DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 19 de febreiro de 2026 Páx. 14045

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de xaneiro de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución relativa á revisión de esbozo do monte veciñal en man común Montes de Oímbra, no concello de Oímbra.

Examinada a solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do MVMC Montes de Oímbra, pertencente á CMVMC de Oímbra, no concello de Oímbra, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 5.5.2025, a CMVMC de Oímbra presentou unha solicitude (Rexel núm. 2025/1239480) de revisión parcial de esbozo do MVMC Montes de Oímbra, no concello homónimo.

Coa solicitude achegou a seguinte documentación:

– Certificación do acordo da Asemblea Xeral do 16.3.2025.

– Memoria e planos.

– Arquivos xeográficos en formato vectorial.

Segundo. O Servizo de Montes do Departamento Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 24 de xuño de 2025 en relación coa citada solicitude. A proposta de revisión abrangue unicamente a zona SO do monte clasificado, detectándose un tramo que estaría situado na estrema co MVMC Montes de Casas dos Montes.

A configuración espacial do monte, despois da revisión, varía de forma significativa no caso do predio situado máis ao SO, que pasaría a conformar un couto redondo co corpo principal do monte situado ao oeste da localidade de Oímbra.

A superficie do MVMC Montes de Oímbra, unha vez revisado o esbozo, sería de 376,02 ha fronte ás 348,10 ha do acordo de clasificación, o que supón un incremento do 8,0 %.

Tendo en conta o anterior, emítese informe favorable sobre a revisión do esbozo do MVMC Montes de Oímbra.

Consideracións legais e técnicas:

Único. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión axustándose e completándose con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 24 de xuño de 2025, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común acordou, por unanimidade, o día 1 de decembro de 2025:

Aprobar a proposta de revisión de esbozo do MVMC Montes de Oímbra, pertencente á CMVMC de Oímbra, no concello de Oímbra.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 28 de xaneiro de 2026

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

ANEXO

missing image file