DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 6 de febreiro de 2026 Páx. 11246

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Igualdade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos en materia de política social e igualdade no terceiro cuadrimestre do ano 2025.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, dentro dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, para os efectos de cumprir para as obrigacións legais fixadas.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento á dita obriga,

RESOLVO:

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos en materia de política social e igualdade durante o terceiro cuadrimestre do ano 2025, que se incorpora no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2026

María Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social e Igualdade

ANEXO

Convenios asinados no terceiro cuadrimestre de 2025

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Convenio entre o Instituto de Maiores e Servizos Sociais e a Comunidade Autónoma de Galicia, para o desenvolvemento do marco de cooperación interadministrativa previsto na Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia, e para o establecemento e financiamento do nivel de protección acordado para o exercicio 2025.

Determinar as obrigas asumidas por cada unha das partes intervenientes para o financiamento do nivel de protección acordado previsto no artigo 7.2 da citada lei.

Financiar, mediante o establecemento dunha cantidade específica para esta finalidade, os gastos de investimento e funcionamento do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia (SAAD), baseados nun modelo de atención centrado na persoa e, en xeral: diminución da lista de espera e mellora da axilidade administrativa; mellora da calidade dos servizos e das condicións laborais das persoas que traballan no SAAD e mellora das intensidades dos servizos e prestacións, así como adopción de solucións innovadoras testeadas nos proxectos piloto de innovación en prevención da institucionalización, desinstitucionalización e modernización dos servizos sociais no marco do compoñente 22 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

13.11.2025

52.462.811,85 €

Addenda ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Universidade de Vigo, para a realización de prácticas académicas externas do estudantado da Universidade de Vigo.

Incluír os puntos de encontro familiar titularidade da Xunta de Galicia dentro dos centros de realización de prácticas académicas externas.

27.11.2025

Non comporta compromisos económicos.

Addenda ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Universidade da Coruña, para a realización de prácticas académicas externas do estudantado da Universidade da Coruña.

Incluír os puntos de encontro familiar titularidade da Xunta de Galicia dentro dos centros de realización de prácticas académicas externas.

5.12.2025

Non comporta compromisos económicos.

Convenio de colaboración entre a Consellería de política social e Igualdade e a Fundación Ingada, para o desenvolvemento dun programa de asesoramento ás familias con membros con TDAH e/ou trastornos asociados no ano 2025.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública, do Programa de asesoramento dirixido ás familias de membros con TDAH e/ou trastornos asociados desenvolvido pola entidade, que contribúe á detección e á intervención temperá do trastorno de TDAH, a modificación de condutas non desexadas e á adquisición de pautas saudables para a dinámica familiar e que ten como finalidade que as familias poidan desenvolver adecuadamente as súas funcións educativas, socializadoras e superar situacións de necesidade e risco social.

9.9.2025

80.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a entidade Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento dun programa de apoio a familias monoparentais no ano 2025.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención á entidade para a prestación de apoio ás familias formadas por unha única persoa proxenitora con fillos e/ou fillas menores ao seu cargo, mediante o establecemento de accións específicas cuxo obxectivo é o de potenciar a autonomía das familias monoparentais.

10.9.2025

32.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación de Celíacos de Galicia (Acega) para o desenvolvemento do programa «A restauración galega sen glute», no ano 2025.

Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención directa pola Consellería de Política Social e Igualdade, do programa «A restauración galega sen glute», da Asociación de Celíacos de Galicia (Acega), que inclúe a realización de actuacións encamiñadas á formación en materia de celiaquía que vai desenvolver a entidade en arredor de 260 locais sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.

16.9.2025

53.892,32 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Universidade de Santiago de Compostela, para a aplicación da gratuidade da atención educativa na escola infantil 0-3 Breogán de titularidade desta última.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención directa pola Consellería de Política Social e Igualdade, ao fomento da gratuidade coa aplicación dunha bonificación do 100 % do prezo correspondente á atención educativa prestada a nenos e nenas matriculados na escola infantil 0-3 Breogán da titularidade da Universidade de Santiago de Compostela no curso 2025/26.

28.10.2025

239.442,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, para o equipamento de recursos de protección á Infancia e á adolescencia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, no exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención, dos gastos derivados do equipamento dos recursos do sistema de protección á infancia e á adolescencia, concretamente dos centros de menores xestionados polas entidades que forman parte da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia.

19.12.2025

1.920.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación Galega de Centros de Menores, para o equipamento de recursos de protección á infancia e á adolescencia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, no exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública, durante 2025 por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, dos gastos derivados do equipamento dos recursos do sistema de protección á infancia e á adolescencia, concretamente dos centros de menores xestionados polas entidades que forman parte da Asociación Galega de Centros de Menores.

19.12.2025

1.280.000,00 €

Acordo de prórroga para o ano 2026. Convenio de colaboración entre a entón Consellería de Política Social e Igualdade (Xunta de Galicia) e a Deputación Provincial da Coruña, para a atención de menores no centro residencial «Fogar Infantil Emilio Romay» na Coruña.

Prórroga para o ano 2025 da colaboración para a atención de menores, tutelados pola Xunta de Galicia ou en situación de garda, a través de medidas de acollemento residencial e atención de día, no Centro Residencial Fogar Infantil Emilio Romay, establecemento do que é titular a Deputación Provincial da Coruña.

30.12.2025

325.904,85 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e a entidade colaboradora Abanca Corporación Bancaria, S.A., para a instrumentación da axuda económica ás familias a través da Tarxeta Benvida nos supostos de xestación, nacemento, adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento familiar permanente no ano 2026.

Establecer o marco da colaboración entre as partes asinantes para a instrumentación da axuda económica para as familias que no ano 2026 teñan un fillo/a, adopten, sexan declaradas en situación de garda dun neno/a con fins adoptivos ou acollan de xeito permanente un menor de ata tres anos de idade, así como para aquelas mulleres que no ano 2026 se encontren na semana 21 ou posterior de xestación.

30.12.2025

Non comporta compromisos económicos.

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Rede europea contra a pobreza (EAPN-Galicia) para o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á coordinación, optimización dos recursos e sinerxías de actuación das entidades integrantes que teñen como finalidade a loita contra a pobreza e a exclusión social no exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, mediante a concesión directa dunha subvención pública á Rede europea contra a pobreza (EAPN-Galicia), para a realización por parte desta dunha serie de actuacións encamiñadas á coordinación, optimización dos recursos e sinerxías de actuacións das entidades integrantes que teñen como finalidade a loita contra a pobreza e a exclusión social no ano 2025.

2.9.2025

105.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Fundación Secretariado Gitano, para a execución de determinadas accións dirixidas á poboación xitana durante o exercicio 2025 no marco do programa do Plan de desenvolvemento xitano do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030.

Contribuír, a través da concesión directa dunha subvención pública, ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia ao desenvolvemento do proxecto de intervención social da Fundación Secretariado Gitano no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia dirixido á poboación xitana para mellorar a súa situación de exclusión residencial e o seu acceso á vivenda no ano 2025. O proxecto desenvólvese no marco do programa Plan de desenvolvemento xitano que cofinancia o Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030.

12.9.2025

83.334,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e Cruz Vermella Española en Galicia para a execución dun programa de acompañamento e apoio a persoas sen teito e de apoio a persoas sen fogar ou en situación de vulnerabilidade extrema no exercicio 2025.

Contribuír, a través da concesión directa por parte da Consellería de Política Social e Igualdade dunha subvención, ao financiamento da realización pola entidade Cruz Vermella Española en Galicia do programa de acompañamento e apoio a persoas sen fogar no ano 2025, que consistirá no establecemento de liñas de atención a estas persoas a través da intervención coordinada con enfoque integral levada a cabo polos equipos técnicos da entidade con capacidade de actuación en todo o territorio galego.

16.9.2025

169.950,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Fundación Degén, para o financiamento do proxecto «Acolle 2025» para o exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, do proxecto da Fundación Degén «Acolle 2025» para o ano 2025.

O obxectivo é abordar o Impacto emocional do diagnóstico da enfermidade de párkinson nas persoas maiores de 60 anos e concienciar a poboación sobre esta enfermidade.

3.9.2025

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello de Riós, para o financiamento do programa integral de envellecemento activo e prevención da dependencia para o exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento mediante a concesión dunha subvención de carácter directo por parte da Consellería de Política Social e Igualdade do Programa integral de envellecemento activo e prevención da dependencia que o Concello de Riós ten previsto desenvolver durante o ano 2025, co obxecto de fomentar o envellecemento activo, a loita contra a soidade non desexada, a interacción e participación das persoas maiores residentes nese concello.

11.9.2025

57.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Universidade de Vigo, para o financiamento do Programa universitario para maiores no exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento pola Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención pública para a realización pola Universidade de Vigo nos seus campus de Ourense, Pontevedra e Vigo, dun programa universitario específico denominado Programa universitario para maiores, no exercicio 2025.

19.9.2025

32.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello da Peroxa, para a colaboración no financiamento do programa «Tecendo vínculos: Maiores activos na Peroxa» para o exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento mediante a concesión dunha subvención de carácter directo por parte da Consellería de Política Social e Igualdade do programa «Tecendo vínculos: Maiores activos na Peroxa» que o Concello da Peroxa ten previsto desenvolver, durante o ano 2025.

25.9.2025

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Axencia Galega de Innovación (Gain) para a colaboración e compartición de coñecemento no marco do proxecto sistema intelixente relacional para o acompañamento (SIRA).

Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade, como entidade promotora do proxecto SIRA e a Axencia Galega de Innovación (Gain), como entidade colaboradora, co fin de impulsar de xeito conxunto o deseño, a implementación e a avaliación do proxecto.

25.9.2025

Non comporta compromisos económicos.

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), para a colaboración e compartición de coñecemento no marco do proxecto Sistema intelixente relacional para o acompañamento (SIRA).

Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade, como entidade promotora do proxecto SIRA e a Amtega como entidade colaboradora, co fin de impulsar de xeito conxunto o deseño, a implementación e a avaliación do proxecto.

25.9.2025

Non comporta compromisos económicos.

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (Acis) para a colaboración e transferencia de coñecemento no marco do proxecto Sistema intelixente relacional para o acompañamento (SIRA).

Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade, como entidade promotora do proxecto SIRA e Acis, como entidade colaboradora, co fin de impulsar de xeito conxunto o deseño, a implementación e a avaliación do proxecto.

25.9.2025

Non comporta compromisos económicos.

Convenio de Colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello de Castrelo de Miño, para a realización do proxecto «Estamos preto de ti» de atención e prevención da dependencia para persoas maiores, no exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade a través da concesión directa dunha subvención pública das actuacións que o Concello de Castrelo de Miño ten previsto desenvolver durante o ano 2025, de cara á realización do proxecto «Estamos preto de ti».

29.10.2025

58.671,00 €

Convenio de Colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello de Muíños, para a colaboración no financiamento do programa «Comedor sobre rodas» para o exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade a través da concesión directa dunha subvención pública das actuacións que o Concello de Muíños, ten previsto desenvolver durante o ano 2025, de cara á realización do programa «Comedor sobre rodas» para o exercicio 2025.

29.10.2025

55.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello de Lousame, para o financiamento do proxecto integral de atención e prevención da dependencia «Maiores en marcha» no exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade a través da concesión directa dunha subvención pública do proxecto integral de atención e prevención da dependencia «Maiores en marcha» que o Concello de Lousame ten previsto desenvolver

durante o ano 2025.

4.11.2025

61.598,69 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e os colexios oficiais farmacéuticos da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra na información do teléfono da Soidade non Desexada para o ano 2025.

Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e os colexios oficiais de farmacéuticos da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, para proporcionar información sobre a existencia e utilidade do teléfono da Soidade non Desexada en Galicia durante o ano 2025.

24.11.2025

Non comporta compromisos económicos.

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación Galega de Comercio na información sobre a existencia e utilidade do teléfono da Soidade non Desexada para o exercicio 2025.

Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación Galega de Comercio para proporcionar información sobre a existencia e utilidade do teléfono da Soidade non Desexada durante o ano 2025.

24.11.2025

Non comporta compromisos económicos.

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Colexio de Administradores de Predios de Galicia na información sobre a existencia e utilidade do teléfono da Soidade non Desexada para o exercicio 2025.

Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Colexio de Administradores de predios de Galicia para proporcionar información sobre a existencia e utilidade do teléfono da Soidade non Desexada durante o ano 2025.

24.11.2025

Non comporta compromisos económicos.

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Concello de Boimorto, para o financiamento do proxecto integral de atención á dependencia para o exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, a través da concesión directa dunha subvención, das actuacións de atención integral á dependencia que o Concello de Boimorto ten previsto desenvolver durante o ano 2025.

2.12.2025

80.000,00 €

Acordo de prórroga do Cconvenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), para o desenvolvemento dun servizo transdisciplinar de apoio para persoas con discapacidade na consecución dos seus proxectos de vida na comunidade no exercicio 2025.

Prorrogar o convenio de colaboración asinado o 13 de febreiro de 2024 para o desenvolvemento dun servizo transdisciplinar de apoio para persoas con discapacidade na consecución dos seus proxectos de vida na comunidade no exercicio 2025.

3.9.2025

313.333,33 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación de Dano Cerebral de Compostela, para a ampliación dos espazos do centro de atención de persoas con dano cerebral e as súas familias en Santiago de Compostela, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, no exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade a través da concesión directa dunha subvención destinada aos gastos derivados da execución das obras que permitirán ampliar os espazos do centro para a atención de persoas con dano cerebral e as súas familias, mediante a construción

e/ou adecuación arquitectónica orientados á prestación de servizos de atención terapéutica.

10.9.2025

300.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación de Pais, Profesionais e Amigos de Persoas con Discapacidade Intelectual «Special Olympics Galicia», para a promoción da integración social dirixidas ás persoas con discapacidade intelectual de Galicia e ás súas familias mediante a realización de actividades de deportivas adaptadas, de lecer, formativas e de promoción das persoas voluntarias e o mantemento para o exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento, por parte da Consellería de Política Social e Igualdade do mantemento da entidade e da promoción da integración social e mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias a través da realización de actividades deportivas adaptadas, de lecer, de formación e de promoción das persoas voluntarias que ten previsto desenvolver Special Olympics no ano 2025.

12.9.2025

215.359,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política social e Igualdade e o Concello de Trazo, para a adquisición dun vehículo que facilite a prestación de servizos destinados a persoas maiores, a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, no exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade a través da concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento dos gastos derivados da adquisición dun vehículo adaptado que facilite a prestación de servizos destinados a persoas maiores, a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade residentes no Concello de Trazo.

19.9.2025

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e «Amicos», Asociación Amicos para a atención e integración de persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise-dano cerebral e as súas familias, para a ampliación no centro de atención integral para persoas con discapacidade, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU, no exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social e Igualdade a través da concesión directa dunha subvención á asociación destinada aos gastos derivados da execución das obras de ampliación no Centro de Atención Integral para Persoas con Discapacidade en Boiro, A Coruña.

26.9.2025

98.073,38 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para a execución da fase final: subfase A da construción da nova sede, no exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención á Cogami destinada aos gastos derivados da execución dun proxecto consistente na execución da fase final: subfase A da construción da nova sede da entidade.

11.11.2025

550.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación Galega de Asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento (Fademga Plena Inclusión Galicia) para a execución dun proxecto de obras de conservación, mantemento e dotación de investimentos destinado ás súas entidades federadas, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU nos anos 2025 e 2026.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención á federación destinada aos gastos derivados da execución de obras, reformas, mantemento e adquisición de equipamentos nos centros das entidades federadas con concerto social, co obxectivo de transformar, modernizar e mellorar os espazos e a prestación dos servizos en termos de calidade, seguridade e accesibilidade, cuxa distribución non ten máis limitación.

19.11.2025

750.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e o Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia, para contribuír ao financiamento do mantemento da entidade para o exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento a través dunha subvención de carácter directo para o mantemento de Cermi de Galicia, co fin de prestar servizos ás organizacións e entidades que a constitúan, dedicadas á atención das persoas con discapacidade, para a defensa dos dereitos destas persoas, no exercicio 2025.

29.12.2025

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e Saúde Mental Feafes Galicia (Federación Galega de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia) para o financiamento do «Programa de apoio socioeducativo comunitario e prevención da dependencia no rural» e para o «Programa tecendo saúde mental» para persoas con enfermidade mental na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública, do programa específico orientado ao apoio socioeducativo comunitario e a prevención das situacións de dependencia no medio rural para persoas con enfermidade mental en Galicia, así como o Programa tecendo saúde mental que Saúde Mental Feafes Galicia (Federación Galega de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia), ten previsto desenvolver durante o ano 2025.

29.12.2025

70.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (Fademga Plena Inclusión Galicia) para o desenvolvemento do programa igualdade e prevención do abuso dentro dos centros penitenciarios, e do programa de conciliación familiar no ano 2025.

Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención, por parte da Consellería de Política Social e Igualdade do Programa igualdade e prevención do abuso dentro dos centros penitenciarios, e do Programa de conciliación familiar que Fademga Plena Inclusión Galicia ten previsto desenvolver no ano 2025.

29.12.2025

55.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Fundación Sálvora, entidade galega de apoio na toma de decisións das persoas con discapacidade, para o financiamento das actuacións da entidade en relación cos apoios no exercicio da capacidade xurídica das persoas con discapacidade intelectual no exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención por parte da Consellería de Política Social e Igualdade, das actuacións da Fundación Sálvora no ano 2025 que están relacionadas cos apoios no exercicio da capacidade xurídica das persoas con discapacidade intelectual que se encontran baixo a súa protección.

29.12.2025

127.311,08 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e igualdade e a Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual, Aspas, para o financiamento do programa especializado consistente na prestación do servizo de transporte adaptado e accesible para persoas con discapacidade intelectual con grandes necesidades de apoio, no eido do rural no exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento a través da concesión directa dunha subvención, por parte da Consellería de Política Social e Igualdade á Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual, Aspas, destinada aos gastos derivados da posta en marcha dun programa consistente nun servizo especializado de transporte adaptado de carácter extraordinario.

29.12.2025

101.173,92 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación de Pais, Profesionais e Amigos de Persoas con Discapacidade Intelectual «Special Olympics Galicia», para a realización de actividades do aniversario, evento nacional, e outras actividades de lecer e deporte de Special Olympics Galicia para persoas con discapacidade intelectual, persoas de apoio, persoas voluntarias e familias para o exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención, para a realización de actividades do aniversario, evento nacional, e outras actividades de lecer e deporte de Special Olympics Galicia para persoas con discapacidade intelectual, persoas de apoio, persoas voluntarias e familias para o exercicio 2025.

29.12.2025

110.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación de Dano Cerebral de Compostela «Sarela» para a posta en marcha dun programa consistente na prestación dun servizo especializado de transporte adaptado destinado a persoas con dano cerebral grave residentes no rural no exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención destinada ao financiamento dos gastos derivados da posta en marcha dun programa consistente nun servizo especializado de transporte adaptado de carácter extraordinario destinado a persoas residentes no rural que reciben servizos de atención diúrna terapéutica na Asociación de Dano Cerebral de Compostela «Sarela», na rúa Pedro Cabezas González, 3, en Santiago de Compostela.

29.12.2025

87.515,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade, e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, para o programa do incremento dos servizos de accesibilidade universal a través da comunicación social e a sociedade da información no exercicio 2025.

Contribuír ao financiamento, a través da concesión directa dunha subvención pública, á posta en marcha das actuacións que a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia ten previsto desenvolver durante o ano 2025 a través dun programa específico para incrementar a accesibilidade universal a través da comunicación social e da sociedade da información.

29.12.2025

149.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Asociación de Executivas de Galicia, para a visualización e apoio á promoción da igualdade a través do proxecto «Referentes Galegas».

Modificar a cláusula dos gastos subvencionables e a cláusula da xustificación da subvención destinada ao proxecto «Referentes Galegas» mediante o cal se dan a coñecer mulleres expertas das diferentes áreas de coñecemento e se recoñece o talento e o liderado feminino.

9.9.2025

Non comporta compromisos económicos.