DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 2026 Páx. 11937

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta de produtores forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027, e se convoca para o ano 2026 (código de procedemento MR608F).

O Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013, establece o marco das axudas comunitarias ao desenvolvemento rural.

O Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023- 2027, aprobado pola Decisión de execución da Comisión Europea C(2022) 6017 final, do 31 de agosto de 2022, e modificado pola Decisión de execución da Comisión Europea C(2025) 5713 final, do 14 de agosto de 2025, recolle no seu número 5.3, Intervencións sobre o desenvolvemento rural, a intervención 7191, Proxectos de cooperación para promover as organizacións ou grupos de produtores.

A maior parte das persoas propietarias forestais particulares en Galicia dispoñen de parcelas de monte dunha dimensión que resulta insuficiente para aplicar unha xestión viable e profesionalizada. A análise do grao de parcelación ofrece resultados variables dunhas comarcas a outras e algúns estudos socioeconómicos na Comunidade Autónoma indican diferentes perfís de propietarios, con distintos obxectivos e criterios de xestión forestal en propiedades de tamaños variables, prevalecendo, con todo, unha gran maioría de parcelas con dimensións moi reducidas, insuficientes para unha xestión eficiente.

Para o caso concreto do monte privado particular/familiar, o minifundismo favorece unha produtividade e rendibilidade unitaria pouco elevada, agravado pola carencia de pautas adecuadas de silvicultura debidamente organizada, o que se acompaña dunha falta de capitalización, dunha dificultade para a comercialización de produtos forestais en calidade e cantidade e dunha baixa competitividade.

As organizacións de persoas propietarias forestais teñen o propósito xeral de representar os intereses das persoas asociadas e promover a rendibilidade das actividades forestais, así como o fomento da ordenación e xestión sustentable do monte. Actualmente, tal como reflicten as estatísticas forestais para Galicia, existen 24 agrupacións forestais de xestión conxunta que abranguen unha superficie total de 3.445,41 hectáreas.

As agrupacións de xestión conxunta son un dos principais instrumentos de recuperación de terras agroforestais que recolle a Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, que se caracterizan pola realización dos procesos de xestión por parte das persoas propietarias ou titulares de dereitos de usos ou aproveitamentos a través das súas agrupacións, sen incorporar procedementos de reestruturación da propiedade.

A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (artigo 122 e seguintes), define e delimita as agrupacións forestais de xestión conxunta, e establece o seu obxecto, os requisitos e o procedemento para o recoñecemento e inscrición no Rexistro Administrativo de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta creado no artigo 126 de dita lei. A Orde do 26 de abril de 2022 pola que se desenvolve a tramitación electrónica das solicitudes para o recoñecemento como agrupación forestal de xestión conxunta (código de procedemento MR608B) e como persoa silvicultora activa (código de procedemento MR608C), desenvolve esta norma.

A Lei de montes define as agrupacións forestais de xestión conxunta como organizacións nas cales se integran persoas propietarias ou titulares de dereitos de aproveitamento de terreos forestais que teñen por obxectivo promover a rendibilidade da actividade silvícola, así como a consecución doutros obxectivos que poidan establecer en relación coa actividade forestal e a promoción da xestión forestal sustentable desde o punto de vista económico, ambiental e social.

Ademais, indica que as agrupacións son un instrumento para a recuperación das áreas rurais e para impedir o seu abandono; favorecer a xestión, produción e comercialización conxunta; servir como instrumento para a conservación do ambiente, a prevención e defensa contra os incendios forestais, a protección fronte a catástrofes e a mitigación e adaptación contra o cambio climático, e a creación de emprego endóxeno, colaborando no aumento da calidade de vida e en expectativas de desenvolvemento da poboación rural.

Posteriormente, a través da Lei 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, modificouse a Lei de montes para, entre outras cousas, distinguir dous tipo de agrupacións forestais de xestión conxunta:

a) Agrupación forestal de xestión conxunta básica, que son aquelas que desenvolven unha ou varias das seguintes actividades: compartir información, técnicas, experiencias, asesoramento ou representación; comercializar os aproveitamentos forestais para acadar unha mellor eficacia no desenvolvemento destas actividades e/ou outras actividades que sexan relevantes para a persoa propietaria forestal, ou titular do dereito de aproveitamento, activa no desenvolvemento da súa actividade forestal.

b) Agrupación forestal de xestión conxunta con base territorial, que son aquelas que, alén de poder desenvolver algunhas das actividades indicadas para as agrupacións básicas, fan unha xestión conxunta no plano territorial e temporal en terreos postos á disposición por persoas propietarias ou titulares de dereitos de aproveitamento de terreos forestais, tomando decisións de manexo e xestión tendo en conta o contorno natural, económico e social no marco dun instrumento de ordenación ou xestión forestal.

Esta medida de fomento está aliñada coa primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 (en diante, 1ª revisión do PFG), Cara á neutralidade carbónica, aprobado polo Decreto 140/2021, do 30 de setembro, que se estrutura en distintos eixes estratéxicos de intervención para o deseño e execución da política forestal galega.

Así, as actuacións da subintervención 7191_01, Agrupacións forestais de xestión conxunta, encaixa no eixe III 1.2, Programa de fomento de agrupacións forestais de xestión conxunta, da 1ª revisión do PFG 2021-2024, que ten por obxecto crear unha verdadeira conciencia de silvicultor no propietario galego de terreos forestais, dándolle absoluta liberdade para que decida o seu grao de compromiso nas diferentes iniciativas de agrupación forestal conxunta existentes, e promovendo os servizos de xestión profesionalizada.

De acordo co artigo 4 da Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regulan o sistema de xestión da política agrícola común e outras materias conexas, en relación co artigo 14, números 2 e 3, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a tramitación electrónica será obrigatoria para todas as persoas solicitantes en todas as fases do procedemento. A experiencia demostrada na xestión destas axudas acadada pola Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal nos últimos anos acredita que os destinatarios destas axudas, aínda sendo nalgúns casos persoas físicas, son un colectivo que ten acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios para relacionarse electronicamente coa Administración.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que me confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para accións de fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta de produtores forestais, en réxime de concorrencia competitiva, e convocalas para o ano 2026 (código de procedemento MR608F).

A finalidade desta orde é establecer unha medida de fomento para a creación de agrupacións forestais de xestión conxunta de produtores forestais (en diante, AFXC) e para apoiar as xa constituídas e inscritas no correspondente rexistro, a través de dúas liñas de axudas:

Liña I: axudas para a creación de agrupacións forestais de xestión conxunta de produtores forestais mediante calquera figura xurídica de natureza civil ou mercantil, que promova, impulse e poña en marcha iniciativas de xestión conxunta sustentable e diversificada de terreos dedicados á actividade forestal. Segundo o tipo de AFXC, podemos ter axuda para:

– Liña I-bas: axudas para a creación de agrupacións forestais de xestión conxunta básicas (en diante, AFXC-básicas).

– Liña I-ter: axudas para a creación de agrupacións forestais de xestión conxunta con base territorial (en diante, AFXC-territorial).

Liña II: axudas para o apoio das agrupacións forestais de xestión conxunta de produtores forestais xa creadas e inscritas no correspondente rexistro para a realización de novos procesos ou actividades non executadas previamente, orientadas a reforzar a actividade das AFXC e a súa capacidade organizativa, técnica e comercial.

2. Esta orde enmárcase na intervención 7191, Proxectos de cooperación para promover as organizacións ou grupos de produtores, subintervención 7191_01, Agrupacións forestais de xestión conxunta, contida no Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 (PEPAC) e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). Esta medida contribúe aos obxectivos de fomento da cooperación, agrupación e incremento da dimensión económica e comercial das organizacións forestais, conforme o disposto no Plan estratéxico PAC 2023-2027.

Artigo 2. Entidades beneficiarias e requisitos

1. Serán entidades beneficiarias da liña I (axudas para creación de AFXC de produtores forestais):

a) Asociacións sen ánimo de lucro constituídas para o auxilio, apoio e asesoramento ás persoas propietarias ou titulares dos dereitos de aproveitamento de terreos na planificación da xestión forestal e na xestión e comercialización conxunta dos seus aproveitamentos, sempre que estean compostas por persoas titulares dos indicados dereitos dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Sociedades civís e comunidades de bens.

c) Cooperativas e outras entidades de economía social.

d) Sociedades agrarias de transformación.

e) Sociedades mercantís reguladas na lexislación de sociedades de capital.

f) Sociedades de fomento forestal.

g) Calquera outra entidade que teña por obxecto a recuperación, de forma conxunta, de terras forestais, que desexen inscribirse como unha AFXC e cuxa actividade se desenvolva en terreos forestais no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Dentro da liña I, a entidade solicitante debe optar entre:

1) Liña I-bas (axudas a creación de agrupacións forestais de xestión conxunta básicas): a superficie da agrupación debe pertencer a un mínimo de 3 propietarios diferentes e deben sumar unha superficie mínima que, segundo a tipoloxía, será:

– Masas de frondosas caducifolias, sobreiras e aciñeiras: 10 hectáreas.

– Masas de coníferas: 25 hectáreas.

– Outras masas ou masas mixtas: 50 hectáreas.

2) Liña I-ter (axudas a creación de agrupacións forestais de xestión conxunta con base territorial): deben ter cedida ao seu favor, unha vez completados os traballos para os cales se solicita a subvención, a xestión dun mínimo de 10 hectáreas de terreos forestais situadas dentro de un ou varios perímetros de xestión conxunta que pertenzan a un número mínimo de 3 propietarios diferentes. Cada área (perímetro) que forma parte da agrupación non pode ter unha superficie inferior a 3 hectáreas.

2. Tamén poderán ser entidades beneficiarias da liña I aquelas agrupacións forestais de xestión conxunta básicas que, antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes, estean inscritas no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta regulado no artigo 126 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e soliciten a súa transformación en agrupacións forestais de xestión conxunta con base territorial (liña I-ter).

3. Poderán ser entidades beneficiarias da liña II aquelas agrupacións forestais de xestión conxunta de produtores forestais con base territorial que, antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes, estean inscritas no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta regulado no artigo 126 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, así como aquelas que, dentro do devandito prazo, presentasen a solicitude de inscrición como AFXC territorial no citado rexistro. Neste último caso, a inscrición deberá estar formalizada no rexistro con carácter previo á emisión da proposta de resolución de aprobación.

4. As entidades beneficiarias deben cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha clase de inhabilitación de axudas previstas no seu artigo 10. Ademais, as entidades beneficiarias non deben estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Ademais, tamén deben cumprir os requisitos establecidos no artigo 122 e seguintes da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e nas disposicións contidas nesta orde.

5. Conforme o artigo 20 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) poderán pertencer ás agrupacións forestais de xestión conxunta, preferentemente a aquelas agrupacións que dispoñan, dentro da súa superficie de actuación de xestión conxunta, de parcelas lindeiras co límite do monte veciñal. Coa finalidade de procurar unha explotación máis eficiente e sustentable do monte, as comunidades de montes veciñais en man común terán plena capacidade xurídica para a realización de actos ou negocios xurídicos para pertencer ás agrupacións de xestión conxunta.

Ademais, as CMVMC poderán ceder a xestión de toda ou parte da súa superficie á agrupación forestal de xestión conxunta conforme a lexislación sectorial vixente.

As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, para poder acceder a estas subvencións e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal, con anterioridade ao remate do prazo de solicitude da axuda.

6. Non poderán ser beneficiarias as empresas en crise ou as que teñan unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.

7. Non poderán ser entidades beneficiarias aquelas que resultasen adxudicatarias de axudas da liña I concedidas ao abeiro da Orde do 20 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento e apoio ás agrupacións forestais de xestión conxunta, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR608F), agás nos casos en que a nova solicitude teña por obxecto o cambio de tipoloxía da AFXC (de básica a territorial). Neste caso, será condición necesaria a renuncia expresa á subvención previamente concedida.

8. Non poderán ser entidades beneficiarias aquelas agrupacións ou organizacións que se promoven a través dos plans sectoriais correspondentes. Os membros dunha agrupación subvencionada non poden ser membros doutra promoción de cooperación que recibise apoio económico para o mesmo fin.

9. Os membros da AFXC non poden ser grandes empresas, de conformidade co previsto no artigo 52.1 do Regulamento (UE) 2022/2472. A entidade beneficiaria comprométese a achegar, cando así o requira o órgano xestor, a documentación acreditativa do citado aspecto.

10. Os requisitos para a obtención da axuda e as condicións tidas en conta nos criterios de baremación indicados no artigo 8 deberanse cumprir na data de finalización do prazo de solicitude.

Artigo 3. Intensidade e compatibilidade da axuda

1. A intensidade da axuda poderá ser de ata o 100 % do investimento total subvencionable e o importe de axuda que percibirá cada entidade beneficiaria non poderá superar os 51.000 euros.

2. A concesión da axuda será incompatible coa percepción doutras axudas ou convenios de colaboración para a mesma finalidade e obxecto.

3. Tanto na solicitude da axuda como na solicitude de pagamento, a persoa beneficiaria deberá sinalar o detalle doutros ingresos ou subvencións que financien a actividade subvencionada, con indicación do importe e da súa procedencia.

4. O IVE non é subvencionable.

Artigo 4. Actuacións obxecto de axuda

1. As actuacións obxecto das axudas e os importes máximos subvencionables son os descritos no anexo IV para cada unha das liñas. As actuacións subvencionables son as seguintes:

a) Para a liña I (axudas para creación de AFXC de produtores forestais) as actuacións subvencionables segundo o tipo de agrupación son:

a.1) Para a liña I-bas:

1) Identificación da iniciativa de constitución de AFXC básica.

2) Gastos de tramitación e inscrición da entidade solicitante.

3) Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos de cada referencia catastral.

4) Inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.

a.2) Para a liña I-ter:

1) Actuacións iniciais:

a. Listaxe identificativa da superficie da iniciativa de constitución da AFXC.

b. Listaxe do tipo de participación da persoa socia.

c. Documentación acreditativa da disposición dos dereitos de uso da superficie das terras de natureza forestal para incluír na AFXC.

d. Cartografía poligonal da superficie de xestión conxunta.

2) Gastos de tramitación e inscrición da entidade solicitante.

3) Revisión do parcelario e estado das parcelas.

4) Investigación da titularidade.

5) Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos de cada referencia catastral.

6) Inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.

b) Para a liña II (axudas para o apoio das AFXC de produtores forestais creadas e inscritas) as actuacións subvencionables son:

1) Revisión do parcelario e estado das parcelas que supoñen unha ampliación da AFXC.

2) Investigación da titularidade das parcelas que supoñan unha ampliación da AFXC.

3) Boa gobernanza das Sofor.

4) Implantación dos sistemas de certificación internacionalmente recoñecidos e incorporación de servizos ecosistémicos.

5) Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos de cada referencia catastral.

6) Inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.

7) Gastos de xestión, mantemento e representación.

2. As actuacións indicadas nas liñas I e II non son compatibles, xa que as primeiras se dirixen á constitución ou creación de AFXC, mentres que as segundas procuran a consolidación e o pulo necesario daquelas agrupacións xa constituídas con base territorial para a realización de novos procesos ou actividades non executadas previamente.

3. Serán subvencionables os custos derivados das actuacións relacionadas no punto primeiro realizadas entre o 1 de xaneiro de 2026 e o 30 de xuño de 2027.

Artigo 5. Requirimentos mínimos para solicitar axudas e superficies de aplicación

1. Os requirimentos mínimos para a creación dunha agrupación forestal de xestión conxunta (liña I) son os regulados no artigo 122 e seguintes da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

2. Só poderán ser beneficiarias da liña II aquelas agrupacións forestais de xestión conxunta con base territorial que, con anterioridade ao remate do prazo de presentación das solicitudes, estean inscritas no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta regulado no artigo 126 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, así como aquelas que teñan presentada a solicitude de inscrición como AFXC territorial no citado rexistro antes do dito prazo.

3. Esta orde será de aplicación aos montes ou terreos forestais (en diante, terreo), segundo a definición do artigo 2 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con exclusión de:

a) Superficies en concentración parcelaria en execución, soamente poden ser aprobadas as axudas solicitadas naquelas superficies en que o acordo de concentración parcelaria sexa firme antes do remate do prazo de solicitude destas axudas.

b) As superficies incluídas nun proceso iniciado de expropiación forzosa non se poderán beneficiar destas axudas.

c) As superficies forestais con convenio ou consorcio coa Administración forestal en vigor, agás que estea asinado con propietarios privados particulares ou con montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo.

4. Tal como establece o artigo 122 quáter da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, os terreos incluídos dentro do ámbito dunha determinada agrupación forestal de xestión conxunta non poderán formar parte doutra agrupación.

Artigo 6. Condicións técnicas xerais

1. As limitacións e condicións técnicas xerais de cada actuación obxecto da axuda son as descritas no anexo V (limitacións e condicións técnicas mínimas das actuacións subvencionables para a liña I (creación de AFXC) e a liña II (apoio a AFXC) para cada unha das liñas e actuacións.

2. Aquelas solicitudes ao abeiro da liña I só serán obxecto de percepción da axuda se finalmente a agrupación é inscrita no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta establecido no artigo 126 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Artigo 7. Compromisos

1. As entidades beneficiarias da axuda comprométense a manter a actividade da agrupación forestal de xestión conxunta, desde a data de inscrición no Rexistro de Agrupación Forestais de Xestión Conxunta, un mínimo de 10 anos para as AFXC territoriais creadas (liña I-ter), 3 anos para as AFXC básicas creadas (liña I-bas) e 10 anos para as AFXC que figuran xa inscritas na data de solicitude (liña II), e a cumprir os requirimentos establecidos no artigo 122 e seguintes da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

2. A entidade beneficiaria comprométese en todo momento a facilitar as tarefas de inspección ao persoal adscrito á consellería competente no medio rural.

3. A entidade beneficiaria comprométese a achegar, cando así o requira o órgano xestor, a documentación acreditativa de que os membros da AFXC non son grandes empresas, de conformidade co previsto no artigo 52.1 do Regulamento (UE) 2022/2472.

4. No caso de cesións de pagamento, a persoa titular da conta bancaria debe coincidir coa cesionaria e comprometerse a manter a conta aberta ata o final do proceso de xestión da axuda.

5. Se a entidade beneficiaria desenvolve actividade comercial durante o período subvencionable, deberá comunicar tal circunstancia ao órgano xestor, para os efectos do disposto no artigo 77.8, letra b), do Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021.

6. A entidade beneficiaria comprométese, tras a execución das actividades financiadas, a produción de bens ou servizos.

Artigo 8. Criterios de selección

1. As solicitudes que cumpran os criterios e requisitos da orde priorizaranse, en orde decrecente, segundo os seguintes criterios de baremación, e ordenaranse de acordo con estes criterios de prioridade. Aprobaranse os proxectos de maior a menor puntuación ata esgotar o orzamento asignado á liña de axudas:

i. Número de persoas socias/propietarias da AFXC, ata un máximo de 50 puntos. Para a liña II (entidades inscritas) segundo os datos que figuren no Rexistro de AFXC. Para a liña I (entidades non inscritas) o número de persoas socias que figuren na acta de constitución da entidade xurídica e, de ser o caso, nas addendas de ampliación da base societaria. A gradación será a seguinte:

• 50 ou mais socios: 50 puntos.

• De 26 a 49 socios: 40 puntos.

• De 3 a 25 socios: 30 puntos.

ii. Superficie da AFXC, ata un máximo de 30 puntos (de 0 a 30 puntos). Para a liña II (entidades inscritas) segundo os datos que figuren no Rexistro de AFXC, outorgándolle a maior puntuación á entidade solicitante con maior número de superficie e ao resto a que lle corresponda en proporción. As entidades non inscritas no Rexistro de AFXC recibirán 0 puntos neste criterio.

iii. A empresa ou persoa individual executora da/s actuación/s obxecto de subvención está inscrita no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor): 20 puntos.

2. A puntuación máxima será de 100 puntos, mentres que a mínima será de 30 puntos ou cumprir, polo menos, dous criterios de selección. En caso de empate, desempatarase polos seguintes criterios e na orde que se establece:

1) A superficie da AFXC está en zonas con limitacións naturais ou limitacións específicas de acordo co artigo 32.1.a) do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ás axudas ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello.

2) A superficie da AFXC contén zonas de Rede Natura 2000.

3) Se AFXC ten superficie en montes en que existan masas consolidadas de frondosas autóctonas rexistradas, ou en proceso de inscrición, no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.

4) Maior superficie de actuación.

5) Maior importe de subvención.

Artigo 9. Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible (anexo I) na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. A entidade interesada deberá presentar unha solicitude, dirixida á Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da provincia onde radique o terreo obxecto de actuación, axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo I (solicitude), que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 11 desta orde, xunto cos anexos que sexan necesarios.

3. Toda a información para a presentación de solicitudes está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos.

4. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación das bases reguladoras destas axudas, pero non implica ningún dereito para a peticionaria mentres non exista resolución favorable á petición.

Artigo 10. Prazos de presentación de solicitudes e emenda da solicitude

1. O prazo de presentación de solicitudes será 45 días hábiles para a liña I e 30 días hábiles para a liña II, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

2. Se a solicitude non está debidamente cuberta, non se achega a documentación exixida ou non se reúnen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa solicitante será requirida para que, no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indicarase ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da citada lei.

Artigo 11. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a.1) Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.

a.2) Acreditación do obxecto social e personalidade xurídica da entidade solicitante.

a.3) Unha memoria descritiva económica das actuacións subvencionables polas que pide axuda segundo a liña I ou a liña II, asinada dixitalmente por unha persoa titulada en Enxeñaría de Montes ou Enxeñaría Técnica Forestal, ou titulada universitaria de grao ou posgrao en materia forestal, que conterá como mínimo:

a. Descrición da situación de partida.

b. Obxectivos que se pretende acadar.

c. Actuacións solicitadas ao abeiro do disposto no artigo 4 e no anexo IV (actuacións e importes máximos dos investimentos) xustificadas consonte os obxectivos declarados no punto anterior.

d. Valoración económica das actuacións solicitadas calculada segundo os importes (sen IVE) ou coas fórmulas que se relacionan no anexo IV (actuacións e importes máximos dos investimentos).

e. Resultados e melloras previstas tras a execución das actuacións.

a.4) Tres ofertas de diferentes provedores, en que figurarán detalladas as actuacións que se van realizar (desagregación de todas as actuacións polas cales se solicita axuda por custos unitarios de unidades de obra).

Na formulación das ofertas, a moderación de custos debe establecerse nos termos previstos no artigo 82 do Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas de la política agrícola común, e no número 5.2.1, letra f), do Plan galego de controis.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e cando a elección non recaia na proposta económica máis favorable deberá xustificarse expresamente nunha memoria. Ademais, non se admitirán as ofertas que procedan de empresas vinculadas entre elas nin coa entidade solicitante da axuda.

Estas ofertas deberán estar asinadas e incluír, como mínimo, o CIF ou NIF, nome e enderezo da empresa ou persoa ofertante, o nome ou razón social da solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados e o seu importe unitario.

Por outra banda, non poderá haber vinculación entre a persoa solicitante da axuda e calquera dos ofertantes e, en referencia ao artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en ningún caso poderá concertar a beneficiaria a execución das actividades subvencionadas con persoas ou entidades vinculadas coa dita beneficiaria. Para estes efectos, consideraranse persoas ou entidades vinculadas aquelas que estean nalgún dos casos establecidos no artigo 18 da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do imposto sobre sociedades.

a.5) Plan ou proxecto de cooperación, asinado dixitalmente por unha persoa titulada en Enxeñaría de Montes ou Enxeñaría Técnica Forestal, ou titulada universitaria de grao ou posgrao en materia forestal, que conterá como mínimo:

a. A situación inicial de partida e integrantes no proxecto.

b. As fases e obxectivos para o desenvolvemento de actividades da cooperación que se van realizar.

c. Detalles das actuacións, que inclúan investimentos e gastos asociados, acreditación da viabilidade técnica, económica e financeira.

d. Previsión da produción anual nos próximos 10 anos estimada de aproveitamentos forestais, é dicir, todos os aproveitamentos que teñen como base territorial o monte e, en especial, os madeireiros e leñosos, incluída a biomasa forestal e as fibras naturais, e os non madeireiros, como a cortiza, os pastos, a caza, os froitos, os fungos, as plantas aromáticas e medicinais, os produtos apícolas e os demais produtos e servizos con valor de mercado característicos dos montes, incluídas as resinas, o almacenamento de carbono e outros servizos ecosistémicos.

a.6) Documentación acreditativa dos criterios de baremación segundo o establecido no artigo 8, salvo para os criterios i) e ii) das AFXC inscritas (liña II), que os comprobará o órgano instrutor. A información achegarase nun único arquivo en formato pdf e co nome «baremo_acronimodaentidadesolicitante.pdf».

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. Nos supostos de imposibilidade material de obter algún dos anteriores documentos, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Artigo 12. Trámites posteriores á presentación das solicitudes

Todos os trámites administrativos que a entidade interesada deba realizar tras a presentación da solicitude de axuda deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal).

Artigo 13. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

1) NIF da entidade solicitante e, se for o caso, da entidade cedente.

2) DNI/NIE da persoa representante da entidade solicitante e, se for o caso, da entidade cedente.

3) DNI/NIE da persoa cesionaria (se for o caso).

4) NIF da entidade cesionaria (se for o caso).

5) DNI/NIE da persoa representante da entidade cesionaria (se for o caso).

6) Estar ao día no pagamento das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social a entidade solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria.

7) Estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria a entidade solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria.

8) Estar ao día no pagamento das obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia a entidade solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria.

9) Estar inhabilitada a entidade solicitante para obter subvencións públicas.

10) Consulta de axudas e subvencións de minimis ampliado.

11) Consulta de concesións ampliado.

12) Inscrición no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta.

13) Consulta de axudas de Estado.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 14. Instrución, resolución e recursos

1. Os órganos competentes para tramitar esta orde de axudas son a Subdirección Xeral de Recursos Forestais da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural e os servizos de Montes dos departamentos territoriais da Consellería do Medio Rural (en diante, servizos provinciais de montes).

2. O órgano instrutor examinará as solicitudes presentadas e requirira aos solicitantes que, no prazo máximo de dez días hábiles, acheguen a documentación non presentada e, no caso de que as solicitudes conteñan defectos ou omisións, as emenden, conforme se establece no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Neste requirimento indicarase ademais que, se non o fai, se terá por desistido da súa petición, logo de notificación nos termos que se recollen no artigo 21 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Unha vez tramitadas as solicitudes, o órgano instrutor proporá a relación de solicitudes que cumpren os requisitos da convocatoria e as que non os cumpren ou non se axustan, indicará a súa causa de incumprimento e remitiraas á subdirección xeral responsable dos recursos forestais.

4. Posteriormente, a subdirección xeral responsable dos recursos forestais emitirá un informe onde se reflictan os criterios de priorización, as solicitudes que, de acordo coa clasificación realizada atendendo a estes criterios, cubrisen a dispoñibilidade orzamentaria, e formulará a proposta de resolución que, de acordo co artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, resolverá a persoa titular da dirección xeral responsable da planificación e ordenación forestal, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural.

5. A aprobación das axudas solicitadas en réxime de concorrencia competitiva axustarase aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

6. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ás persoas interesadas será de cinco meses, contados a partir do día seguinte ao da finalización do prazo para a presentación de solicitudes. Este prazo poderase ampliar segundo o indicado no artigo 23 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso de non se ditar resolución expresa no prazo indicado, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto nos artigos 21 e 25 da Lei 39/2015.

7. As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución.

Artigo 15. Notificación

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, agás o establecido no artigo seguinte, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 16. Publicación de actos

1. As notificacións das resolucións de aprobación e denegación destas axudas realizaranse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, a persoa beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como a indicación das causas da desestimación, e expresaranse, ademais, os recursos que contra a resolución procedan, o órgano administrativo ou xudicial ante o cal deben presentarse e o prazo para interpolos. Tamén figurará a puntuación de todas as solicitudes que entran no procedemento de concorrencia competitiva.

2. Na notificación de concesión da axuda informaranse as persoas beneficiarias de que as intervencións subvencionadas están recollidas no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027 e son cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Artigo 17. Execución dos traballos

1. O prazo máximo para a execución dos traballos subvencionados ao abeiro desta orde remata o 30 de xuño de 2027. Só serán subvencionables os gastos directamente vinculados á execución das actuacións aprobadas que sexan realizados e efectivamente pagados entre o 1 de xaneiro de 2026 e o 30 de xuño de 2027.

2. Atendendo ao artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase conceder a ampliación do prazo de execución establecido, que non exceda a metade del, se as circunstancias o aconsellan e con isto non se prexudican dereitos dun terceiro. Esta ampliación deberá solicitarse, como mínimo, dous meses antes de que acabe o prazo de execución. Os acordos sobre ampliación dos prazos ou sobre a súa denegación non serán susceptibles de recurso.

O órgano instrutor proporá as anteditas ampliacións á persoa titular da subdirección xeral responsable dos recursos forestais, que elevará a proposta á persoa titular da dirección xeral responsable da planificación e ordenación forestal para a súa aprobación con base nas funcións delegadas pola persoa titular responsable do Medio Rural para resolver.

3. Transcorrido o prazo establecido de execución sen ter presentado a xustificación das actuacións subvencionadas a que se fai referencia no artigo 18, requirirase a persoa beneficiaria para que a presente no prazo improrrogable de dez días hábiles. A falta de presentación da solicitude no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e poderá supor a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Así mesmo, no caso de ter presentado a xustificación dos traballos subvencionados, se a entidade beneficiaria é requirida para presentar documentación adicional e non achega esa documentación no prazo establecido no requirimento perderá o dereito ao cobramento total ou parcial da subvención.

Artigo 18. Xustificación das actividades subvencionadas

1. O prazo máximo para presentar a xustificación das actividades subvencionadas remata o 30 de xuño de 2027, e a correspondente xustificación poderá presentarse en calquera momento desde a data de notificación da resolución de concesión ata o remate do citado prazo.

2. As entidades beneficiarias deberán presentar, xunto coa solicitude de pagamento (anexo II), a documentación xustificativa acreditativa do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención, que constará dos seguintes documentos:

a) Facturas ou documentos probatorios de valor equivalente, que cumpran os seguintes requisitos:

1) A expedición das facturas e o seu contido axustarase ao disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.

2) Deben desagregarse os conceptos obxecto de subvención e indicar a actuación ou actuacións a que se imputan.

b) Xustificante bancario do pagamento pola entidade beneficiaria en que conste a data de pagamento, o número da factura obxecto de pagamento, a identificación da persoa que realiza o pagamento, que deberá coincidir coa persoa beneficiaria da axuda, e a identificación do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.

c) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actuacións realizadas e dos resultados obtidos coas unidades desagregadas por parcelas e traballos, de ser o caso, como na resolución de aprobación, de acordo coas epígrafes que figuran no anexo IV (actuacións e importes máximos dos investimentos) e no artigo 4. Deberá estar asinada dixitalmente por unha persoa titulada en Enxeñaría de Montes ou Enxeñaría Técnica Forestal, ou titulada universitaria de grao ou posgrao en materia forestal.

d) Unha memoria económica xustificativa, que conterá, como mínimo, a contía da subvención calculada sobre a base das actuacións cuantificadas na memoria de actuación, de acordo cos datos que figuran no anexo IV (actuacións e importes máximos) e no artigo 4. Deberá estar asinada dixitalmente por unha persoa titulada en Enxeñaría de Montes ou Enxeñaría Técnica Forestal, ou titulada universitaria de grao ou posgrao en materia forestal.

e) Documentación específica de cada actuación subvencionada, da sinalada no anexo VI (documentación acreditativa das actuacións subvencionables), para acreditar o seu cumprimento.

f) No caso de concertar con terceiros a execución total das actividades subvencionadas, a entidade beneficiaria pode ceder o dereito de cobramento da axuda a un terceiro.

Para iso, debe presentar o anexo III (comunicación de cesión dos dereitos de cobramento) asinado, polo representante da entidade cedente e pola persoa cesionaria ou seu representante, xunto coa documentación de formalización da cesión, que pode ser unha copia do documento privado polo que se formalizou a cesión asinado electronicamente ou, de ser o caso, copia do documento público polo que se formalizou a cesión e a xustificación da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (ITPAXD).

Artigo 19. Pagamento

1. Recibida a solicitude de pagamento e a documentación xustificativa das actividades subvencionadas, o órgano instrutor analizará a documentación xustificativa acreditativa do cumprimento e realización da actividade obxecto de subvención e emitirá unha proposta de pagamento que elevará á Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

2. Se da documentación presentada pola entidade beneficiaria para cada actividade queda xustificada unha contía inferior á da subvención inicialmente concedida, o pagamento realizarase pola parte proporcional da contía da subvención efectivamente xustificada na devandita actividade.

3. Os pagamentos calcularanse sobre a base dos importes que se consideren subvencionables durante os controis administrativos realizados por persoal da consellería competente no medio rural, que examinará a solicitude de pagamento presentada pola persoa beneficiaria e determinará os importes subvencionables. No caso de existir sobredeclaración, procederá a penalización de conformidade co establecido no artigo 51 do Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións recollidas no Plan estratéxico da política agrícola común, e se modifican varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027.

4. Os pagamentos das actuacións da liña I realizarase cando a agrupación sexa inscrita no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta establecido no artigo 126 e seguintes da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. Ademais, o pagamento da solicitude que inclúa a actuación de inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas realizarase cando sexa efectiva a inscrición no citado rexistro.

5. O pagamento efectuarase de forma nominativa a favor das entidades beneficiarias e despois da acreditación dos gastos e pagamentos realizados, ata o tope máximo da contía concedida como subvención.

6. Malia o anterior, no caso de que a persoa beneficiaria da axuda se acolla á cesión do dereito de cobramento, establecido no número 3 do artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considerarase efectivamente pagado o gasto coa cesión do dereito de cobramento da subvención a favor das persoas cesionarias, presentada de acordo co artigo 18.2.f).

7. A Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal poderá solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que considere axeitados.

8. O pagamento final da axuda efectuarase unha vez comprobado o cumprimento dos obxectivos establecidos no plan ou proxecto de cooperación presentado pola entidade beneficiaria. Para estes efectos, o órgano xestor deberá verificar, mediante o exame da documentación xustificativa, o cumprimento daqueles obxectivos e fitos que resulten exixibles e verificables durante o período subvencionable, así como a correcta execución das actuacións efectivamente realizadas e susceptibles de comprobación no momento do pagamento, de conformidade co contido do plan e co disposto nesta orde. Todo iso sen prexuízo de que as previsións e estimacións de produción a longo prazo teñan carácter prospectivo e non constitúan, por si mesmas, condición de pagamento.

Artigo 20. Contratación

A persoa beneficiaria poderá concertar con terceiros a execución total das actividades que constitúen o obxecto da subvención, salvo que o impida a súa natureza, nos termos recollidos no artigo 27 e concordantes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 21. Modificación da resolución

1. Se no transcurso da tramitación do expediente de axudas o solicitante precisa introducir modificacións no proxecto, poderá solicitarse unha modificación da resolución de aprobación ante a Dirección Xeral Planificación e Ordenación Forestal, xustificando as razóns do cambio e xuntando a oportuna actualización do expediente que recolle as variacións das actividades previstas no proxecto orixinal.

O prazo para solicitar a modificación da resolución será ata dous (2) meses antes da finalización do prazo para a xustificación dos investimentos. Poderanse modificar as resolucións individuais de axuda, sempre que os novos elementos e circunstancias que motivan a modificación cumpran cos criterios de baremación aplicados para a concesión das axudas, sen que poida supoñer discriminación de terceiros e que non supoña a modificación da puntuación obtida pola aplicación dos criterios de baremación.

2. A solicitude de modificación debe formulala a persoa que exerza a representación legal da entidade beneficiaria, expresando os motivos e os cambios que se propoñen.

3. A autorización da modificación será expresa e por resolución da Dirección Xeral Planificación e Ordenación Forestal, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural, logo da instrución do correspondente expediente de modificación e proposta motivada do órgano instrutor.

4. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión das axudas, así como a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por outras administracións ou outros entes públicos ou privados, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión seguindo o principio de proporcionalidade a que se refire o artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 22. Reintegros e penalizacións

1. Procederá o reintegro total ou parcial das axudas concedidas o abeiro desta orde e dos xuros de demora correspondentes no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión, dos requisitos establecidos no articulado desta orde e, en xeral, nos casos establecidos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Sen menoscabo do establecido no primeiro parágrafo, ás persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de reintegro previsto nos título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Aplicarase a penalizacións tras os controis de subvencionalidade dos gastos da solicitude de pagamento segundo o establecido no artigo 51 do Real decreto 147/2023, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións recollidas no Plan estratéxico da política agrícola común, e se modifican varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027. A penalización que se aplicará calcularanse en función dos importes que non resulten subvencionables tras os controis administrativos realizados por persoal da consellería competente no medio rural, que examinará a solicitude de pagamento presentada polo beneficiario e determinará os importes subvencionables e os que non o son. Ademais, fixará:

a) O importe pagadoiro á persoa beneficiaria en función da solicitude de pagamento e a decisión de concesión. No caso de que o primeiro sexa superior ao segundo, o importe solicitado axustarase ao límite da concesión.

b) O importe pagadoiro á persoa beneficiaria logo do exame da subvencionabilidade do gasto que figure na solicitude de pagamento.

Se o importe fixado conforme a letra a) supera o importe fixado conforme a letra b) en máis dun 10 %, aplicarase unha penalización ao importe fixado conforme a letra b). O importe da penalización será igual á diferenza entre eses dous importes, pero non irá máis alá do importe solicitado.

3. Procederá a penalización por incumprimento dos requisitos de subvencionablidade establecida no artigo 52 do Real decreto 147/2023, do 28 de decembro, que se aplicará segundo a seguinte cualificación:

Execucións inferiores ao 50 % do importe concedido en relación co importe controlado tras o estudo de admisibilidade da solicitude de pagamento, incumprimento que dá lugar á perda do dereito ao cobramento do 100 % da axuda.

4. Non se imporán penalizacións nos supostos relacionados no artigo 5 do Real decreto 147/2023, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións recollidas no Plan estratéxico da política agrícola común, e se modifican varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027.

Artigo 23. Financiamento e distribución do crédito

1. As accións previstas nesta orde financiaranse, nos exercicios 2026 e 2027, con cargo á aplicación 15.03.713B.770, código de proxecto 2024.00106, por un importe de 2.125.000 euros, distribuídos do seguinte xeito:

– 1.125.000 euros no ano 2026.

– 1.000.000 euros no ano 2027.

Estas axudas (intervención 7191, Proxectos de cooperación para promover as organizacións ou grupos de produtores, subintervención 7191_01, Agrupación forestal de xestión conxunta, do PEPAC 2023-2027 de Galicia), están financiadas polo Feader nun 60 %, polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 12 % e pola Xunta de Galicia nun 28 %.

2. Esta orde regúlase mediante tramitación anticipada de gasto, conforme o establecido no artigo 25 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, así como o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, polo que queda condicionada a súa eficacia a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.

3. Sen prexuízo das contías indicadas anteriormente, existe a posibilidade de ampliación de crédito nos supostos previstos no artigo 30 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 xaneiro. Neste caso, o órgano concedente publicará esta ampliación nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

Artigo 24. Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións será de aplicación o disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no título VI do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no título II da Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regulan o sistema de xestión da política agrícola común e outras materias conexas, así como o Real decreto 147/2023, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións recollidas no Plan estratéxico da política agrícola común, e se modifican varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027.

Artigo 25. Obrigas das entidades beneficiarias

1. As persoas beneficiarias destas subvencións e a persoa cesionaria do dereito de cobramento, se for o caso, están obrigadas a someteranse ás actuacións de comprobación e control que realice a Consellería do Medio Rural para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, á autoridade de control e aos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas da Unión Europea.

Despois da certificación final e do pagamento da axuda, a persoa beneficiaria e a persoa cesionaria do dereito de cobramento, se for o caso, deberán pór á disposición dos citados órganos de control a documentación xustificativa dos gastos da totalidade dos traballos, dos pagamentos e demais documentación exixida pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á persoa beneficiaria e á persoa cesionaria do dereito de cobramento, se for o caso.

A maiores, ao tratarse de axudas cofinanciadas cos fondos do Feader, deberán someterse aos específicos controis administrativos sobre o terreo e a posteriori, segundo o recollido no Regulamento de execución (UE) 2022/128 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello sobre os organismos pagadores e outros órganos, a xestión financeira, a liquidación de contas, os controis, as garantías e a transparencia, e o Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común.

Ademais, deberán proporcionar á autoridade de xestión, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegue a realización deste tipo de tarefas toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e a avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento de determinados obxectivos e prioridades, de conformidade co disposto no Regulamento (UE) nº 2021/2115, do 2 de decembro de 2021.

2. A persoa beneficiaria e a persoa cesionaria do dereito de cobramento, se for o caso, están obrigadas a someterse a calquera actuación que a Administración concedente poida realizar para comprobar a aplicación das axudas á finalidade que determinou a súa concesión, o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión e o pagamento da axuda e o mantemento das condicións establecidas nas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión.

3. Así mesmo, son obrigas das persoas beneficiarias da axuda as sinaladas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. As persoas beneficiarias ou outros organismos que participen na execución das intervencións están obrigadas a manter un sistema de contabilidade separado, ou ben un código contable axeitado para todas as transaccións relativas a unha operación, segundo o establecido no artigo 123.2.b).i) do Regulamento 2021/2115.

5. De conformidade co Regulamento (UE) 2021/2116, toda persoa ou entidade que reciba fondos da Unión debe cooperar na protección dos intereses financeiros desta. No caso de bases reguladoras, exíxese ás persoas ou entidades potenciais beneficiarias a obriga de asumir a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no ámbito de xestión da entidade, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude no ámbito dos fondos Feader.

Artigo 26. Medidas informativas e publicitarias

As persoas beneficiarias deben cumprir cos requisitos en materia de información, publicidade e visibilidade relacionados coas axudas da Unión e o Plan estratéxico da PAC recollidos no Regulamento de execución (UE) 2022/129 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, e na Instrución ARX PEPAC 01/2023 información, publicidade e visibilidade. En particular:

a) Todas as actividades de información e publicidade que leven a cabo as persoas beneficiarias deberán destacar o apoio dos fondos á operación e incorporar:

a. O logotipo da Xunta de Galicia.

b. O emblema da Unión Europea e, xunto a el, a declaración «Financiado pola Unión Europea» ou «Cofinanciado pola Unión Europea», que figurará sen abreviar.

c. O logotipo xeral oficial do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).

d. Referencia á axuda do Feader a través do PEPAC, indicando o cofinanciamento pola Unión Europea, a porcentaxe de cofinanciamento e o montante total da axuda.

b) Cando a entidade beneficiaria dispoña dun sitio web e/ou contas oficiais nas redes sociais, deberá incorporar, ademais do disposto no punto anterior, unha breve descrición da operación que recibe os fondos europeos, de maneira proporcionada ao nivel da axuda, e indicará os seus obxectivos e resultados.

c) A entidade beneficiaria exhibirá, nun lugar visible para o público, un cartel ou unha pantalla electrónica equivalente, nos termos establecidos na Instrución ARX PEPAC 01/2023 información, publicidade e visibilidade, en que se visibilice o financiamento do Feader.

Artigo 27. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 28. Réxime xurídico

1. As axudas reguladas nesta orde enmárcanse nas intervencións contidas no Plan estratéxico da política agrícola común de España 2023-2027 (PEPAC) e cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), polo que o marco normativo básico é o seguinte:

– Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) 1305/2013 e (UE) 1307/2013.

– Regulamento (UE) 2021/2116, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común, e polo que se derroga o Regulamento (UE) 1306/2013.

– Regulamento de execución (UE) 2022/129 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen normas para os tipos de intervención relativos ás sementes oleaxinosas, ao algodón e aos subprodutos da vinificación en virtude do Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, así como para os requisitos en materia de información, publicidade e visibilidade relacionados coa axuda da Unión e os plans estratéxicos da PAC.

– Regulamento de execución (UE) 2022/128 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello sobre os organismos pagadores e outros órganos, a xestión financeira, a liquidación de contas, os controis, as garantías e a transparencia.

– Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC) de España para a axuda da Unión financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2025) 5713 final, do 14 de agosto de 2025.

– Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regulan o sistema de xestión da política agrícola común e outras materias conexas.

– Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común.

– Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións recollidas no Plan estratéxico da política agrícola común, e se modifican varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

– Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

– Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

– Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

– Orde do 26 de abril de 2022 pola que se desenvolve a tramitación electrónica das solicitudes para o recoñecemento como agrupación forestal de xestión conxunta (código de procedemento MR608B) e como persoa silvicultora activa (código de procedemento MR608C).

– Decreto 45/2011, do 10 de marzo, polo que se regula o fomento das agrupacións de propietarios forestais, os requisitos e cualificación das sociedades de fomento forestal e a creación do seu rexistro.

– Circular de coordinación 37/2023 relativa ao Plan nacional de controis das intervencións de desenvolvemento rural non establecidas no ámbito do sistema integrado do período 2023-2027 incluídas no Plan estratéxico da política agrícola común.

– Plan galego de controis, Intervencións PEPAC 2023-2027–Réxime Feader non SIXC.

– Instrución ARX PEPAC 01/2023 información, publicidade e visibilidade.

2. Sen prexuízo das normas específicas de aplicación para o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e para a execución do Plan estratéxico da política agrícola común de España 2023-2027 (PEPAC) que se poidan establecer, e na falta do previsto nesta normativa, aplicaranse as normas de dereito administrativo, incluídas as sectoriais, así como as normas de dereito privado ou outras de ámbito nacional ou europeo que poidan resultar aplicables.

Disposición adicional primeira. Base de datos nacional de subvencións

De conformidade co establecido nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 130/2019, do 8 de marzo, polo que se regula a Base de datos nacional de subvencións e a publicidade das subvencións e demais axudas, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional segunda. Protección de datos das persoas físicas

De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude, dos aspectos básicos previstos no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Infórmanse as persoas beneficiarias da publicación de datos que lles concirnen de conformidade co artigo 98 do Regulamento (UE) 2021/2116 e de que os ditos datos poderán ser tratados por organismos de auditoría e investigación da Unión e dos Estados membros para protexer os intereses financeiros da Unión, de conformidade co artigo 99 do Regulamento (UE) 2021/2116.

Disposición adicional terceira. Réxime de minimis

1. As axudas a persoas xurídicas que realicen actividades económicas que se poidan conceder ao abeiro desta orde sométense ao réxime de minimis, Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 15.12.2023, serie L), polo que cada persoa beneficiaria non poderá recibir máis de 300.000 euros de axudas sometidas ao antedito réxime, durante o período dos tres anos previos.

2. Para tal efecto, as posibles persoas beneficiarias desta orde que realicen actividades económicas deberán xuntar, coa súa solicitude, declaración sobre calquera outra axuda sometida ao devandito réxime de minimis recibida nos tres anos previos.

3. Na resolución de concesión farase constar o importe da axuda, expresado en equivalente bruto de subvención, así como a súa natureza de minimis, segundo o Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023.

Disposición derradeira primeira. Habilitación competencial

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal para que dite, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para a aplicación ou o cumprimento do establecido nesta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2025

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IV
Actuación e importes máximos dos investimentos subvencionables para a liña I (creación AFXC), incluídas a liñas I-bas e a liña I-ter, e a liña II (apoio AFXC)
(código de procedemento MR608F)

Actuacións subvencionables cos seus importes máximos sen IVE (en euros).

Nº clave traballo

Actuación

Importe máximo sen IVE (euros)

Subliña

Act-1

•. Listaxe identificativa da superficie da iniciativa de constitución AFXC

•. Listaxe do tipo de participación da persoa socia

•. Documentación acreditativa da disposición dos dereitos de uso da superficie das terras de natureza forestal para incluír na AFXC

•. Cartografía poligonal da superficie de xestión conxunta

C = 100 × (S+P1 + P2/2)

S = superficie total (ha)

P1 = número de posuidores de dereitos de usos ou xestión das parcelas da agrupación

P2 = número de parcelas

Liña I-ter

Act-2

Identificación da iniciativa de constitución de AFXC básica

2.100 €

Liña I-bas

Act-3

Gastos de tramitación e inscrición da entidade solicitante

3.000 €

Liña I-bas

Liña I-ter

Act-4

Revisión do parcelario e estado das parcelas para novas AFXC-ter/ampliación das AFXC inscritas

M = 100 × (S/2 + P2)

S = superficie total (ha)

P2 = número de parcelas

Liña I-ter

Liña II

Act-5

Investigación da titularidade para AFXC-ter non inscritas/investigación da titularidade para ampliación das AFXC inscritas

C = 100 × (S/2 + P1 + P2/2)

S = superficie total (ha)

P1= número de posuidores de dereitos de usos ou xestión das parcelas da agrupación

P2 = número de parcelas

Liña I-ter

Liña II

Act-6

Boa gobernanza das Sofor

1.000 €

Liña II

Act-7

Implantación dos sistemas de certificación internacionalmente recoñecidos e incorporación de servizos ecosistémicos

Primeira certificación (PEFC e FSC): 50 €/ha
Certificación de mantemento (PEFC e FSC):
3 €/ha
Certificación de servizos ecosistémicos: 1.000 €

Liña II

Act-8

Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos de cada referencia catastral da AFXC

30 €/RC

Liña I-bas

Liña I-ter

Liña II

Act-9

Inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas

1.500 €

Liña I-bas

Liña I-ter

Liña II

Act-10

Gastos de xestión, mantemento e representación

1.500 €

Liña II

O importe de axuda que percibirá cada entidade beneficiaria non poderá superar os 51.000 €.

ANEXO V
Limitacións e condicións técnicas mínimas das actuacións subvencionables para a liña I (creación AFXC), incluídas a liña I-bas e a liña I-ter, e a liña II (apoio AFXC) (código de procedemento MR608F)

Nº clave traballo

Actuación

Limitacións e condicións técnicas mínimas das actuacións

Act-1

Listaxe identificativa da superficie da iniciativa de constitución de AFXC

Listaxe para identificar a superficie da iniciativa de actuación de xestión ou comercialización conxunta, mediante o conxunto das referencias catastrais, desagregando aquelas das persoas socias daquelas que non son, pero das cales se dispón a delegación do seu uso co seu prazo de cesión, e para cada unha delas, coa relación da persoa ou persoas titulares (NIF ou CIF e nome) xuntamente coa súa porcentaxe e dereito sobre a parcela catastral (PR: propiedade, NP: núa propiedade, US: usufruto, CA: concesión administrativa, DS: dereito de superficie ou DF: desfrutador).

Estes datos serán achegados en formato xls, xlsx, csv, ods, conforme o modelo publicado na ligazón web https://mediorural.xunta.gal/es/temas/forestal/a-estrutura-da-propiedade/agrupacions-forestais

Listaxe do tipo de participación da persoa socia

Listaxe onde, para cada persoa socia, de ser o caso, se indique o tipo de participación (de superficie, de capital, mixta), clase de participación (forestal, xeral), número de participacións, e prazo de delegación ou cesión en anos.

Estes datos serán achegados en formato xls, xlsx, csv, ods, conforme o modelo publicado na ligazón web https://mediorural.xunta.gal/es/temas/forestal/a-estrutura-da-propiedade/agrupacions-forestais

Documentación acreditativa da disposición dos dereitos de uso da superficie das terras de natureza forestal para incluír na AFXC

Documentación que acredite a disposición dos dereitos de uso da superficie das terras de natureza forestal incluídas no ámbito da iniciativa de xestión ou comercialización conxunta.

Poderase acreditar a disposición dos dereitos de uso dunha porcentaxe superior ao 70 % da superficie das terras incluídas no ámbito da iniciativa.

Respecto da xustificación dos dereitos de uso, para os efectos recollidos na Lei 7/2012, de montes de Galicia, e salvo proba en contrario, a Administración considerará a persoa que con tal carácter conste en rexistros públicos que produzan presunción de que só poida ser destruída xudicialmente ou, na súa falta, a quen apareza con tal carácter en rexistros fiscais, ou finalmente a quen o sexa pública e notoriamente, aínda que careza do oportuno título escrito (artigo 122 quáter d) in fine).

Cartografía poligonal da superficie da iniciativa de actuación de xestión conxunta

Cartografía poligonal coa superficie da actuación de xestión conxunta en formato shapefile e datum ETRS89-UTM29N. Non será de aplicación cando se estea no caso das agrupacións enunciadas na letra a), epígrafe 2, do artigo 122 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, entendendo neste caso que a relación de referencias catastrais é suficiente. Incluirase tamén a representación gráfica das referencias catastrais de que a AFXC dispoña de dereitos de uso.

Act-2

Identificación da iniciativa de constitución de AFXC básicas

Listaxe identificativa da superficie da iniciativa de constitución AFXC: lista da relación das referencias catastrais das cales se declaran propietarios ou titulares as persoas socias asinada polo representante da agrupación segundo o establecido na letra e) do número 1 do artigo 122 quáter da Lei 7/2012, do 28 de xuño. Tamén se debe incluír a superficie das parcelas e a identificación do titular.

Cartografía poligonal coa superficie da actuación de xestión conxunta en formato shapefile e datum ETRS89-UTM29N.

Act-3

Gastos de tramitación e inscrición da entidade solicitante

Inscrición no rexistro apropiado segundo natureza da entidade solicitante (asociativa, civil, mercantil...), obtención de número de identificación fiscal (NIF), obtención de certificado electrónico, redacción de acta de constitución da entidade, gastos de tramitación para inscrición no rexistro de AFXC ...

Act-4

Revisión do parcelario e estado das parcelas para AFXC non inscritas/ Revisión do parcelario e estado das parcelas para ampliación das AFXC inscritas

O obxecto dos traballos que se van realizar será a execución da análise previa da cartografía da superficie da iniciativa de actuación de xestión conxunta da AFXC, que consistirá na realización de:

1. Estudos previos: análise e comparativa da cartografía catastral coas bases cartográficas existentes, co Sixpac, coas ortofotografías e delimitación do perímetro exterior e das construcións e dos elementos físicos do territorio (vías, infraestruturas e hidrografía).

Elaborarase un plano parcelario para a súa exposición pública e envío de notificacións aos titulares da exposición pública do parcelario (á conta da empresa adxudicataria).

2. Execución das operacións de definición do parcelario: comparativa en campo co parcelario catastral e revisión xeométrica e topográfica de predios non coincidentes coa cartografía catastral.

Levantamento e comprobación da xeometría das parcelas afectadas por recursos/alegacións á exposición do parcelario.

Para tal efecto, efectuarase un levantamento topográfico dun número de parcelas catastrais dun mínimo do 30 % do total de parcelas do ámbito do proxecto.

3. Elaborar ficha individual de cada parcela ou área homoxénea que a compón, en que se recolla: superficie, fotografía (de ser necesaria), xeolocalización, principais características físicas e técnicas, valoración do terreo e valoración do voo.

4. Estes datos serán achegados en formato xls, xlsx, csv, ods, conforme o modelo publicado na ligazón web https://mediorural.xunta.gal/es/temas/forestal/a-estrutura-da-propiedade/agrupacions-forestais

Act-5

Investigación da titularidade para AFXC non inscritas/investigación da titularidade para ampliación das AFXC inscritas (redución da porcentaxe de descoñecidos e ilocalizados)

Realizarase a investigación da titularidade para determinar as persoas propietarias das parcelas da superficie da iniciativa de actuación de xestión conxunta da AFXC, así como os dereitos reais e situacións xurídicas que teñen por base física a totalidade ou parte dos terreos de procedencia.

Achegarase unha lista en que se indicará o titular, para a totalidade das parcelas que se van inscribir dentro dun determinado perímetro de xestión conxunta, indicando a fonte: catastro, rexistro da propiedade, declaración responsable etc. Hai que ter en conta o artigo 122 quáter d) in fine da Lei 7/2012 de montes de Galicia.

Se, como resultado da investigación da titularidade, hai parcelas respecto das cales non se poida determinar a súa titularidade, achegarase unha lista con eses titulares descoñecidos ou ilocalizados.

Para a determinación da situación xurídica das parcelas deberase contactar con todos os posuidores dos dereitos de uso ou xestión de parcelas que estean dentro do ámbito, para isto, realizarase a preparación e envío de notificacións aos titulares que non foi posible localizar, preparación de documentación e envío mediante carta certificada con aviso de recepción.

Recoméndase, de non ser posible contactar cos posuidores dos dereitos das parcelas por non contar coa información suficiente, anunciar a iniciativa de constitución ou ampliación da AFXC, durante un mínimo de 15 días, no taboleiro de anuncios do concello, e proporcionar información sobre a superficie xa incluída e a superficie non incluída que se atopa dentro do perímetro de xestión conxunta.

Recoméndase convocar un mínimo dunha reunión informativa á cal poidan acceder as persoas posuidoras dos dereitos de uso ou xestión das parcelas incluídas dentro dos perímetros de xestión conxunta definidos.

Act-6

Boa gobernanza das Sofor

Para as Sofor, elaboración das exixencias de información que se deberán proporcionar de acordo cos números 2 e 3 do artigo 31 do Decreto 45/2011, do 10 de marzo, polo que se regula o fomento das agrupacións de propietarios forestais, os requisitos e cualificación das sociedades de fomento forestal e a creación do seu rexistro. En particular, do punto 3 deste artigo 31.

Act-7

Implantación dos sistemas de certificación internacionalmente recoñecidos e incorporación de servizos ecosistémicos

Primeira certificación (PEFC e FSC), certificación de mantemento (PEFC e FSC) ou certificación de servizos ecosistémicos.

Act-8

Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos de cada referencia catastral da AFXC

De conformidade co artigo 9 do Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia, só as agrupacións forestais formalmente constituídas cunha superficie inferior ou igual ás 15 hectáreas en couto redondo se poderán dotar dun documento de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos. Adicionalmente á adhesión, entregarase planimetría que indique a que modelo silvícola se vinculou cada referencia catastral.

Act-9

Inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas

Elaboración da documentación necesaria para a inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas por parte da AFXC, segundo o Decreto 167/2019, do 5 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.

Act-10

Gastos de xestión, mantemento e representación

Incluirá os custos de:

1. Xestores administrativos e técnicos forestais.

2. Alugamento do local/sede da AFXC.

3. Adquisición de material de oficina: o importe non poderá ser superior ao 20 % da consignación total para esta actuación.

4. Publicidade: folletos informativos, tarxetas de visita etc. O importe non poderá ser superior ao 20 % da consignación total para esta actuación.

5. Representación: desprazamento e manutención. O importe non poderá ser superior ao 20 % da consignación total para esta actuación.

ANEXO VI
Documentación acreditativa das actuacións subvencionables
(código de procedemento MR608F)

Documentación acreditativa do cumprimento das actuacións subvencionables da liña I (creación de AFXC, incluídas a liña I-bas e a liña I-ter), e da liña II (apoio AFXC), que se entregará como documentación complementaria xunto coa solicitude de pagamento.

Nº clave

Actuación

Documentación acreditativa do cumprimento
da actuación que debe achegar a persoa beneficiaria

Act-1

Listaxe identificativa da superficie da iniciativa de constitución AFXC

As listaxes

Listaxe do tipo de participación da persoa socia

As listaxes

Documentación acreditativa da disposición dos dereitos de uso da superficie das terras de natureza forestal para incluír na AFXC

Documentación que acredite o dereito de uso asinado

Cartografía poligonal da superficie da iniciativa de actuación de xestión conxunta

Cartografía en formato shapefile

Act-2

Identificación da iniciativa de constitución de AFXC básica

As listaxes e cartografía en formato shapefile

Act-3

Gastos de tramitación e inscrición da entidade solicitante

Solicitude de inscrición ou certificado rexistral da súa inscrición

Act-4

Revisión do parcelario e estado das parcelas para AFXC non inscritas/ revisión do parcelario e estado das parcelas para ampliación das AFXC inscritas

Ficha individual de cada parcela ou área homoxénea

Act-5

Investigación da titularidade para AFXC non inscritas/investigación da titularidade para ampliación das AFXC inscritas (redución da porcentaxe de descoñecidos e ilocalizados)

Informe que acredite o proceso

Act-6

Boa gobernanza das Sofor

Fornecer a información ao Rexistro de Sofor

Act-7

Implantación dos sistemas de certificación internacionalmente recoñecidos e incorporación de servizos ecosistémicos

Certificado emitido por unha entidade certificadora ou acreditación de participación cun titular dun certificado de grupo ou rexional

Act-8

Adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos de cada referencia catastral da AFXC

Adhesión e planimetría

Act-9

Inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas

Solicitude de inscrición

Act-10

Gastos de xestión, mantemento e representación

En termos xerais, factura xunto cos extractos ou certificados bancarios correspondentes, debidamente identificados.

Para xustificación de gastos de representación: documento de liquidación do gasto (tícket ou factura simple) conformado coa sinatura pola persoa representante da AFXC