DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 2026 Páx. 12630

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, pola que se ordena a publicación da modificación dos estatutos da sociedade mercantil pública autonómica Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 22 de decembro de 2025, adoptou, por proposta do conselleiro de Facenda e Administración Pública, o acordo polo que se autorizou a modificación do artigo 5 dos estatutos da sociedade mercantil pública autonómica Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

En cumprimento do disposto nos artigos 104.3 e 105.2 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, ordénase a publicación no Diario Oficial de Galicia, como anexo a esta resolución, do artigo modificado dos estatutos da sociedade mercantil pública autonómica Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2026

José María Barreiro Díaz
Director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio

ANEXO

Estatutos da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

TÍTULO II

Capital social e accións

Artigo 5. Capital social

O capital social fíxase na cantidade de 34.649.152,50 € (trinta e catro millóns seiscentos corenta e nove mil cento cincuenta e dous euros con cincuenta céntimos).

Está representado por 576.525 (cincocentas setenta e seis mil cincocentas vinte e cinco) accións nominativas de 60,10 € (sesenta euros con dez céntimos de euro) de valor nominal cada unha, correlativamente numeradas da 1 á 576.525, ambas incluídas, que están totalmente subscritas e desembolsadas.