DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 19 de febreiro de 2026 Páx. 14042

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de xaneiro de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución relativa á revisión do esbozo do monte veciñal en man común de Tourón, no concello de Melón.

Examinada a solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do MVMC de Tourón, pertencente á CMVMC de Tourón, no concello de Melón, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 16.7.2025, a CMVMC de Tourón presentou unha solicitude (Rexel núm. 2025/2018801) de revisión de esbozo do MVMC de Tourón, no concello de Melón.

Coa solicitude achegaron a seguinte documentación:

– Certificación do acordo da Asemblea Xeral do 7.7.2023.

– Memoria e planos.

– Arquivos xeográficos en formato vectorial.

Segundo. O Servizo de Montes do Departamento Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 16 de setembro de 2025 en relación coa citada solicitude. O perímetro obxecto de revisión comprende as partes lindeiras con particulares, ademais do treito estremeiro co MVMC Monte Ceo e Cotos.

A superficie do MVMC de Tourón, unha vez modificado o esbozo, sería de 300,15 ha fronte ás 256 ha do acordo de clasificación, o que supón un incremento do 17,3 %.

Tendo en conta o anterior, emítese un informe favorable sobre a revisión do esbozo do MVMC de Tourón.

Consideracións legais e técnicas:

Único. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión axustándose e completándose con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 16 de setembro de 2025, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade, o día 1 de decembro de 2025:

Aprobar a proposta de revisión de esbozo do MVMC de Tourón, pertencente á CMVMC de Tourón, no concello de Melón.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 28 de xaneiro de 2026

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

ANEXO

missing image file