En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, notifícanse a través deste anuncio os requirimentos de emenda e mellora das solicitudes que inician o procedemento ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, nos supostos de xestación, nacemento, adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento familiar permanente no ano 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 19, do 29 de xaneiro de 2025.
A través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no dito anexo, por si ou a través das persoas que as representen legalmente, para que comparezan no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, 8B, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, onde terán á súa disposición os expedientes para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican e efectuar a emenda e mellora das solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Se as persoas interesadas non comparecen no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírteselles que, de non faceren a emenda nun prazo de dez días hábiles contado desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, efectuada por comparecencia, se terán por desistidas das solicitudes, logo da resolución ditada ao abeiro do disposto nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2026
Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
ANEXO
|
Número de expediente |
Persoa interesada DNI/NIE/pasaporte |
Acto que se notifica e data |
|
BS403B-2025-00009155 |
Z3436439Z |
Requirimento emenda solicitude do 27.10.2025 |
|
BS403B-2025-00010661 |
S735827 |
Requirimento emenda solicitude do 6.11.2025 |
|
BS403B-2025-00011294 |
Z0479631V |
Requirimento emenda solicitude do 21.11.2025 |
