BDNS (Identif.): 878183.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/878183
Primeiro. Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas físicas que conten cun sistema de saneamento que non cumpra os rendementos de depuración previstos no artigo 4 desta resolución e teñan a autorización de vertedura, ou a solicitasen antes da finalización do prazo de xustificación da subvención, para un sistema de depuración autónomo dunha vivenda unifamiliar instalado no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo. Obxecto
Establecer as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a particulares para a renovación de sistemas de saneamento no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, e convocar estas subvencións para o ano 2026 (código de procedemento AU300C).
Terceiro. Bases reguladoras
Publícase conxuntamente este extracto coa Resolución do 26 de decembro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a particulares para a renovación de sistemas de saneamento no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento AU300C).
Cuarto. Importe
As subvencións reguladas ao abeiro desta resolución financiaranse con cargo á conta financeira 6568 (subvencións de capital a familias e institucións sen fin de lucro) da entidade pública empresarial Augas de Galicia, por importe de douscentos mil euros (200.000,00 €), aplicación orzamentaria 06.82.542B.781.0.
O importe das subvencións será do 100 % do investimento da actuación proposta, incluído o imposto sobre o valor engadido (IVE), ata esgotar o crédito da convocatoria, co límite máximo de catro mil euros (4.000 €) por vivenda unifamiliar.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas do día 16 de febreiro de 2026 e rematará ás 14.00 horas do día 16 de marzo de 2026.
Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2025
Ángeles Vázquez Mejuto
Presidenta de Augas de Galicia
