O Pleno do Concello, na sesión ordinaria que tivo lugar o 18 de decembro de 2025, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
«Primeiro.
Ao abeiro do artigo 42.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, acórdase o cambio de uso dos terreos, de sistema xeral de zonas verdes a sistema xeral de equipamentos de dotacións-dotacional deportivo, de acordo coas condicións establecidas pola Dirección Xeral de Patrimonio.
Os terreos atópanse situados dentro da delimitación do Plan parcial do polígono industrial da Uceira e corresponden ás parcelas coas seguintes referencias catastrais:
• 7491707 NG7979S 0001 AL.
• 7491715 NG7979S 0001 PL.
• 7491716 NG7979S 0001 LL.
Segundo.
Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Ourense, e comunicarllo á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para os efectos da súa inclusión nos sistemas de información urbanística da Comunidade Autónoma».
O contido integro do cambio de uso aprobado pódese consultar fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo; e de forma dixital na sede electrónica deste concello, na páxina web https://carballino.sedelectronica.gal/transparency/, dentro da sección «7. Urbanismo, obras públicas e ambiente»; na subcategoría «7.3. Normativa urbanística».
Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo máximo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpor calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme dereito.
O Carballiño, 12 de xaneiro de 2026
O alcalde
P.D. (Resolución do 3.7.2024)
Jose Rafael Castro-Gil Seijas
Concelleiro de Urbanismo
