DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Venres, 6 de febreiro de 2026 Páx. 11243

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 23 de xaneiro de 2026 pola que se modifica a autorización do CPR Cesforem Formación, de Vigo (Pontevedra).

A representación da titularidade do centro privado (CPR) Cesforem Formación, de Vigo, solicita a modificación da autorización para impartir o ciclo formativo de grao medio (CM) Coidados auxiliares de enfermaría.

Logo de tramitar o expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización do CPR Cesforem Formación, de Vigo, para impartir o CM Coidados auxiliares de enfermaría. O centro queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Cesforem Formación.

Código do centro: 36025301.

Domicilio: rúa Condesa Casa Bárcena, nº 11, baixo.

Localidade: Vigo.

Código postal: 36204.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Formación Profesional y Certificados de Galicia, S.L.

Composición resultante:

Réxime ordinario, modalidade presencial.

• 1 CM Farmacia e parafarmacia (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Coidados auxiliares de enfermaría (1 unidade para 20 alumnos/as).

• 1 CS Dietética (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, o Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Revisión da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2026

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional