DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 2026 Páx. 12834

III. Outras disposicións

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

DECRETO 5/2026, do 2 de febreiro, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Santiago de Compostela de varias estradas e variantes de estradas.

Segundo o artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (LEG), os cambios de titularidade das estradas ou treitos destas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados mediante decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

O artigo 9.7 da LEG dispón que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O día 24 de febreiro de 2025, o Concello de Santiago de Compostela solicita a Deputación Provincial da Coruña o cambio de titularidade de estradas e variantes de estradas provinciais situadas integramente dentro do termo municipal de Santiago de Compostela.

O día 30 de maio de 2025, a Deputación Provincial da Coruña aprobou por unanimidade a cesión ao Concello de Santiago das seguintes estradas e variantes de estradas:

1. DP-7801, de San Lourenzo a Vidán, con inicio nas coordenadas X=536295 e Y=4747417 e final nas coordenadas X=535538 e Y=4746654, de 1.269 metros de lonxitude.

2. DP-7801_1V, variante da DP-7801 de San Lourenzo a Vidán, con inicio nas coordenadas X=535658 e Y=4747020 e final nas coordenadas X=535616 e Y=4746746, de 285 metros de lonxitude.

3. DP-7805, acceso ao Hospital Provincial, con inicio nas coordenadas X=536307 e Y=4745780 e final nas coordenadas X=536566 e Y=4745420, de 545 metros de lonxitude.

4. DP-7806, rampla ao Avío, con inicio nas coordenadas X=536952 e Y=4749240 e final nas coordenadas X=536744 e Y=4749400, de 273 metros de lonxitude.

Estas estradas cumpren co estipulado no número 11 do artigo 18 do Regulamento xeral de estradas de Galicia, relativo aos cambios de titularidade de treitos de estradas a favor de administracións de menor ámbito territorial, segundo o cal estes «só se levarán a cabo cando se trate de treitos terminais ou cando non impliquen a interrupción de ningún dos itinerarios dos que forme parte sen que exista unha alternativa viaria, existente ou planificada, para todos eles que proporcione un nivel de servizo cando menos equivalente».

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polo servizo competente, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade dos treitos que se definen no artigo 1, os cales consisten en estradas e variantes de estrada da rede de estradas da Deputación Provincial da Coruña sen funcionalidade dentro da Rede Autonómica de Estradas de Galicia.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de febreiro de dous mil vinte e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Santiago de Compostela das seguintes estradas e variantes de estrada:

Denominación

Inicio

Fin

Lonx. aprox. (m)

DP-7801, de San Lourenzo a Vidán

X = 536295

Y = 4747417

X = 535538

Y = 4746654

1.269

DP-7801_1V, variante da DP-7801 de San Lourenzo a Vidán

X = 535658

Y = 4747020

X = 535616

Y = 4746746

285

DP-7805, de acceso ao Hospital Provincial

X = 536307

Y = 4745780

X = 536566

Y = 4745420

545

DP-7806, rampla ao Avío

X = 536952

Y = 4749240

X = 536744

Y = 4749400

273

Artigo 2

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia.

A entrega dos bens formalizarase coa sinatura da correspondente acta de entrega entre Concello e Deputación no prazo dos tres meses seguintes a esta publicación.

Artigo 3

Correspóndenlle ao Concello de Santiago de Compostela, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dous de febreiro de dous mil vinte e seis

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

María Martínez Allegue
Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas