O artigo 24 da nosa Constitución garántelles o dereito fundamental a obteren a tutela efectiva dos xuíces e tribunais a todas as persoas no exercicio dos seus dereitos e intereses lexítimos, e, así mesmo, á defensa e á asistencia de letrado. Este dereito fundamental compleméntase co disposto no artigo 119 da Carta Magna, onde se establece que a xustiza será gratuíta cando así o dispoña a lei, e, en todo caso, respecto de quen acredite insuficiencia de recursos para litigar.
Coa entrada en vigor da Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta, esta materia foi obxecto dunha fonda reforma e como consecuencia do Real decreto 2166/1994, do 4 de novembro, polo que lle foron transferidas pola Administración do Estado a Galicia os medios materiais e económicos para o funcionamento da Administración de xustiza, entre os cales se atopa o aboamento da compensación económica aos colexios de avogados e de procuradores dos tribunais polas actuacións dos seus colexiados no ámbito da asistencia xurídica gratuíta, a Comunidade Autónoma galega realizou o desenvolvemento normativo da dita Lei 1/1996, nun primeiro momento a través do Decreto 146/1997 e, posteriormente, coa pertinente reforma deste para a súa necesaria adaptación ao contexto actual, mediante o vixente Decreto 269/2008, do 6 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia, modificado polo Decreto 138/2012, do 21 de xuño, e polo Decreto 134/2017, do 7 de decembro.
Por outra banda, con data do 4 de febreiro de 2026 asinouse un Acordo co Consello Galego dos Procuradores para establecer o baremo da compensación económica da asistencia xurídica gratuíta destes profesionais, cun ámbito temporal que abrangue desde o 1 de outubro de 2025 ata o 30 de setembro de 2027.
Así mesmo, o Decreto 134/2017, do 7 de decembro, desenvolve a regulación das certificacións e xustificacións trimestrais establecidas no Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia.
En consonancia co anteriormente exposto,
DISPOÑO:
Primeiro. Durante o cuarto trimestre do ano 2025 e durante o primeiro, segundo e terceiro trimestres de 2026, as cantidades do baremo da compensación económica da asistencia xurídica gratuíta serán as especificadas no anexo da presente orde.
Estas cantidades deberán ser certificadas trimestralmente polos colexios de procuradores, seguindo estritamente a ordenación de tipoloxías recollidas no modelo que figura no anexo da presente orde, de acordo cos artigos 38.3 e 44 do Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia.
Segundo. Os procuradores percibirán o 100 % da compensación económica correspondente á súa actuación profesional cando acrediten a realización dalgún dos seguintes trámites procesuais:
a) Nos procesos penais, a presentación da copia da dilixencia ou solicitude da actuación procesual en que interveña o procurador, ou a apertura do xuízo oral.
b) Nos procesos civís, a presentación da copia da resolución xudicial de admisión da demanda ou de ter por formulada a contestación desta.
c) Nos demais procesos, a presentación da copia da dilixencia xudicial acreditativa da intervención do procurador dos tribunais.
d) Nas apelacións civís, a presentación da copia da resolución xudicial pola que se admite a trámite o recurso ou, se procede, a comparecencia ante a sala.
e) Nas apelacións penais, a presentación da copia da resolución xudicial en que se teña por formalizado ou impugnado o recurso ou o sinalamento para a vista.
f) Nos recursos de casación formalizados, a presentación da copia da resolución xudicial pola que se teña por interposto o recurso.
g) Nos anuncios de recurso de casación que non chegan a ser formalizados, a presentación da copia do anuncio do recurso, debidamente xustificada.
h) Nas execucións de sentenzas que se produzan transcorridos máis de dous anos despois de recaída resolución xudicial, a presentación da copia de petición de execución, debidamente acreditada.
Os documentos referidos poderán ser substituídos por copia selada polo órgano xudicial da primeira folla do escrito presentado.
Terceiro. En cumprimento do establecido no artigo 44.1 do Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia, dentro do mes natural seguinte ao da finalización de cada trimestre o colexio de procuradores remitirá á Dirección Xeral de Xustiza unha certificación, acompañada dos ficheiros electrónicos a que fan referencia as letras a) e b) do dito artigo e que deberá ser expedida polo secretario ou secretaria do colexio co visto e prace do decano ou decana, que conteña os datos relativos ás actuacións realizadas polos profesionais durante ese período nas cales exista recoñecemento expreso do dereito á asistencia xurídica gratuíta (así como tamén, se for o caso, os datos relativos ás actuacións realizadas en períodos anteriores cuxo recoñecemento expreso á asistencia xurídica gratuíta tivese lugar durante ese último trimestre). Na referida certificación observaranse as condicións recolleitas nas letras a), b), c) e d) do citado artigo 44.1.
Cuarto. Consonte o establecido no artigo 44.3 do Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia, os datos contidos na certificación e ficheiros informáticos referidos no punto anterior serán contrastados cos que consten nas correspondentes comisións de xustiza gratuíta, e no suposto de se detectaren discrepancias, concedéraselle ao colexio de procuradores un prazo máximo de cinco días hábiles para, se for o caso, proceder á rectificación daqueles e expedir unha nova certificación.
Quinto. Consoante o disposto no artigo 44.4 do Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia, a Dirección Xeral de Xustiza efectuará, unha vez recibidas as certificacións a que se fai referencia nos puntos anteriores, os libramentos trimestrais que correspondan.
Sexto. Cando un procedemento xudicial teña carácter excepcional e extraordinario, no cal a actuación do procurador supere notablemente a carga de traballo que se pode considerar ordinaria para cada tipo de procedemento, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o correspondente colexio de procuradores poderán formalizar un convenio cuxa finalidade sexa articular os medios técnicos, materiais, humanos ou económicos precisos para facer posible en óptimas condicións a representación xurídica de quen teña recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta, de modo que se garanta a tutela xudicial efectiva de acordo co establecido no artigo 24 da Constitución Española.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2026
Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
ANEXO
Módulos e bases da indemnización pola prestación do servizo.
Baremos para o cuarto trimestre do ano 2025 e o primeiro, segundo e terceiro trimestres de 2026
Xurisdición penal.
|
Código |
Denominación |
Módulo |
|
101 |
Procedemento ante o xulgado de instrución en sumarios ou causas perante o tribunal do xurado |
47,41 € |
|
102 |
Intervención ante o xulgado de instrución en procedementos abreviados de especial complexidade (actuacións de máis de 1000 folios) e en procedementos abreviados de violencia de xénero |
80,90 € |
|
103 |
Intervención ante o xulgado de instrución en procedementos abreviados |
34,11 € |
|
104 |
Intervención ante o xulgado de instrución en xuízos rápidos |
36,14 € |
|
105 |
Xuízo oral ante a audiencia provincial |
36,78 € |
|
106 |
Xuízo oral ante o xulgado do penal |
35,41 € |
|
107 |
Procedemento sobre delitos leves (*) |
35,79 € |
|
108 |
Recurso de apelación |
39,03 € |
|
109 |
Procedemento ante o xulgado de vixilancia penitenciaria (*) |
32,53 € |
Xurisdición civil.
|
Código |
Denominación |
Módulo |
|
201 |
Procedemento ordinario |
54,21 € |
|
202 |
Xuízo verbal e procesos especiais en que resulte preceptiva a intervención de procurador |
43,37 € |
|
203 |
Proceso familia contencioso (completo) |
59,63 € |
|
204 |
Proceso familia de mutuo acordo |
43,37 € |
|
205 |
Medidas provisionais previas e coetáneas en procesos de familia |
35,56 € |
|
206 |
Modificación de medidas definitivas en procesos de familia |
56,38 € |
|
208 |
Execución de títulos xudiciais |
39,02 € |
|
209 |
Recurso de apelación |
39,03€ |
|
211 |
Execución de títulos non xudiciais |
41,07 € |
|
212 |
Xurisdición voluntaria cando a súa intervención resulte preceptiva |
37,95 € |
|
213 |
Procedemento concursal-Lei 2ª oportunidade |
60,00 € |
|
214 |
Exoneración do pasivo no procedemento concursal |
15,00 € |
|
215 |
Rendición de contas anuais nas medidas de apoio á discapacidade |
20 % (1) |
|
216 |
Ampliación da demanda en execucións de familia (máximo 1 por ano) |
30 % (2) |
|
217 |
Execucións que continúen en trámite despois de 5 anos do seu inicio |
39,02 € |
Xurisdición contencioso-administrativa.
|
Código |
Denominación |
Módulo |
|
301 |
Recurso contencioso-administrativo (*) |
43,37 € |
|
302 |
Recurso de apelación (*) |
39,03 € |
Xurisdición social.
|
Código |
Denominación |
Módulo |
|
401 |
Proceso da xurisdición social (*) |
43,37 € |
|
402 |
Recurso de suplicación (*) |
39,03 € |
Xurisdición militar.
|
Código |
Denominación |
Módulo |
|
501 |
Proceso íntegro |
43,37 € |
Recursos de casación e outros extraordinarios.
|
Código |
Denominación |
Módulo |
|
606 |
Recurso de casación e outros extraordinarios ante tribunais de Galicia |
43,37 € |
Normas xerais.
|
Código |
Denominación |
Módulo |
|
701 |
Execución de sentenza posterior aos dous anos de recaída a resolución xudicial, agás a xurisdición civil |
27,11 € |
|
702 |
Medidas cautelares e dilixencias preliminares cando a súa intervención resulte preceptiva |
21,68 € |
|
703 |
Reconvención |
31,98 € |
(1) Sobre o módulo do verbal.
(2) Sobre o módulo da execución.
(*) Cando a intervención do procurador sexa requirida expresamente pola autoridade xudicial de conformidade co artigo 6.3 da Lei 1/1996, de asistencia xurídica gratuíta.
Compensación aos colexios de procuradores por designacións excepcionais:
Naqueles supostos en que non sexa posible a atención ordinaria da representación gratuíta por procuradores con despacho no propio partido xudicial, compensarase anualmente ao colexio respectivo, a través do Consello Galego de Procuradores, coa cantidade de 15,00 € por expediente –ata un máximo de 4.000 € anuais para todos os colexios–, polo desprazamento que supón a designación de procuradores doutro partido xudicial para garantir a prestación continuada do servizo.
