DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Martes, 10 de febreiro de 2026 Páx. 11936

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

CORRECCIÓN DE ERROS. Extracto da Orde do 22 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural, programa Galicia Suma Talento: Rural Activo, e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2026 (código de procedemento TR351G).

Advertido erro no devandito extracto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 24, do 5 de febreiro de 2026, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na páxina 10824, onde di:

«BDNS (Identif.):».

Debe dicir:

«BDNS (Identif.): 885380».

Na páxina 10824, onde di:

«De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/ ».

Debe dicir:

«De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/885380 ».