De conformidade co artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e ante a imposibilidade de efectuar a notificación aos titulares dos bens que se relacionan a continuación, comunícase ás persoas responsables a súa obrigación legal de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas nas parcelas sinaladas a seguir, imposta polo artigo 22.1 da citada Lei 3/2007, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:
|
Número de expediente |
Referencia catastral |
Parroquia |
Titulares catastrais |
|
2025/V001/000110 |
15005A06100146 |
Oseiro |
J.M.M.B |
|
2025/V001/000144 |
15005A09400008 |
Suevos |
A.A.I.D.I |
|
2025/V001/000160 |
15005A08800173 |
Suevos |
A.C.R (H.D) |
|
2025/V001/000232 |
15005A00800065 |
Arteixo |
M.P.P |
|
2025/V001/000233 |
15005A01800010 |
Barrañán |
T.C.C |
|
2025/V001/000242 |
15005A09300037 |
Suevos |
J.S.M (H.D) |
|
2025/V001/000268 |
15005A00800284 |
Arteixo |
En investigación |
|
2025/V001/000344 |
15005A08700029 |
Oseiro |
En investigación |
|
2025/V001/000344 |
15005A08700008 |
Oseiro |
J.S.C |
|
2025/V001/000344 |
15005A08700009 |
Oseiro |
M.P.S (H.D) |
|
2025/V001/000344 |
15005A08700010 |
Oseiro |
M.B.F.G |
|
2025/V001/000344 |
15005A08700011 |
Oseiro |
M.R |
|
2025/V001/000344 |
15005A08700013 |
Oseiro |
M.L.M |
En virtude do anterior, as persoas responsables dispoñen dun prazo máximo de quince días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) para o cumprimento voluntario da obrigación de xestión da biomasa nas parcelas citadas.
Transcorrido o devandito prazo, e en caso de persistencia no incumprimento, o Concello procederá á execución subsidiaria con repercusión á propiedade dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da Lei 3/2007, anteriormente citada, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
Así mesmo, comunícase ás persoas responsables que o contido íntegro das notificacións, así como a totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición no Departamento de Medio Ambiente do Concello de Arteixo.
Arteixo, 15 de xaneiro de 2026
O alcalde
P.D. (Decreto 1243/2025, do 8 de maio)
Víctor Merelas García
Concelleiro con delegación especial de Medio Ambiente
