DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 2026 Páx. 12121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

ANUNCIO do 22 de xaneiro de 2026, da Área Provincial de Turismo da Coruña, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento TU986D competencia desta área provincial.

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación (por dúas veces) da resolución ditada polo director da Axencia de Turismo de Galicia no enderezo do interesado sen que estas se puidesen realizar, notifícaselle a resolución á persoa citada no anexo, emprazándoa para que no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou mediante persoa debidamente acreditada na Área Provincial de Turismo da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o contido íntegro da resolución. Advírteselle de que, de non comparecer, se lle dará por notificada.

Contra a resolución, que se notifica neste acto, poderá interpor recurso potestativo de reposición ante a Axencia de Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2026

Ana T. Cimas Hernando
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: vivenda de uso turístico denominada Esperante.

Titular: María Luisa Valdes Aguirre.

Enderezo: rúa Esperante, 9, baixo.

Concello: 15183 Carral.