxudicación, estas deberán estar suficientemente especificadas, nos termos previstos no artigo 145.7 da LCSP. No suposto de que as melloras incluídas no prego de cláusulas administrativas particulares non respecten o disposto no citado artigo, aplicarase un desconto sobre a axuda a pagar equivalente ao valor das melloras ofertadas polo contratista.
4. Non se admitirán certificacións de obra en concepto de acopio de materiais.
5. Calquera modificación do proxecto de obra deberá ser comunicada á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, e en calquera caso, deberase tramitar o correspondente modificado nos termos previstos no artigo 205 da LCSP.
6. Separadamente, todos os concellos deberán contratar o servizo de control de calidade das obras executadas, que constituirá un gasto elixible nos termos previstos no artigo 5 desta orde.
Os concellos tramitarán un único procedemento para a contratación do servizo de control de calidade, comprensivo de todas as actuacións comprendidas no proxecto de obra aprobado. A contratación deste servizo realizarase nos termos previstos na LCSP.
O feito de non contratar o servizo de control da calidade nos termos expostos suporá a aplicación dunha redución da axuda para pagar equivalente ao 3 % do total da axuda certificada.
Artigo 16. Xustificación dos investimentos
1. O prazo límite para executar e xustificar os investimentos correspondentes á anualidade 2026 será o 16 de outubro de 2026.
Este prazo poderá ampliarse excepcionalmente ata o 11 de decembro de 2026 de acordo coas seguintes condicións:
– Que os concellos o soliciten de forma expresa, e xustifiquen de xeito motivado a necesidade desta ampliación, segundo o modelo que se xerará automaticamente na aplicación informática que xestiona a convocatoria das axudas https://appsagader.xunta.gal/caminos
– Que o concello teña solicitado a concesión dun pagamento anticipado antes do 1 de setembro de 2026, nos termos previstos no artigo 18 desta orde.
2. Para a anualidade 2027, o prazo límite para executar e xustificar os investimentos será o 28 de maio de 2027. A esta xustificación poderán imputarse, igualmente, os gastos executados desde a finalización do prazo de xustificación correspondente á anualidade 2026.
Antes do remate do prazo de execución e xustificación dos investimentos correspondentes á anualidade 2027, os concellos poderán solicitar, excepcionalmente, unha ampliación do citado prazo nos termos previstos no artigo 45 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da LSG en relación co artigo 32 da Lei 39/2015, e, en calquera caso, co cumprimento das seguintes condicións:
– Que a solicitude para a ampliación do referido prazo estea debidamente motivada.
– Que o concello acredite que as obras están adxudicadas segundo os procedementos previstos na LCSP.
Tanto a petición dos interesados como a decisión sobre a ampliación deberán producirse, en todo caso, antes do vencemento do prazo de que se trate.
3. A presentación da solicitude de pagamento (anexo IV), que a aplicación informática xerará de forma automática, realizarase unicamente por medios electrónicos, a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, e no enderezo da internet https://appsagader.xunta.gal/caminos, dentro dos prazos de execución e xustificación referidos no parágrafo anterior.
A documentación correspondente á xustificación do investimento presentarase, igualmente, de forma electrónica.
Tal e como dispón o artigo 46 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, cando o órgano administrativo competente para a comprobación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables nas xustificacións presentadas polas entidades beneficiarias, porállelos no seu coñecemento e concederalles un prazo de dez (10) días hábiles para a súa corrección.
No suposto de que transcorrese o prazo establecido para a xustificación sen terse presentado esta, requirirase igualmente a entidade beneficiaria para que, no prazo improrrogable de dez (10) días hábiles a presente, nos termos previstos no artigo 45.2 do RLSG.
Os requirimentos de emenda serán notificados tal e como se establece no artigo 14 desta orde.
4. Xunto coa solicitude de pagamento (parcial e final), deberán presentar a seguinte documentación:
a) Certificación/s de obra asinada/s polo/a director/a de obra.
b) Informe fotográfico que reflicta o curso da execución das obras, así como a colocación do cartel de obra necesario para dar cumprimento á obriga de publicidade, nos termos previstos no punto 8 do artigo 19 desta orde.
c) Facturas rexistradas no Punto xeral de entrada de facturas electrónicas da Administración xeral do Estado (FACE) ou plataforma similar.
d) Xustificante bancario do pagamento (transferencia bancaria ou certificación bancaria).
e) Certificación emitida e asinada electronicamente pola secretaría da entidade local beneficiaria, en que se faga constar:
– O acordo da aprobación polo órgano competente da entidade beneficiaria dos distintos conceptos e contías correspondentes aos gastos totais soportados pola entidade beneficiaria imputables ao proxecto subvencionado, coa seguinte relación: identificación do/da acredor/a, número de factura ou documento equivalente, certificación da obra, importe, data de emisión e data de recoñecemento da obriga polo órgano competente.
– O cumprimento da finalidade da subvención.
– Que, segundo informe da Intervención municipal, tomouse razón en contabilidade, na fase de recoñecemento da obriga, dos gastos correspondentes á execución do proxecto subvencionado.
– Que na tramitación e contratación das obras cumpriuse a normativa de aplicación no ámbito local e, especificamente, a que rexe as contratacións das administracións públicas, con indicación do procedemento seguido para a súa tramitación e con expresión dos criterios de adxudicación que se tiveron en conta para a licitación e adxudicación das obras.
f) No caso de que o concello optase por tramitar contratos menores para licitación das obras, debe achegar tres ofertas solicitadas segundo o exposto no artigo 15.2 desta orde.
g) Declaración asinada pola persoa titular da alcaldía de que o concello solicitante está ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, para os efectos previstos no artigo 11 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
5. A maiores da documentación referida no punto 4 deste artigo, xunto coa solicitude de pagamento final, deberán xuntar a seguinte documentación:
a) De ser o caso, informe asinado por técnico municipal do que resulte que os proxectos contan cos permisos e autorizacións legalmente exixidos para levar a cabo as obras, e que na execución das obras se respectou o contido destes.
b) O informe co resultado do control de calidade das obras, co contido indicado no artigo 5.2 desta orde. Deberanse incluír, necesariamente, as conclusións respecto da adecuación da obra executada ao proxecto aprobado, asinadas polo/a director/a de obra ou pola persoa responsable do control.
Artigo 17. Control administrativo da solicitude de pagamento
1. Aplicarase o réxime de controis que resulte da aplicación do Regulamento (UE) nº 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013, dos seus actos de execución e/ou delegados, así como das disposicións regulamentarias que diten as autoridades nacionais.
2. Os controis administrativos da solicitude de pagamento incluirán, necesariamente, as seguintes comprobacións:
– A operación finalizada en comparación coa operación para a que se presentou a solicitude e se concedeu a axuda.
– Os custos contraídos e os gastos realizados.
– A verificación da moderación dos custos xustificados.
3. Para todos os expedientes con subvencións superiores a 60.000,00 € realizarase unha visita de control in situ para comprobar o remate da operación obxecto de solicitude de pagamento final.
Sen prexuízo do anterior, naqueles casos en que da revisión documental do expediente non resulte suficientemente acreditado o cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a axuda, o órgano xestor poderá realizar as citadas visitas, para os efectos de asegurar a realidade dos investimentos subvencionados.
4. Os gastos xustificados deben coincidir cos compromisos adquiridos segundo a resolución de concesión da subvención.
No control administrativo da solicitude de pagamento determinarase:
a) O importe que se pode conceder ao beneficiario en función da solicitude de pagamento e da decisión de concesión. Para tal efecto, tomarase en consideración a suma dos importes de gastos que o beneficiario presenta como xustificación da operación aprobada.
No caso de que o importe da solicitude de pagamento sexa superior ao aprobado, axustarase ao límite concedido.
b) O importe que se pode conceder ao beneficiario logo de controlar a elixibilidade dos gastos que o beneficiario presenta como xustificación da operación aprobada, mediante control administrativo ou sobre o terreo. A cantidade que se pagará ao beneficiario será a definida no importe b).
Cando o importe a) supere o importe b) en máis dun 10 %, a cantidade que se pagará é igual ao importe b) menos a diferenza entre os dous importes; non obstante, nunca irá máis alá do importe solicitado.
5. No caso de incumprimentos de normas relacionadas coa contratación pública, tomaranse como referencia as porcentaxes indicadas no anexo da Decisión da Comisión, do 19 de decembro de 2013, relativa ao establecemento e a aprobación das directrices para a determinación das correccións financeiras que deba aplicar a Comisión aos gastos financiados pola Unión no marco da xestión compartida, no caso de incumprimento de normas en materia de contratación pública.
Artigo 18. Réxime de pagamentos
1. Con cargo á anualidade 2026, tramitarase un pagamento á conta, sen que exceda a anualidade prevista neste exercicio orzamentario.
Así mesmo, os concellos beneficiarios das axudas poderán solicitar a concesión dun pagamento anticipado, con cargo á anualidade 2026 como financiamento necesario para levar a cabo as actuacións inherentes ao proxecto subvencionado.
A solicitude de pagamento do anticipo presentarase segundo o modelo que se xerará automaticamente na aplicación informática que xestiona a convocatoria das axudas https://appsagader.xunta.gal/caminos
Os concellos deberán comprometerse a aboar o importe cuberto pola garantía no caso de que non se estableza o dereito ao pagamento anticipado.
A data límite para solicitar o pagamento anticipado será o 1 de setembro de 2026.
A tramitación e a concesión do pagamento anticipado suxeitarase á regulación do artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación co artigo 63.1.dous do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e do artigo 44.3 do Regulamento (UE) nº 2021/2116, do 2 de decembro.
De acordo con esta normativa, o pagamento anticipado non poderá superar o 50 % da axuda pública concedida nin, de ser o caso, exceder a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario. A concesión do anticipo farase mediante resolución motivada.
Ao abeiro do artigo 65.4.c) do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba no caso de pagamentos á conta e pagamentos anticipados os concellos beneficiarios das axudas están exentos da constitución de garantías.
Non obstante o disposto no anterior parágrafo, o punto 4.2 do Plan galego de controis das intervencións PEPAC 2023-2027 – Réxime Feader non SIXC, con carácter xeral, o anticipo cómpre supeditalo á constitución con carácter previo dunha garantía bancaria ou equivalente que corresponda ao 100 % do importe anticipado. Así mesmo, o dito plan de controis establece que no caso de anticipos solicitados por entidades locais, como é o caso destas bases reguladoras, poderán achegar unha carta de compromiso, que se considera equivalente á garantía, en que esa autoridade pública se comprometa a aboar o importe cuberto pola garantía no caso de que non se teña establecido o dereito ao importe anticipado.
O libramento da subvención na primeira anualidade non poderá superar a cantidade establecida na resolución de concesión para este exercicio orzamentario. Non obstante, os gastos executados e xustificados por riba deste límite poderán imputarse á anualidade 2027, sen que iso implique incremento da asignación correspondente ao referido exercicio orzamentario.
Os pagamentos á conta e os pagamentos anticipados previstos neste artigo non poderán superar o crédito previsto na anualidade orzamentaria, de conformidade co artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Na anualidade 2027 non se concederán pagamentos á conta nin se tramitarán pagamentos anticipados, de xeito que se practicará unicamente a liquidación do expediente mediante o pagamento final.
Artigo 19. Obrigas dos concellos beneficiarios
Sen prexuízo das demais obrigacións establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, os beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro desta orde quedan obrigados a:
1. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, e manter a obriga de destino das actuacións subvencionadas durante un período mínimo de cinco (5) anos a partir da resolución de pagamento final.
As obras deberán ter unha garantía de mantemento de cinco (5) anos, contados desde a data de pagamento final da axuda. E serán por conta do concello os custos necesarios para a súa xustificación.
O concello debe asumir todas e cantas responsabilidades dimanen das posibles irregularidades ou ilegalidades causadas por mor das obras, nos termos previstos na LCSP.
2. Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como o cumprimento da finalidade da subvención, a realización do proxecto completo que fundamentou a concesión da subvención e o seu custo real.
3. Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e executar a totalidade do proxecto presentado xunto coa solicitude e que fundamentou a resolución de concesión, segundo o estipulado no artigo 41 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
4. Realizar o proceso de tramitación e adxudicación da contratación conforme coas prescricións contidas na LCSP e demais normativa de contratación aplicable ás entidades locais.
5. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos percibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
6. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
7. Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que proceda, conforme coa disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2006 e artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A aceptación da axuda supón a súa publicación nunha lista pública de beneficiarios.
8. Publicitar a concesión da axuda mediante a colocación dun panel de obra nun lugar visible ao público con información sobre o proxecto en que se destacará a axuda financeira da Unión no marco do Plan estratéxico da PAC, con referencia á axuda do Feader a través do PEPAC, indicando o cofinanciamento pola Unión Europea, a porcentaxe de cofinanciamento e o montante total da axuda, con inclusión do logo da Xunta de Galicia, o emblema da Unión Europea e, xunto a el, a declaración «cofinanciado pola Unión Europea», e o logotipo do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural facilitará, a través da aplicación informática accesible desde o enderezo da internet https://appsagader.xunta.gal/caminos, o formato e as dimensións do panel informativo.
No caso de que o concello teña páxina web, incluíra unha breve descrición da operación con referencia ao financiamento da Unión Europea.
9. Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que corresponde á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, así como as previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.
Os concellos beneficiarios suxeitaranse ás verificacións previstas na normativa comunitaria e estatal que resulte de aplicación á xestión destas axudas e, se é o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo. Así mesmo, achegarán canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Ademais, deberán proporcionarlles á autoridade de xestión, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegue a realización deste tipo de tarefas toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e avaliación do programa.
10. Os beneficiarios deberán manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao abeiro desta convocatoria de axudas.
11. Cando o concello beneficiario non poida executar o proxecto subvencionado, deberá presentar a súa renuncia a través do modelo normalizado que se incorpora á resolución como anexo III.
12. Conforme o previsto no artigo 64 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias das axudas poderán devolver voluntariamente na conta da entidade financeira Abanca número ES19 2080 0388 2831 1000 1396 as axudas percibidas, indicando os datos identificativos, o importe da axuda devolta, a denominación da axuda percibida e devolta, o número de expediente, a data de cobranza da axuda e a data de ingreso da devolución e certificado bancario desta.
Artigo 20. Modificación da resolución de concesión da subvención
1. Toda alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación da subvención concedida. En particular, a variación do importe dos investimentos subvencionados e a obtención concorrente de subvencións, axudas ou recursos outorgados por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da subvención concedida. Tamén dará lugar á modificación da subvención a alteración das condicións establecidas na resolución de adxudicación da subvención.
2. No suposto de que as novas circunstancias afecten criterios tidos en conta no baremo, revisarase a puntuación asignada inicialmente ao proxecto, o que poderá dar como resultado a perda do dereito á subvención.
En todo caso, a modificación da resolución de concesión tramitarase nos termos previstos no artigo 35 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 21. Transparencia e bo goberno
1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.
Artigo 22. Reintegro da subvención
1. Procederá o reintegro das contías percibidas indebidamente e a exixencia dos xuros de demora nos supostos previstos no artigo 33.1 da LSG e de conformidade co artigo 10 da Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regulan o sistema de xestión da PAC e outras materias conexas. Os xuros de demora calcularanse en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para a persoa beneficiaria indicado na resolución do procedemento de reintegro e a data de reembolso ou dedución.
2. Tendo en conta o artigo 14.1.n) da LSG, se o incumprimento atinxe ao mantemento da actividade subvencionada, a cantidade que se reintegrará será proporcional ao tempo de incumprimento.
3. O procedemento de reintegro tramitarase nos termos previstos no artigo 77 do RLSG.
4. Non procederá o reintegro da axuda nos seguintes supostos:
a) Expropiación dunha parte importante do ben subvencionable, se esta expropiación non era previsible o día en que se presentou a solicitude de axuda.
b) Catástrofe natural grave que afecte considerablemente a actuación e impida o seu normal funcionamento.
Artigo 23. Réxime sancionador
As persoas beneficiarias das axudas, de ser o caso, estarán suxeitas ao réxime sancionador previsto no título IV da LSG e no VI do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da LSG, e ao disposto no título II da Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regula o sistema de xestión da PAC e outras materias conexas.
Artigo 24. Medidas antifraude
De conformidade co Regulamento (UE) nº 2021/2116, toda persoa ou entidade que reciba fondos da Unión debe cooperar na protección dos intereses financeiros desta. As persoas ou entidades beneficiarias teñen a obriga de asumir a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no ámbito de xestión da entidade, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude no ámbito dos fondos Feader.
Artigo 25. Remisión normativa
Para todo o non disposto nestas normas de xestión, observarase o disposto na seguinte normativa:
a) Normativa autonómica:
– Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
– Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
– Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
– Decreto 223/2022, do 22 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, modificada polo Decreto 148/2024, do 20 de maio.
– Plan galego de controis, Intervencións PEPAC 2023-2027 – Réxime Feader non SIXC.
– Instrución ARX PEPAC 01/2023 Información, Publicidade e Visibilidade.
b) Normativa estatal:
– Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
– Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
– Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.
– Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regulan o sistema de xestión da política agrícola común e outras materias conexas.
– Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común.
– Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas de aplicación de penalizacións recollidas no Plan estratéxico da política agrícola común e modifícanse varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027.
– Circular de coordinación 37/2023 relativa ao Plan nacional de controis das Intervencións de desenvolvemento rural non establecidas no ámbito do sistema integrado do período 2023/2027 incluídas no Plan estratéxico da política agrícola común.
c) Normativa comunitaria:
– Decisión de execución da Comisión, do 31 de agosto de 2022, pola que se aproba o Plan estratéxico da PAC 2023-2027 de España para a axuda da Unión financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (CCI: 2023ES06AFSP001), modificada por Decisión de execución da Comisión do 14 de agosto de 2025.
– Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013.
– Regulamento (UE) nº 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013.
– Regulamento delegado (UE) nº 2022/1408 da Comisión, do 16 de xuño de 2022, polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, no que incumbe ao pagamento de anticipos para determinadas intervencións e medidas de apoio recollidas no Regulamento (UE) nº 2021/2115.
– Regulamento de execución (UE) nº 2022/1173 da Comisión, do 31 de maio de 2022, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, no que respecta ao sistema integrado de xestión e control da política agrícola común.
– Regulamento de execución (UE) nº 2022/128 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, sobre os organismos pagadores e outros órganos, a xestión financeira, a liquidación de contas, os controis, as garantías e a transparencia.
– Regulamento de execución (UE) nº 2022/129 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen normas para os tipos de intervención relativos ás sementes oleaxinosas, o algodón e os subprodutos da vinificación en virtude do Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, así como para os requisitos en materia de información, publicidade e visibilidade relacionados coa axuda da Unión e os plans estratéxicos da PAC.
Disposición adicional primeira. Condicionalidade
A concesión das axudas previstas nestas bases reguladoras está condicionada á aprobación dos criterios de selección de operacións por parte da autoridade rexional de xestión do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 de España, nos termos previstos nos artigos 79 e 124 do Regulamento (UE) nº 2021/2015.
Disposición adicional segunda. Protección de datos de carácter persoal
De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude, dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
Disposición adicional terceira. Información ás persoas interesadas
Infórmase ás persoas beneficiarias da publicación de datos que lles concirnen de conformidade co artigo 98 do Regulamento (UE) nº 2021/2116 e de que os ditos datos poderán ser tratados por organismos de auditoría e investigación da Unión e dos Estados membros para protexer os intereses financeiros da Unión, de conformidade co artigo 99 do Regulamento (UE) nº 2021/2116.
Disposición adicional cuarta. Base de datos nacional de subvencións
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.
Disposición derradeira primeira
A persoa titular da Consellería do Medio Rural poderá ditar os actos necesarios para asegurar a correcta xestión deste procedemento.
Disposición derradeira segunda.
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2025
María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural
ANEXO I
Criterios socioeconómicos
Criterios socioeconómicos para determinar o importe máximo de axuda de cada concello.
Os fondos asígnanse para todos os concellos partindo de cantidades fixas que se modulan empregando criterios de localización, despoboamento, superficie do concello e un coeficiente de agrariedade, onde se empregan datos de carácter socioeconómico vinculados á actividade agraria, que é a actividade que se prima desde a PAC, e que debe ser o eixe principal da actividade económica no rural.
Este orzamento distribúese do seguinte xeito:
Asignación fixa por concello: 24.550,00 €.
Asignación por habitante (*): 10,00 €.
(*) Habitantes: máximo por concello: 26.000,00 €.
(*) Habitantes: mínimo por concello: 12.500,00 €.
Asignación por entidade de poboación: 85,00 €.
Esta asignación corrixirase cos seguintes coeficientes:
Superficie do concello, S < 50 km2: decrecemento 10 %.
Superficie do concello, 50 < S < 100 km2: sen variación.
Superficie do concello, 100 < S < 200 km2: incremento 10 %.
Superficie do concello, S > 200 km2: incremento 20 %.
Agrariedade, A < 60 %: decrecemento 10 %.
Agrariedade, 60 % <A < 100 %: sen variación.
Agrariedade, A > 100 %: incremento 10 %.
Grao de despoboamento > 20 %: incremento 10 %.
Zona de montaña: incremento 5 %.
Despoboamento: evolución demográfica. Prímanse os concellos con demografía negativa (habitantes 1999-habitantes 2023/habitantes 2023).
Zona de montaña: prímanse os concellos que teñen a consideración de zonas de montaña.
O coeficiente de agrariedade calcúlase do seguinte xeito:
A = 0,3*Ex + 0,35*S + 0,15*Ep + 0,2*M
Ex = % Número total explotacións/poboación total concello.
S = % Superficie declaración PAC/superficie total concello.
Ep = % Explotacións prioritarias/explotacións totais concello.
M = Maquinaria agraria automotriz concello/poboación total concello.
Datos utilizados:
Entidades singulares de poboación: Nomenclátor IGE 2023.
Superficie dos concellos: IGE 2023.
Poboación total concellos: IGE 2023.
Despoboamento: IGE 1999 e 2023.
Agrariedade: Reaga 2023, ROMA 2023 e declaración PAC 2023.
Na repartición tívose en conta o Acordo do Consello da Xunta, do 28 de febreiro de 2013, polo que se aproban os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal.
Tendo en conta o anterior, os importes máximos para cada concello son os que a continuación se refiren:
|
Código |
Concello |
Importe |
|
Total |
18.998.480 € |
|
|
15001 |
Abegondo |
67.947 € |
|
15002 |
Ames |
54.446 € |
|
15003 |
Aranga |
76.306 € |
|
15004 |
Ares |
43.631 € |
|
15005 |
Arteixo |
54.752 € |
|
15006 |
Arzúa |
86.467 € |
|
15007 |
Baña, A |
71.759 € |
|
15008 |
Bergondo |
46.178 € |
|
15009 |
Betanzos |
43.768 € |
|
15010 |
Boimorto |
63.906 € |
|
15011 |
Boiro |
54.293 € |
|
15012 |
Boqueixón |
65.423 € |
|
15013 |
Brión |
59.560 € |
|
15014 |
Cabana de Bergantiños |
83.687 € |
|
15015 |
Cabanas |
44.870 € |
|
15016 |
Camariñas |
52.232 € |
|
15017 |
Cambre |
49.139 € |
|
15018 |
Capela, A |
57.223 € |
|
15019 |
Carballo |
85.525 € |
|
15020 |
Carnota |
54.336 € |
|
15021 |
Carral |
55.134 € |
|
15022 |
Cedeira |
67.358 € |
|
15023 |
Cee |
49.244 € |
|
15024 |
Cerceda |
66.514 € |
|
15025 |
Cerdido |
57.115 € |
|
15902 |
Oza-Cesuras |
92.329 € |
|
15027 |
Coirós |
39.476 € |
|
15028 |
Corcubión |
33.708 € |
|
15029 |
Coristanco |
83.234 € |
|
15030 |
Coruña, A |
44.113 € |
|
15031 |
Culleredo |
50.009 € |
|
15032 |
Curtis |
75.770 € |
|
15033 |
Dodro |
42.736 € |
|
15034 |
Dumbría |
75.428 € |
|
15035 |
Fene |
50.516 € |
|
15036 |
Ferrol |
54.925 € |
|
15037 |
Fisterra |
42.598 € |
|
15038 |
Frades |
64.802 € |
|
15039 |
Irixoa |
57.868 € |
|
15040 |
Laxe |
48.479 € |
|
15041 |
Laracha, A |
86.672 € |
|
15042 |
Lousame |
62.618 € |
|
15043 |
Malpica de Bergantiños |
67.542 € |
|
15044 |
Mañón |
58.087 € |
|
15045 |
Mazaricos |
78.143 € |
|
15046 |
Melide |
80.604 € |
|
15047 |
Mesía |
82.509 € |
|
15048 |
Miño |
44.663 € |
|
15049 |
Moeche |
52.103 € |
|
15050 |
Monfero |
82.686 € |
|
15051 |
Mugardos |
41.978 € |
|
15052 |
Muxía |
78.822 € |
|
15053 |
Muros |
55.178 € |
|
15054 |
Narón |
57.123 € |
|
15055 |
Neda |
51.705 € |
|
15056 |
Negreira |
70.319 € |
|
15057 |
Noia |
48.244 € |
|
15058 |
Oleiros |
46.522 € |
|
15059 |
Ordes |
84.307 € |
|
15060 |
Oroso |
59.439 € |
|
15061 |
Ortigueira |
107.762 € |
|
15062 |
Outes |
69.911 € |
|
15064 |
Paderne |
48.609 € |
|
15065 |
Padrón |
46.109 € |
|
15066 |
Pino, O |
69.599 € |
|
15067 |
Pobra do Caramiñal, A |
47.899 € |
|
15068 |
Ponteceso |
68.674 € |
|
15069 |
Pontedeume |
46.178 € |
|
15070 |
Pontes de García Rodríguez, As |
99.515 € |
|
15071 |
Porto do Son |
56.664 € |
|
15072 |
Rianxo |
52.457 € |
|
15073 |
Ribeira |
51.845 € |
|
15074 |
Rois |
65.890 € |
|
15075 |
Sada |
45.627 € |
|
15076 |
San Sadurniño |
84.418 € |
|
15077 |
Santa Comba |
81.873 € |
|
15078 |
Santiago de Compostela |
76.534 € |
|
15079 |
Santiso |
57.814 € |
|
15080 |
Sobrado |
74.543 € |
|
15081 |
Somozas, As |
63.271 € |
|
15082 |
Teo |
56.817 € |
|
15083 |
Toques |
54.087 € |
|
15084 |
Tordoia |
74.523 € |
|
15085 |
Touro |
83.008 € |
|
15086 |
Trazo |
80.745 € |
|
15087 |
Valdoviño |
68.060 € |
|
15088 |
Val do Dubra |
78.482 € |
|
15089 |
Vedra |
67.854 € |
|
15090 |
Vilasantar |
55.321 € |
|
15091 |
Vilarmaior |
44.590 € |
|
15092 |
Vimianzo |
79.387 € |
|
15093 |
Zas |
78.369 € |
|
15901 |
Cariño |
53.177 € |
|
27001 |
Abadín |
88.500 € |
|
27002 |
Alfoz |
67.444 € |
|
27003 |
Antas de Ulla |
69.671 € |
|
27004 |
Baleira |
65.915 € |
|
27005 |
Barreiros |
64.207 € |
|
27006 |
Becerreá |
84.307 € |
|
27007 |
Begonte |
78.935 € |
|
27008 |
Bóveda |
52.568 € |
|
27009 |
Carballedo |
86.187 € |
|
27010 |
Castro de Rei |
86.775 € |
|
27011 |
Castroverde |
79.827 € |
|
27012 |
Cervantes |
74.370 € |
|
27013 |
Cervo |
50.468 € |
|
27014 |
Corgo, O |
87.081 € |
|
27015 |
Cospeito |
90.927 € |
|
27016 |
Chantada |
94.462 € |
|
27017 |
Folgoso do Courel |
57.362 € |
|
27018 |
Fonsagrada, A |
113.095 € |
|
27019 |
Foz |
61.215 € |
|
27020 |
Friol |
110.795 € |
|
27021 |
Xermade |
74.820 € |
|
27022 |
Guitiriz |
106.583 € |
|
27023 |
Guntín |
83.713 € |
|
27024 |
Incio, O |
70.457 € |
|
27025 |
Xove |
57.350 € |
|
27026 |
Láncara |
86.956 € |
|
27027 |
Lourenzá |
64.451 € |
|
27028 |
Lugo |
102.630 € |
|
27029 |
Meira |
47.188 € |
|
27030 |
Mondoñedo |
82.882 € |
|
27031 |
Monforte de Lemos |
77.297 € |
|
27032 |
Monterroso |
72.993 € |
|
27033 |
Muras |
67.375 € |
|
27034 |
Navia de Suarna |
63.368 € |
|
27035 |
Negueira de Muñiz |
50.312 € |
|
27037 |
Nogais, As |
52.904 € |
|
27038 |
Ourol |
78.983 € |
|
27039 |
Outeiro de Rei |
78.239 € |
|
27040 |
Palas de Rei |
91.815 € |
|
27041 |
Pantón |
87.779 € |
|
27042 |
Paradela |
67.229 € |
|
27043 |
Páramo, O |
50.523 € |
|
27044 |
Pastoriza, A |
79.267 € |
|
27045 |
Pedrafita do Cebreiro |
58.075 € |
|
27046 |
Pol |
66.290 € |
|
27047 |
Pobra do Brollón, A |
60.469 € |
|
27048 |
Pontenova, A |
65.437 € |
|
27049 |
Portomarín |
56.368 € |
|
27050 |
Quiroga |
84.082 € |
|
27051 |
Ribadeo |
75.050 € |
|
27052 |
Ribas de Sil |
47.211 € |
|
27053 |
Ribeira de Piquín |
46.523 € |
|
27054 |
Riotorto |
49.076 € |
|
27055 |
Samos |
59.059 € |
|
27056 |
Rábade |
39.268 € |
|
27057 |
Sarria |
97.037 € |
|
27058 |
Saviñao, O |
88.112 € |
|
27059 |
Sober |
77.349 € |
|
27060 |
Taboada |
80.090 € |
|
27061 |
Trabada |
57.378 € |
|
27062 |
Triacastela |
45.640 € |
|
27063 |
Valadouro, O |
74.858 € |
|
27064 |
Vicedo, O |
55.688 € |
|
27065 |
Vilalba |
119.684 € |
|
27066 |
Viveiro |
70.577 € |
|
27901 |
Baralla |
80.904 € |
|
27902 |
Burela |
41.014 € |
|
32001 |
Allariz |
57.860 € |
|
32002 |
Amoeiro |
46.215 € |
|
32003 |
Arnoia, A |
40.281 € |
|
32004 |
Avión |
46.933 € |
|
32005 |
Baltar |
44.265 € |
|
32006 |
Bande |
50.087 € |
|
32007 |
Baños de Molgas |
53.113 € |
|
32008 |
Barbadás |
42.667 € |
|
32009 |
Barco de Valdeorras, O |
50.420 € |
|
32010 |
Beade |
36.848 € |
|
32011 |
Beariz |
40.104 € |
|
32012 |
Blancos, Os |
40.281 € |
|
32013 |
Boborás |
58.196 € |
|
32014 |
Bola, A |
46.920 € |
|
32015 |
Bolo, O |
45.542 € |
|
32016 |
Calvos de Randín |
44.560 € |
|
32017 |
Carballeda de Valdeorras |
50.482 € |
|
32018 |
Carballeda de Avia |
42.291 € |
|
32019 |
Carballiño, O |
52.304 € |
|
32020 |
Cartelle |
59.318 € |
|
32021 |
Castrelo do Val |
48.800 € |
|
32022 |
Castrelo de Miño |
41.159 € |
|
32023 |
Castro Caldelas |
52.119 € |
|
32024 |
Celanova |
61.855 € |
|
32025 |
Cenlle |
42.847 € |
|
32026 |
Coles |
51.615 € |
|
32027 |
Cortegada |
36.482 € |
|
32028 |
Cualedro |
53.755 € |
|
32029 |
Chandrexa de Queixa |
55.937 € |
|
32030 |
Entrimo |
44.364 € |
|
32031 |
Esgos |
41.871 € |
|
32032 |
Xinzo de Limia |
64.662 € |
|
32033 |
Gomesende |
40.474 € |
|
32034 |
Gudiña, A |
48.800 € |
|
32035 |
Irixo, O |
60.095 € |
|
32036 |
Xunqueira de Ambía |
50.269 € |
|
32037 |
Xunqueira de Espadanedo |
44.309 € |
|
32038 |
Larouco |
38.955 € |
|
32039 |
Laza |
54.061 € |
|
32040 |
Leiro |
42.080 € |
|
32041 |
Lobeira |
45.345 € |
|
32042 |
Lobios |
53.107 € |
|
32043 |
Maceda |
70.487 € |
|
32044 |
Manzaneda |
50.204 € |
|
32045 |
Maside |
50.697 € |
|
32046 |
Melón |
49.772 € |
|
32047 |
Merca, A |
52.707 € |
|
32048 |
Mezquita, A |
48.152 € |
|
32049 |
Montederramo |
61.758 € |
|
32050 |
Monterrei |
70.206 € |
|
32051 |
Muíños |
53.037 € |
|
32052 |
Nogueira de Ramuín |
48.606 € |
|
32053 |
Oímbra |
49.319 € |
|
32054 |
Ourense |
53.451 € |
|
32055 |
Paderne de Allariz |
37.773 € |
|
32056 |
Padrenda |
41.344 € |
|
32057 |
Parada de Sil |
51.824 € |
|
32058 |
Pereiro de Aguiar, O |
50.468 € |
|
32059 |
Peroxa, A |
67.292 € |
|
32060 |
Petín |
43.628 € |
|
32061 |
Piñor |
53.444 € |
|
32062 |
Porqueira |
43.124 € |
|
32063 |
Pobra de Trives, A |
58.576 € |
|
32064 |
Pontedeva |
37.437 € |
|
32065 |
Punxín |
39.204 € |
|
32066 |
Quintela de Leirado |
41.164 € |
|
32067 |
Rairiz de Veiga |
47.211 € |
|
32068 |
Ramirás |
46.936 € |
|
32069 |
Ribadavia |
46.719 € |
|
32070 |
San Xoán de Río |
53.444 € |
|
32071 |
Riós |
58.229 € |
|
32072 |
Rúa, A |
43.282 € |
|
32073 |
Rubiá |
55.790 € |
|
32074 |
San Amaro |
46.827 € |
|
32075 |
San Cibrao das Viñas |
43.700 € |
|
32076 |
San Cristovo de Cea |
57.079 € |
|
32077 |
Sandiás |
46.682 € |
|
32078 |
Sarreaus |
47.093 € |
|
32079 |
Taboadela |
42.476 € |
|
32080 |
Teixeira, A |
40.722 € |
|
32081 |
Toén |
50.455 € |
|
32082 |
Trasmiras |
42.625 € |
|
32083 |
Veiga, A |
60.374 € |
|
32084 |
Verea |
51.392 € |
|
32085 |
Verín |
49.216 € |
|
32086 |
Viana do Bolo |
83.807 € |
|
32087 |
Vilamarín |
49.330 € |
|
32088 |
Vilamartín de Valdeorras |
51.207 € |
|
32089 |
Vilar de Barrio |
53.799 € |
|
32090 |
Vilar de Santos |
37.689 € |
|
32091 |
Vilardevós |
61.541 € |
|
32092 |
Vilariño de Conso |
58.689 € |
|
36001 |
Arbo |
64.740 € |
|
36002 |
Barro |
48.326 € |
|
36003 |
Baiona |
44.113 € |
|
36004 |
Bueu |
44.663 € |
|
36005 |
Caldas de Reis |
56.755 € |
|
36006 |
Cambados |
49.779 € |
|
36007 |
Campo Lameiro |
51.594 € |
|
36008 |
Cangas |
48.751 € |
|
36009 |
Cañiza, A |
92.626 € |
|
36010 |
Catoira |
47.236 € |
|
36902 |
Cerdedo-Cotobade |
137.962 € |
|
36013 |
Covelo |
72.380 € |
|
36014 |
Crecente |
64.160 € |
|
36015 |
Cuntis |
56.925 € |
|
36016 |
Dozón |
53.012 € |
|
36017 |
Estrada, A |
129.925 € |
|
36018 |
Forcarei |
83.119 € |
|
36019 |
Fornelos de Montes |
49.734 € |
|
36020 |
Agolada |
78.403 € |
|
36021 |
Gondomar |
57.506 € |
|
36022 |
Grove, O |
47.464 € |
|
36023 |
Guarda, A |
47.767 € |
|
36024 |
Lalín |
114.744 € |
|
36025 |
Lama, A |
68.258 € |
|
36026 |
Marín |
46.247 € |
|
36027 |
Meaño |
55.009 € |
|
36028 |
Meis |
64.488 € |
|
36029 |
Moaña |
43.424 € |
|
36030 |
Mondariz |
58.879 € |
|
36031 |
Mondariz-Balneario |
30.217 € |
|
36032 |
Moraña |
51.156 € |
|
36033 |
Mos |
51.386 € |
|
36034 |
Neves, As |
76.940 € |
|
36035 |
Nigrán |
52.159 € |
|
36036 |
Oia |
53.185 € |
|
36037 |
Pazos de Borbén |
50.099 € |
|
36038 |
Pontevedra |
75.136 € |
|
36039 |
Porriño, O |
59.638 € |
|
36040 |
Portas |
60.140 € |
|
36041 |
Poio |
50.039 € |
|
36042 |
Ponteareas |
68.894 € |
|
36043 |
Ponte Caldelas |
50.742 € |
|
36044 |
Pontecesures |
46.025 € |
|
36045 |
Redondela |
53.915 € |
|
36046 |
Ribadumia |
52.653 € |
|
36047 |
Rodeiro |
79.274 € |
|
36048 |
Rosal, O |
49.014 € |
|
36049 |
Salceda de Caselas |
47.349 € |
|
36050 |
Salvaterra de Miño |
67.465 € |
|
36051 |
Sanxenxo |
53.901 € |
|
36052 |
Silleda |
95.340 € |
|
36053 |
Soutomaior |
42.116 € |
|
36054 |
Tomiño |
68.134 € |
|
36055 |
Tui |
57.353 € |
|
36056 |
Valga |
49.932 € |
|
36057 |
Vigo |
82.911 € |
|
36058 |
Vilaboa |
49.887 € |
|
36059 |
Vila de Cruces |
75.667 € |
|
36060 |
Vilagarcía de Arousa |
51.629 € |
|
36061 |
Vilanova de Arousa |
50.315 € |
|
36901 |
Illa de Arousa, A |
46.100 € |
