Para os efectos previstos na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, procédese a publicar o acordo adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, en sesión que tivo lugar o día 17 de decembro de 2025, en relación coa avinza entre as comunidades veciñais de Nimo e Pastoriza, ambas no concello de Noia, respecto do linde común dos seus montes:
Antecedentes de feito:
Primeiro. O 18.6.2025 o presidente da CMVMC de Nimo presenta unha solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Castelo de Nimo e a CMVMC de Pastoriza, ambas situadas no concello de Noia.
Os montes veciñais en man común (en diante, MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Castelo de Nimo (nº: 151) da CMVMC de NIMO (nº: 149).
– MVMC de Pedrido, Cargadoiro e Riba de Cebreira (ID: 150) da CMVMC de Pastoriza (nº: 148).
Segundo. Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento conforme o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
– Acta de conciliación número 98/2025 entre as comunidades no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Concello de Noia.
– Certificado do día 25.8.2025 da acta da CMVMC de Nimo do acordo asembleario celebrado o día 22.5.2024 en que se acorda a aprobación da liña de deslindamento coa CMVMC de Pastoriza.
– Certificado do día 25.8.2025 da acta da CMVMC de Pastoriza do acordo asembleario celebrado o día 26.10.2024 en que se acorda a aprobación da liña de deslindamento coa CMVMC de Nimo.
– Memoria descritiva co plano de deslindamento e a cartografía no formato dixital requirido asinada por técnico competente.
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten una lonxitude de 285,50 metros e está composta polos seguintes puntos:
|
Marco |
coord_x |
coord_y |
|
PO1 (L) |
514092,339 |
4741476,360 |
|
PO2 (M) |
514018,491 |
4741502,953 |
|
PO3 (N) |
513942,080 |
4741530,139 |
|
PO4 (O) |
513823,527 |
4741573,100 |
Cuarto O Servizo de Montes, en data do 15.10.2025 emite informe favorable. Da documentación achegada polas comunidades e do informe técnico do Servizo de Montes deste departamento territorial conclúese que a avinza entre as CMVMC é congruente coas respectivas resolucións de clasificación e cos lindes nelas descritos.
Vista a avinza presentada, a documentación achegada con esta así como o informe técnico do Servizo de Montes do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común na súa reunión do 17 de decembro de 2025 acordou aprobar a avinza realizada entre a CMVMC de Castelo de Nimo e a CMVMC de Pastoriza, ambas situadas no concello de Noia, respecto do seu linde común nos termos indicados no antecedente terceiro e de conformidade cos planos topográficos achegados e validados mediante informe técnico do Servizo de Montes.
A Coruña, 26 de xaneiro de 2026
María Nieves Mancebo Santamaría
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común da Coruña
