Expediente: IN407A2024/268-1.
Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: Regulamentación LMT SBN702B-Apoio AC3LWFN9/38.
Termo municipal: Arteixo.
1. Características técnicas:
• Novo apoio celosía C-7000/14 para intercalar entre os apoios AC2S92U2//36 e AC53BN86//37 da liña eléctrica de media tensión aérea LMTA SBN702B (expte. 24511), condutor tipo LA-180 mm² Al. Retensado do tramo resultante.
• Novo apoio celosía C-2000/14 en substitución do AC1R3967//40 da LMTA SBN702B (expte. 182/04), condutor tipo LA-56 mm² Al. Retensado do van.
• Desmantelamento da liña aérea entre o apoio AC53BN86//37 e o AC1R3967//40 da LMTA SBN702B, condutor tipo LA-56 mm² Al.
• Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, cunha lonxitude de 23 m., coa orixe no paso aéreo subterráneo do apoio de celosía proxectado na LMTA SBN702B (expte. 24511), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×400 mm² Al, e final en empalme con SBN702B tramo LMTS a CR 15CWH2 (expte. 271/04).
• Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, cunha lonxitude de 25 m, coa orixe na cela da liña existente en barra SBN702B libre en CR 15CWH2 (expte. 271/04), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² Al, e final en paso aéreo soterrado en apoio metálico de celosía proxectado en substitución do AC1R3967//40 da LMTA SBN702B (expte.182/04).
2 Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
• Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro de 1954).
• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
A Coruña, 29 de xaneiro de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
