DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 19 de febreiro de 2026 Páx. 14038

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de xaneiro de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifica o acordo de incoación no expediente sancionador REC-LU-0014/2025-AGR.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural, sitas na rolda da Muralla, núm. 70, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 22 de xaneiro de 2026

Mª Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: REC-LU-0014/2025-AGR.

NIF interesado/a: 33860292Z.

Acto notificado: acordo de incoación.