O artigo 24 da nosa Constitución garántelles o dereito fundamental a obteren a tutela efectiva dos xuíces e tribunais a todas as persoas no exercicio dos seus dereitos e intereses lexítimos, e, así mesmo, á defensa e á asistencia de letrado. Este dereito fundamental compleméntase co disposto no artigo 119 da Carta Magna, onde se establece que a xustiza será gratuíta cando así o dispoña a lei, e, en todo caso, respecto de quen acredite insuficiencia de recursos para litigar.
Coa entrada en vigor da Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta, esta materia foi obxecto dunha fonda reforma e, como consecuencia do Real decreto 2166/1994, do 4 de novembro, polo que lle foron transferidas pola Administración do Estado a Galicia os medios materiais e económicos para o funcionamento da Administración de Xustiza, entre os cales se atopa o aboamento da compensación económica aos colexios de avogados e de procuradores dos tribunais polas actuacións dos seus colexiados no ámbito da asistencia xurídica gratuíta, a Comunidade Autónoma galega realizou o desenvolvemento normativo da dita Lei 1/1996, nun primeiro momento a través do Decreto 146/1997 e, posteriormente, coa pertinente reforma deste para a súa necesaria adaptación ao contexto actual, mediante o vixente Decreto 269/2008, do 6 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia, modificado polo Decreto 138/2012, do 21 de xuño, e polo Decreto 134/2017, do 7 de decembro.
Por outra banda, con data do 28 de decembro de 2021 asinouse un acordo co Consello da Avogacía Galega para establecer o baremo da compensación económica da asistencia xurídica gratuíta destes profesionais, cun ámbito temporal que abarca desde o 1 de outubro de 2021 ata o 30 de setembro de 2025. Aprobado o 28 de decembro de 2021, o devandito pacto actualízase a data de 11 de novembro de 2024, coa sinatura dun novo acordo para a aclaración e inclusión de novos conceptos.
Por diversas circunstancias non foi posible acadar no ámbito negocial un novo acordo, e logo das obrigadas conversas co Consello da Avogacía Galega, é necesario prorrogar o baremo establecido no acordo do ano 2021 nas cantidades de compensación económica que rexeron no cuarto trimestre de 2024 e primeiro, segundo e terceiro trimestres de 2025, actualizadas pola Orde desta Consellería do 19 de decembro de 2024, incrementadas no índice de prezos de consumo do ano 2024, de acordo co establecido no dito Acordo do 28 de decembro de 2021, ao tempo que as partes inician un proceso negociador coa finalidade de acadar un acordo para os vindeiros anos.
En consecuencia co anteriormente exposto,
DISPOÑO:
Primeiro. A prórroga do Acordo do 28 de decembro de 2021 entre a Xunta de Galicia e o Consello da Avogacía Galega, polo que se estableceu a compensación económica da asistencia xurídica gratuíta e actualizado mediante acordo do 11 de novembro de 2024 para a aclaración e inclusión de novos conceptos.
Segundo. Durante o cuarto trimestre do ano 2025 e o primeiro, segundo e terceiro trimestres de 2026 as cantidades do baremo da compensación económica da asistencia xurídica gratuíta serán as que rexeron durante o ano 2025, actualizadas pola Orde desta consellería do 19 de decembro de 2024, incrementadas no índice de prezos de consumo do ano 2024, de acordo co establecido no dito Acordo do 28 de decembro de 2021, e especificadas no anexo da presente orde.
Terceiro. Os avogados percibirán o 100 % da compensación económica correspondente á súa actuación profesional cando acrediten a realización dalgún dos seguintes trámites procesuais:
a) En materia de asistencia letrada ao detido ou preso, unha vez finalizada a intervención profesional e que o avogado presente o parte selado polo órgano xudicial ou policial onde se levou a cabo a asistencia e no cal se recollan os seguintes datos, como mínimo:
– Nome e número de colexiado do avogado.
– Nome e DNI do asistido ou asistidos. No caso de estranxeiros, número de pasaporte ou de tarxeta de residencia.
– Motivo polo cal o asiste e, se for o caso, da detención, e número de dilixencias policiais ou xudiciais.
Cando o colexio de avogados teña establecida unha quenda de garda, pagarase unha única compensación por cada quenda de garda. Se o número de asistencias realizadas a persoas diferentes é superior a cinco dentro dunha mesma garda, o avogado percibirá unha compensación equivalente ao dobre do módulo establecido, sexa cal sexa o número de asistencias realizadas.
b) Nos procesos penais, a presentación da copia da dilixencia ou solicitude da actuación procesual en que interveña o letrado, ou a apertura do xuízo oral.
c) Nos procesos civís, a presentación da copia da resolución xudicial de admisión da demanda ou de ter por formulada a contestación dela.
d) Nos demais procesos, a presentación da copia da dilixencia xudicial acreditativa da intervención do avogado.
e) Nas apelacións civís, a presentación da copia da resolución xudicial pola que se admite a trámite o recurso ou, se procede, a comparecencia ante a sala.
f) Nas apelacións penais, a presentación da copia da resolución xudicial en que se teña por formalizado ou impugnado o recurso ou o sinalamento para a vista.
g) Nos recursos de casación formalizados, a presentación da copia da resolución xudicial pola que se teña por interposto o recurso.
h) Nos anuncios de recurso de casación que non chegan a ser formalizados, a presentación da copia do anuncio do recurso, debidamente xustificada.
i) Nas transaccións extraxudiciais e informe de insostibilidade da pretensión, a presentación do documento de transacción subscrito polos interesados ou do informe da insostibilidade dirixido ao colexio.
j) Nas desistencias extraxudiciais por pasividade do interesado, a presentación de xustificación escrita do letrado.
k) Nas execucións de sentenzas que se produzan transcorridos máis de dous anos despois de ditada resolución xudicial, a presentación da copia de petición de execución, debidamente acreditada.
Os documentos referidos poderán ser substituídos por copia selada polo órgano xudicial da primeira folla do escrito presentado.
Cuarto. En cumprimento do establecido no artigo 44.1 do Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia, dentro do mes natural seguinte ao de finalización de cada trimestre o colexio de avogados remitirá á Dirección Xeral de Xustiza unha certificación, acompañada dos ficheiros electrónicos a que fan referencia as letras a) e b) do devandito artigo e que deberá ser expedida polo secretario ou secretaria do colexio co visto e prace do decano ou decana, que conteña os datos relativos ás actuacións realizadas polos profesionais durante ese período nas cales exista recoñecemento expreso do dereito á asistencia xurídica gratuíta (así como tamén, de ser o caso, os datos relativos ás actuacións realizadas en períodos anteriores cuxo recoñecemento expreso á asistencia xurídica gratuíta tivese lugar durante ese último trimestre). Na referida certificación observaranse as condicións recollidas nas letras a), b), c) e d) do citado artigo 44.1.
Quinto. De acordo co establecido no artigo 44.3 do Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia, os datos contidos na certificación e ficheiros informáticos referidos no punto anterior serán contrastados cos que consten nas correspondentes comisións de xustiza gratuíta e, no suposto de detectarse discrepancias, concederáselle ao colexio de avogados un prazo máximo de cinco días hábiles para, de ser o caso, proceder á rectificación daqueles e expedir unha nova certificación.
Sexto. De conformidade co disposto no artigo 44.4 do Regulamento de asistencia xurídica gratuíta de Galicia, a Dirección Xeral de Xustiza efectuará, unha vez recibidas as certificacións a que fan referencia os puntos anteriores, os libramentos trimestrais que correspondan.
Sétimo. Cando un procedemento xudicial teña carácter excepcional e extraordinario, no que a actuación do avogado supere notablemente a carga de traballo que se pode considerar ordinaria para cada tipo de procedemento, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e o correspondente colexio de avogados poderán formalizar un convenio cuxa finalidade sexa articular os medios técnicos, materiais, humanos ou económicos precisos para facer posible en óptimas condicións a defensa xurídica de quen teña recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta, de modo que se garanta a tutela xudicial efectiva de acordo co establecido no artigo 24 da Constitución española.
Disposición derradeira. Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2026.
Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
ANEXO
Módulos e bases da indemnización pola prestación do servizo
Baremos para o cuarto trimestre do ano 2025 e o primeiro,
segundo e terceiro trimestres de 2026
Avogados/tipoloxía
Asistencia ao detido ou preso.
|
Código |
Denominación |
Módulo |
|
101 |
Asistencia individualizada, incluída a presenza inmediata solicitada polo detido ou preso sen declaración posterior, por requirimento xudicial ou do centro de detención |
139,65 € |
Xurisdición penal.
|
Código |
Denominación |
Módulo |
|
201 |
Procedemento ante o tribunal do xurado |
569,27 € |
|
202 |
Asistencia diaria á vista ante o tribunal do xurado a partir do segundo día |
135,39 € |
|
203 |
Procedemento ordinario por delito |
540,48 € |
|
204 |
Procedemento abreviado de especial complexidade (causa de máis de 1.000 folios) |
540,48 € |
|
206 |
Procedemento penal abreviado |
442,41 € |
|
207 |
Procedemento de axuizamento rápido de delitos sen conformidade |
442,41 € |
|
208 |
Procedemento de axuizamento rápido de delitos con conformidade |
293,16 € |
|
209 |
Procedemento para o xuízo sobre delito leve |
176,96 € |
|
2010 |
Menores. Proceso terminado con sentenza |
299,56 € |
|
2011 |
Menores. Proceso con outras formas de terminación |
204,68 € |
|
2012 |
Recurso ante o xulgado de vixilancia penitenciaria con intervención preceptiva ou designación de avogado por requirimento xudicial, conforme o artigo 21 da Lei de asistencia xurídica gratuíta |
199,35 € |
|
2015 |
Recursos de apelación de sentenzas, contra autos finais ou admitidos en ambos os efectos e un recurso de apelación en fase de execución. Proceso por delito |
199,35 € |
|
2016 |
Recursos de apelación. Procedemento sobre delitos leves |
148,18 € |
|
2017 |
Defensa xurídica inmediata da muller en dilixencias policiais, aínda que non presente denuncia, e procedementos administrativos que traian causa directa ou indirecta da violencia de xénero |
139,65 € |
|
2018 |
Comparecencia xudicial da orde de protección |
139,65 € |
|
2019 |
Por cada beneficiario do dereito á asistencia xurídica gratuíta adicional no mesmo procedemento, a partir de tres investigados |
10 %(1) |
|
2020 |
Saídas para entradas e rexistros domiciliarios |
21,32 € |
|
2021 |
Dilixencia de entrada e rexistro no ámbito penal |
97,76 € |
|
2022 |
En procedementos penais, comparecencia a vista de agravación ou mantemento da orde de protección |
66,89 € |
Xurisdición civil.
|
Código |
Denominación |
Módulo |
|
301 |
Procedemento ordinario |
409,36 € |
|
302 |
Xuízo verbal |
272,91 € |
|
303 |
Proceso contencioso de familia completo |
442,41 € |
|
304 |
Proceso de familia de mutuo acordo |
272,91 € |
|
305 |
Medidas provisionais previas e coetáneas en procesos de familia |
144,20 € |
|
306 |
Modificación de medidas definitivas en procesos de familia |
442,41 € |
|
307 |
Proceso sobre filiación ou sobre a adopción de medidas xudiciais de apoio a persoas con discapacidade, agás os internamentos do artigo 763 da Lei de axuizamento civil |
364,32 € |
|
308 |
Monitorio |
135,39 € |
|
309 |
Actuación nun proceso como contador partidor |
296,36 € |
|
3010 |
Proceso de división xudicial de patrimonios e liquidación da sociedade de gananciais |
272,91 € |
|
3011 |
Execucións de títulos xudiciais |
224,94 € |
|
3012 |
Cambiario e execución de títulos non xudiciais |
204,68 € |
|
3013 |
Expedientes de xurisdición voluntaria e internamento non voluntario por razón de trastorno psíquico |
204,68 € |
|
3014 |
Recursos de apelación a sentenzas e autos finais ou admitidos en ambos efectos |
199,35 € |
|
3015 |
Ampliación da demanda en execucións de familia (máximo 1 por ano) |
30 %(2) |
|
3016 |
Impugnación do inventario e caderno particional |
263,42 € |
Xurisdición contencioso-administrativa.
|
Código |
Denominación |
Módulo |
|
401 |
Recurso contencioso-administrativo. Procedemento ordinario |
409,36 € |
|
402 |
Recurso contencioso-administrativo. Procedemento abreviado |
272,91 € |
|
403 |
Vía administrativa (estranxeiría e asilo) |
135,39 € |
|
404 |
Recursos de apelación a sentenzas e autos finais ou admitidos en ambos efectos |
199,35 € |
|
405 |
Entrada en domicilio |
127,93 € |
Xurisdición social.
|
Código |
Denominación |
Módulo |
|
501 |
Procesos da xurisdición social (ordinarios e especiais) |
330,47 € |
|
502 |
Recursos de suplicación |
199,35 € |
Xurisdición militar.
|
Código |
Denominación |
Módulo |
|
601 |
Proceso íntegro |
255,85 € |
Recursos de casación e amparo.
|
Código |
Denominación |
Módulo |
|
701 |
Recurso de casación |
409,36 € |
|
702 |
Recurso de casación cando non se formaliza e hai só anuncio |
124,73 € |
|
703 |
Recurso de amparo |
409,36 € |
Actuacións extraprocesuais.
|
Código |
Denominación |
Módulo |
|
801 |
Transaccións extraxudiciais |
75 %(3) |
|
802 |
Informe motivado da insostibilidade da pretensión |
90,61 € |
|
803 |
Desistencia previa ao proceso por pasividade da persoa axuizable, estudo e preparación do asunto previos á presentación da demanda |
30 % (3) |
Normas xerais.
|
Código |
Denominación |
Módulo |
|
901 |
Achantamento |
30 %(3) |
|
902 |
Execución de sentenza posterior aos dous anos de ditada a resolución xudicial, agás na xurisdición civil |
30 %(3) |
|
903 |
Saídas a centros de prisión e centros de internamento de menores en réxime pechado (máximo de dúas saídas por proceso) |
34,11 € |
|
904 |
Desprazamentos para a asistencia a xuízo oral (avogados con despacho oficial nun partido xudicial distinto ao da sede do xulgado do penal ou da audiencia provincial) |
51,17 € |
|
905 |
Medidas cautelares e dilixencias preliminares |
114,07 € |
|
906 |
Reconvención |
135,39 € |
(1) Sobre o módulo do procedemento ata o límite do 50 % de dito módulo.
(2) Sobre o módulo da execución.
(3) Sobre o módulo aplicable ao procedemento.
