DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 19 de febreiro de 2026 Páx. 14034

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de xaneiro de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución relativa á revisión do esbozo do monte veciñal en man común Chan de Coto, Carbelo e Cruceiro, no concello de Melón.

Examinada a solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes dos MVMC Chan de Coto, Carbelo e Cruceiro, pertencente á CMVMC de Melón, no concello de Melón, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 19.8.2025, a CMVMC de Melón presentou unha solicitude (Rexel núm. 2025/2280097) de revisión de esbozo do MVMC Chan de Coto, Carbelo e Cruceiro, no concello de Melón.

Coa solicitude achegaron a seguinte documentación:

– Certificación do acordo da Asemblea Xeral do 31.5.2025.

– Memoria e planos.

– Arquivos xeográficos en formato vectorial.

Segundo. O Servizo de Montes do Departamento Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 16 de setembro de 2025 en relación coa citada solicitude. O perímetro obxecto de revisión comprende as partes lindeiras con particulares, ademais do treito estremeiro co MVMC Serra de Faro.

En relación cos tramos ou áreas estremeiras con particulares, o perímetro comprende unha zona que está claramente fóra do contorno do monte. Trátase de terreos situados entre os predios Chan do Coto e Cruceiro, cuxa inclusión dentro do perímetro regularizado iría contra o acordo de clasificación ao xerar unha extensión continua (practicamente, un couto redondo) onde os citados predios perderían a súa natureza de parcelas independentes declarada no acordo.

O Xurado Provincial, tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes, aprobou a solicitude de revisión de esbozo, coa exclusión dos terreos situados fóra do contorno do monte.

A superficie o MVMC Chan de Coto, Carbelo e Cruceiro, unha vez modificado o esbozo, sería de 135,38 ha fronte ás 143 ha do acordo de clasificación, o que supón unha redución do 5,3 %.

Consideracións legais e técnicas:

Único. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión axustándose e completándose con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 16 de setembro de 2025, o Xurado Provincial de Clasificacion de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade, o día 1 de decembro de 2025:

Aprobar a proposta de revisión de esbozo do MVMC Chan de Coto, Carbelo e Cruceiro, pertencente á CMVMC de Melón, no concello de Melón, coa exclusión dos terreos situados fóra do contorno do monte.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 22 de xaneiro de 2026

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

ANEXO

missing image file