Por este anuncio faise público que o 27 de xaneiro de 2026 se ditou resolución do seguinte teor literal:
«Resolución do concelleiro delegado de Servizos Sociais e Medio Ambiente do Concello de Tui:
Notificación aos titulares con enderezo descoñecido para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal.
De conformidade co disposto no artigo 22.2 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, para os supostos de incumprimento por parte da persoa responsable da obriga de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas.
De conformidade co disposto no artigo 21.3 ter da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable aplicaranse subsidiariamente os criterios establecidos nos artigos 20.bis, 21, 21.ter, 22 e 23.
Esta concellaría, no exercicio das súas funcións e facendo uso das facultades que lle confiren a lexislación vixente e a Resolución do 23 de xaneiro de 2024, emite a seguinte resolución:
Á vista do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que se ignora o lugar de notificación dos titulares dos bens que se relacionan a continuación, resulta imposible a súa notificación, polo que se lles comunica ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
|
Data da acta de inspección |
Referencia catastral |
Localización |
Persoa responsable |
|
20.1.2026 |
9445024NH2594S |
Avda. de Portugal, 59, Tui |
35492444V |
|
20.1.2026 |
9445025NH2594S |
Avda. de Portugal, 61, Tui |
Daniel Estévez Jesús |
|
20.1.2026 |
9445026NH2594S |
Avda. de Portugal, 63, Tui |
Daniel Estévez Jesús |
1º. En virtude do que antecede, comunícaselles que na acta de inspección de referencia se comprobou que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario e para xestionar a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.
2º. Comunicarlles a obriga de pór en coñecemento do Concello o inicio e a realización dos traballos de xestión mediante un escrito-instancia xeral que poderán presentar no Concello de Tui a través do Rexistro Xeral, ou do Rexistro electrónico no enderezo: https://concellotui.sedelectronica.gal/, ou noutra forma das legalmente previstas. En ausencia da indicada comunicación, a Administración poderá considerar os traballos como non realizados mentres non conste proba en contrario.
3º. Advertirlles que en caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, se lles poderán impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres (3) meses, cuxa contía será de 900 euros por hectáreas de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área for inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización por parte da Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condición establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima que se vai impoñer por multa coercitiva será de 100 euros, con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen o consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.
4º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias por parte da Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. Procederase á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obriga de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria, e seralle notificada á persoa responsable para o seu pagamento.
Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa establécese nun prezo provisional, de conformidade co orzamento presentado por Contrucciones de Lino Malvas, S.L., de 2.117,50 € (IVE incluído) para as tres parcelas que se relacionan, ante a solicitude do Concello. Establécese unha cantidade estimada da parte proporcional do orzamento en función da superficie de cada parcela, que se relacionan na seguinte táboa:
|
Nº de expediente |
Referencia catastral |
ha afectadas por execución subsidiaria |
Liquidación provisional |
|
263/2026 |
9445024NH2594S |
0,0243 |
724,66 € |
|
264/2026 |
9445025NH2594S |
0,0226 |
672,61 € |
|
265/2026 |
9445026NH2594S |
0,0242 |
720,23 € |
5º. A falta de cumprimento das obrigas indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao inicio do procedemento sancionador que corresponda, no cal se poderán adoptar medidas de carácter provisional, consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais e o comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.
a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):
1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular do departamento territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.
2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal: a) A persoa titular do departamento territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves. b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves. c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.
3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.
b) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.
c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se pode impor no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).
d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.
6º. No caso de persistir no incumprimento, as obrigas de xestión para os anos seguintes deberá estar completada antes do primeiro día de abril.
7º. O texto íntegro da comunicación estará ao dispor das persoas destinatarias na sede electrónica do Concello de Tui.
8º. Informar de que contra este acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpor os seguintes recursos en aplicación dos artigos 123 e 124 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e Lei orgánica 1/2025, do 2 de xaneiro, de medidas en materia de eficiencia do Servizo Público de Xustiza:
• Potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou o acordo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao desta notificación.
• Contencioso-administrativo, ante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, se non se interpón o de reposición. Se se interpón este último, o prazo de dous meses empezará a contar desde o día seguinte ao da notificación da resolución do recurso de reposición, se esta for expresa. Se a resolución non for expresa, o prazo para interpor o recurso contencioso-administrativo será de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a desestimación por silencio administrativo.
Calquera outro que xulgue conveniente baixo a súa responsabilidade.
9º. Dar traslado desta resolución ao Pleno Corporativo na vindeira sesión que se teña lugar.
O que lle traslado a vostede para os efectos de notificación, en cumprimento do establecido no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas».
Tui, 27 de xaneiro de 2026
O alcalde
P.D. (Acordo do 23.1.2024)
Ismael Diz Garrido
Concelleiro de Servizos Sociais e de Medio Ambiente
