O 11 de novembro de 2025, a Consellería do Medio Rural publicou a Resolución do 3 de novembro de 2025 pola que se regula o procedemento de concesión de subvencións directas destinadas a compensar os prexuízos económicos producidos pola enfermidade hemorráxica epizoótica en Galicia (código de procedemento MR558A).
Segundo o establecido no punto décimo sétimo (publicación dos actos) da Resolución do 3 de novembro de 2025 publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución definitiva de concesión e de denegación das axudas, que producirá os efectos da notificación.
De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, dando cumprimento ao artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
RESOLVE:
A publicación do contido da Resolución do 16 de decembro de 2025, da Consellería do Medio Rural, das subvencións directas, aprobadas e denegadas, destinadas a compensar os prexuízos económicos producidos pola enfermidade hemorráxica epizoótica en Galicia, ao abeiro da Resolución do 3 de novembro de 2025 pola que se regula o procedemento de concesión de subvencións directas destinadas a compensar os prexuízos económicos producidos pola enfermidade hemorráxica epizoótica en Galicia (código de procedemento MR558A).
O 27 de xaneiro de 2025 publícase no DOG a Resolución do 30 de decembro de 2024 pola que se regula o procedemento de concesión de subvencións directas destinadas a compensar os prexuízos económicos producidos pola enfermidade hemorráxica epizoótica en Galicia (código de procedemento MR558A), en que se regulou o procedemento para tramitar as axudas directas que compensan as persoas produtoras das perdas ocasionadas polas mortes debidas á enfermidade, así como os custos dos tratamentos veterinarios e os desinsectantes aplicados.
Mediante a Resolución do 2 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se publica a resolución das subvencións directas, aprobadas e denegadas, destinadas a compensar os prexuízos económicos producidos pola enfermidade hemorráxica epizoótica en Galicia, para o ano 2025, ao abeiro da Resolución do 30 de decembro de 2024 pola que se regula o procedemento de concesión de subvencións directas destinadas a compensar os prexuízos económicos producidos pola enfermidade hemorráxica epizoótica en Galicia (código de procedemento MR558A) (DOG núm. 111, do 12 de xullo de 2025), publicouse o contido da resolución definitiva destas axudas.
A Resolución do 30 de decembro de 2024, da Consellería do Medio Rural, tramitou as subvencións directas para as persoas titulares de explotacións afectadas que declararon a enfermidade (EHE) e obtiveron os correspondentes resultados analíticos ata ha data do 5.12.2024. Deuse o caso de que houbo algunhas explotacións afectadas e mortes ocasionadas pola enfermidade con posterioridade a esa data, así como os resultados de laboratorio obtidos tamén despois dela, e que quedaron sen tramitar.
Por mor deste feito, para tramitar as correspondentes subvencións ás citadas explotacións con sospeitas declaradas, ou mortes acontecidas pola enfermidade ou animais afectados nos cales se obtivo un resultado positivo a EHE no diagnóstico do laboratorio, desde a data do 6.12.2024 e ata a data do 10.4.2025 (ambas as dúas datas incluídas), publicouse no DOG núm. 218, do 11 de novembro de 2025, a Resolución do 3 de novembro de 2025 pola que se regula o procedemento de concesión de subvencións directas destinadas a compensar os prexuízos económicos producidos pola enfermidade hemorráxica epizoótica en Galicia (código de procedemento MR558A).
A Resolución do 3 de novembro de 2025, da Consellería do Medio Rural, publicouse de acordo coas bases reguladoras establecidas no Real decreto 961/2024, do 24 de setembro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións directas destinadas a compensar os prexuízos económicos producidos pola enfermidade hemorráxica epizoótica (BOE núm. 232, do 25 de setembro de 2024).
Esta foi a segunda resolución do ano 2025 que regulou a concesión das citadas subvencións directas.
A finalidade das subvencións directas que se conceden consiste na compensación dos prexuízos económicos producidos nas explotacións galegas de gando vacún como consecuencia da enfermidade hemorráxica epizoótica.
O procedemento de concesión destas subvencións é o de concesión directa, conforme o previsto no artigo 22.2.c) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e os artigos 19.4.c) e 26 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Todas as persoas recollidas no anexo I desta resolución (das comunicacións aprobadas) son persoas beneficiarias e presentaron en tempo e forma a aceptación da subvención directa.
No anexo II desta resolución (da comunicación denegada) recóllese unha persoa non beneficiaria das subvencións directas, en cumprimento do punto décimo terceiro da Resolución do 3 de novembro de 2025.
A Subdirección Xeral de Gandaría levou a cabo as comprobacións pertinentes sobre todos os expedientes recollidos nos anexos I e II desta resolución.
O importe total da subvención que se pagará a cada persoa beneficiaria de cada expediente, recollido no anexo I desta resolución, é o mesmo importe total que o do anexo II da Resolución do 3 de novembro de 2025.
En cumprimento do punto décimo quinto, número 4, da Resolución do 3 de novembro de 2025, a persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural, en virtude da Orde da Consellería do Medio Rural, do 17 de novembro de 2015, vista a proposta, ditará a correspondente resolución, que recollerá a relación definitiva de persoas beneficiarias. Esta Resolución ditouse o 16 de decembro de 2025.
Estas axudas axústanse ao disposto no artigo 26 do Regulamento (UE) nº 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, e cumpren todos os seus requisitos.
Ao respecto do réxime de compatibilidade con outras axudas: as axudas reguladas na Resolución do 3 de novembro de 2025 son compatibles coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou dos organismos internacionais, sempre e cando a contía en concorrencia de todas elas non supere a intensidade máxima da axuda, que para estas axudas é do 100 % dos custos subvencionables, e en cumprimento do establecido no Regulamento (UE) nº 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022 (punto sexto da Resolución do 3 de novembro de 2025).
En canto ao financiamento estas axudas, que son cofinanciadas ao 50 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, financiaranse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia: 15.04.713E.770.4, cunha dotación de 96.020,00 €.
En cumprimento do punto décimo quinto, número 6, da Resolución do 3 de novembro de 2025, fronte á resolución en que figure a relación definitiva de persoas beneficiarias poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde a mesma data, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Así mesmo, a dita data de publicación no DOG é a que se terá en conta para os efectos de cómputo de prazos.
No anexo I desta resolución recóllese a aprobación das subvencións directas destinadas a compensar os prexuízos económicos producidos pola enfermidade hemorráxica epizoótica en Galicia, ás persoas beneficiarias (son as persoas das comunicacións aprobadas) e os importes concedidos.
No anexo II desta resolución recóllese a denegación das subvencións directas destinadas a compensar os prexuízos económicos producidos pola enfermidade hemorráxica epizoótica en Galicia, á persoa non beneficiaria (é a persoa da comunicación denegada). O motivo da denegación recóllese neste anexo II.
Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2026
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
ANEXO I
Comunicacións aprobadas e persoas beneficiarias das subvencións directas
|
Nº de expediente |
Apelidos e nome/razón social |
NIF |
Código Rega |
Importe total |
|
MR558A/2025/2720 |
A Encomenda, S.C. |
***3789** |
ES270240010301 |
2.160,00 € |
|
MR558A/2025/2747 |
Agrícola Junquera Colmeiro, S.C. |
***2215** |
ES360590071301 |
2.920,00 € |
|
MR558A/2025/2705 |
Aira Díaz, Carmen |
***1248** |
ES270570015201 |
1.200,00 € |
|
MR558A/2025/2707 |
Alvaredo, S.C. |
***3426** |
ES270570201001 |
100,00 € |
|
MR558A/2025/2723 |
Ares Vázquez, S.C. |
***3684** |
ES270230061001 |
1.940,00 € |
|
MR558A/2025/2692 |
Arias Rodríguez, Vanesa |
***4409** |
ES270570059201 |
1.540,00 € |
|
MR558A/2025/2721 |
Camoira, S.C. |
***7349** |
ES270400031201 |
2.340,00 € |
|
MR558A/2025/2703 |
Canda Louzao, José |
***0494** |
ES360240174501 |
1.600,00 € |
|
MR558A/2025/2695 |
Carballo Rodríguez, Aurelia |
***1666** |
ES270620015501 |
1.000,00 € |
|
MR558A/2025/2743 |
Carral Fernández, Diego |
***7371** |
ES270580011101 |
1.700,00 € |
|
MR558A/2025/2740 |
Casa Pedro, S.C. |
***1194** |
ES360180048701 |
1.600,00 € |
|
MR558A/2025/2706 |
Caxigueiro, S.C. |
***4477** |
ES270570080701 |
1.500,00 € |
|
MR558A/2025/2687 |
Corral Lázara, Rocío |
***2878** |
ES360180034101 |
1.600,00 € |
|
MR558A/2025/2715 |
Costa Oliveira, María Conceição |
***6118** |
ES360240136101 |
200,00 € |
|
MR558A/2025/2728 |
Díaz Díaz, José Antonio |
***7272** |
ES270420009901 |
3.300,00 € |
|
MR558A/2025/2731 |
E, S.C.uadro, S.C. |
***3480** |
ES320430045601 |
1.000,00 € |
|
MR558A/2025/2726 |
Félix, S.C. |
***4104** |
ES270230073301 |
4.880,00 € |
|
MR558A/2025/2742 |
Fernández López, María José |
***8084** |
ES270190072701 |
100,00 € |
|
MR558A/2025/2719 |
Fernández Lamas, Eva |
***5142** |
ES270490042801 |
1.560,00 € |
|
MR558A/2025/2694 |
Fernández López, Javier |
***7098** |
ES270180008501 |
100,00 € |
|
MR558A/2025/2746 |
Fernández Rolle, Ana Remedios |
***0859** |
ES270300077801 |
100,00 € |
|
MR558A/2025/2688 |
Fernández Vila, María Carmen |
***4701** |
ES279010050601 |
820,00 € |
|
MR558A/2025/2686 |
Gallardo, S.C. |
***3183** |
ES270230048701 |
4.800,00 € |
|
MR558A/2025/2714 |
Ganadería Arco da Vella, S.C. |
***7249** |
ES320860050501 |
1.000,00 € |
|
MR558A/2025/2708 |
Ganadería Casa das Moas, S.C. |
***7826** |
ES270250007001 |
1.140,00 € |
|
MR558A/2025/2684 |
Ganadería Coblan, S.C. |
***4779** |
ES270600064701 |
1.600,00 € |
|
MR558A/2025/2691 |
Ganadería García Penerbosa, S.C. |
***5603** |
ES360470018501 |
1.700,00 € |
|
MR558A/2025/2696 |
Ganadería López Candia, T.C. |
***8870** |
ES270130037701 |
660,00 € |
|
MR558A/2025/2734 |
Ganadería Margarita, S.C. |
***5189** |
ES360470071101 |
1.700,00 € |
|
MR558A/2025/2736 |
Gandeiría Rielo, S.C. |
***5640** |
ES360470022901 |
100,00 € |
|
MR558A/2025/2709 |
García Amigo, Emilia |
***6736** |
ES270120053001 |
440,00 € |
|
MR558A/2025/2732 |
García Ulloa, Alicia |
***0534** |
ES270060023701 |
1.000,00 € |
|
MR558A/2025/2678 |
García Vázquez, Julia |
***0926** |
ES360200083301 |
1.600,00 € |
|
MR558A/2025/2702 |
Gay Vázquez, María Luisa |
***0757** |
ES270430022101 |
1.140,00 € |
|
MR558A/2025/2733 |
Ginzo Vale, S.C. |
***4058** |
ES270050012201 |
3.540,00 € |
|
MR558A/2025/2717 |
Godoy Baloira, Daniel |
***7045** |
ES360180065701 |
1.600,00 € |
|
MR558A/2025/2737 |
González López, José Ramón |
***9358** |
ES360470078501 |
900,00 € |
|
MR558A/2025/2682 |
Granja Cuñarro, Isabel |
***9231** |
ES360240249601 |
1.700,00 € |
|
MR558A/2025/2718 |
Ledo Janeiro, S.C. |
***3785** |
ES270160157101 |
100,00 € |
|
MR558A/2025/2697 |
Lindín Rivas, Javier |
***4805** |
ES270440051401 |
1.220,00 € |
|
MR558A/2025/2689 |
López Fernández, Luis |
***5492** |
ES270550037401 |
1.540,00 € |
|
MR558A/2025/2738 |
López Gutiérrez, Montserrat |
***9482** |
ES270050067301 |
620,00 € |
|
MR558A/2025/2729 |
López Martínez, Yago |
***7930** |
ES360540219601 |
100,00 € |
|
MR558A/2025/2675 |
López Mondelo, David |
***2005** |
ES270570015301 |
4.700,00 € |
|
MR558A/2025/2713 |
Lorenzo Caneiro, Rosa María |
***2950** |
ES150360132301 |
1.000,00 € |
|
MR558A/2025/2676 |
Lorenzo Galdo, Fernando |
***3619** |
ES270020084001 |
1.780,00 € |
|
MR558A/2025/2711 |
Louzán Alonso, Roberto |
***3393** |
ES369020248501 |
500,00 € |
|
MR558A/2025/2712 |
Otero Otero, Delfina |
***6929** |
ES270630000301 |
1.300,00 € |
|
MR558A/2025/2693 |
Pardal Castro, Jesús |
***8887** |
ES150740089801 |
900,00 € |
|
MR558A/2025/2724 |
Pérez Baldonedo, Manuel Jorge |
***5760** |
ES270470029101 |
1.100,00 € |
|
MR558A/2025/2683 |
Quiroga Sartal, Fernando |
***6904** |
ES270410023501 |
1.380,00 € |
|
MR558A/2025/2730 |
Regueira Rodríguez, María Esmeralda |
***6115** |
ES270490007101 |
1.600,00 € |
|
MR558A/2025/2699 |
Rodríguez Arias, Asunción |
***0308** |
ES270120043001 |
460,00 € |
|
MR558A/2025/2704 |
Rodríguez Blanco, Alex |
***8556** |
ES270260023801 |
1.600,00 € |
|
MR558A/2025/2722 |
Rodríguez García, Antonio |
***1712** |
ES320010037101 |
320,00 € |
|
MR558A/2025/2735 |
Rodríguez Gómez, Rober Elvis |
***8103** |
ES320230045601 |
1.600,00 € |
|
MR558A/2025/2701 |
Rodríguez Rodríguez, María Mercedes |
***7027** |
ES270430012901 |
1.960,00 € |
|
MR558A/2025/2739 |
Rojo Leal, Javier |
***2459** |
ES270010102601 |
1.700,00 € |
|
MR558A/2025/2725 |
Sánchez Pérez, José Luis |
***1227** |
ES150900032001 |
1.600,00 € |
|
MR558A/2025/2727 |
Sánchez Sánchez, Emilio |
***3752** |
ES270280023901 |
1.600,00 € |
|
MR558A/2025/2741 |
Seranisbel, S.C. |
***3703** |
ES270570033001 |
600,00 € |
|
MR558A/2025/2681 |
Sobrado Deza, Tamara |
***0304** |
ES360470023401 |
100,00 € |
|
MR558A/2025/2700 |
Souto Novo, David |
***5124** |
ES270150153401 |
1.000,00 € |
|
MR558A/2025/2710 |
Souto Vivero, Alberto |
***9304** |
ES270630011501 |
100,00 € |
|
MR558A/2025/2680 |
Suso e Palma, S.C. |
***3628** |
ES270250024401 |
720,00 € |
|
MR558A/2025/2690 |
Taboada López, José Antonio |
***6457** |
ES270580025001 |
3.300,00 € |
|
MR558A/2025/2685 |
Vázquez Miguélez, Víctor Manuel |
***7743** |
ES270030058101 |
1.600,00 € |
|
MR558A/2025/2679 |
Vázquez Sánchez, Pablo |
***9047** |
ES360200019601 |
100,00 € |
|
MR558A/2025/2677 |
Vilariño Varela, María Paz |
***9099** |
ES360200003601 |
1.700,00 € |
ANEXO II
Comunicación denegada e persoa non beneficiaria das subvencións directas
|
Nº de expediente |
Nome e apelidos/ |
NIF |
Código Rega |
Motivo da denegación |
|
MR558A/2025/2698 |
Domínguez González, Elías |
***9994** |
ES320430083701 |
Desistido da súa comunicación: non responder ao requirimento enviado (punto décimo terceiro, Resolución do 3 de novembro de 2025) |
