O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de decembro de 2025, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a delegación de competencias que realizou o Concello de Covelo por Acordo do Pleno na sesión do 14 de novembro de 2025, para desenvolver as facultades íntegras de recadación en voluntaria e inspección da taxa por entrada de vehículos a través de beirarrúas e reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase.
A citada delegación se realizará pola Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.
O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.
Pontevedra, 26 de decembro de 2025
O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Delegación efectuada por R.P. nº 2025008021, do 3.10.2025)
Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Deputado delegado de Xestión Tributaria, Patrimonio, Formación e Emerxencias
