En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, notifícase a través deste anuncio o requirimento de emenda e mellora da solicitude que inicia o procedemento ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases polas cales se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, nos supostos de xestación, nacemento, adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento familiar permanente no ano 2024, e se procede á súa convocatoria (código do procedemento BS403B), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 8, do 11 de xaneiro de 2024.
A través deste anuncio emprázase a persoa interesada que figura no dito anexo, por si ou a través da persoa que a represente legalmente, para que compareza no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, 8B, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, onde ten á súa disposición expediente para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica e efectuar a emenda e mellora da solicitude, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Se a persoa interesada non comparece no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírteselle que de non facer a emenda nun prazo de dez días hábiles contado desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, efectuada por comparecencia, se terá por desistida da solicitude, logo da resolución ditada ao abeiro do disposto nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2026
Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
ANEXO
|
Núm. de expediente |
Persoa interesada DNI/NIE/pasaporte |
Acto que se notifica e data |
|
BS403B-2024-00005401 |
34308675N |
Requirimento emenda solicitude do 24.11.2025 |
