DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Luns, 9 de febreiro de 2026 Páx. 11692

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Carballiño

ANUNCIO polo que se aproba definitivamente o expediente do Plan especial de reforma interior (PERI) AR-15 do PXOM (expediente 397/2022).

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do o xoves 18 de decembro de 2025, adoptou, entre outros, o acordo de aprobación definitiva do Plan especial de reforma interior da AR-15 (expediente 397/2022).

Consta no certificado do Pleno os seguintes acordos: 

«Primeiro. Polo Concello do Carballiño, e segundo versión asinada dixitalmente pola redactora do proxecto con data 29.9.2025.

Segundo. Publicar a aprobación definitiva do referido Plan especial no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Esta publicación deberá realizarse no prazo dun mes desde a adopción do acordo de aprobación definitiva.

Terceiro. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, á consellería competente en materia de Urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, xuntando un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado.

Cuarto. Notificar individualmente a aprobación definitiva do Plan especial a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados ás que xa se lle notificase a súa aprobación inicial, de conformidade co artigo 186.4 do Regulamento da Lei 2 /2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro».

O contido íntegro do cambio de uso aprobado pódese consultar fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo; e de forma dixital na sede electrónica deste concello, na páxina web https://carballino.sedelectronica.gal/transparency/, dentro da sección «7.Urbanismo, obras públicas e ambiente»; na subcategoría «7.3. Normativa urbanística».

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, se poderá interpor recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que puidese estimar máis conveniente ao seu dereito.

O Carballiño, 13 de xaneiro de 2026

O alcalde
P.D. (Resolución do 3.7.2024)
José Rafael Castro-Gil Seijas
Concelleiro de Urbanismo