DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 23 de febreiro de 2026 Páx. 14480

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 10 de febreiro de 2026 de selección de entidade privada sen ánimo de lucro no procedemento de asignación do concerto social para a execución do programa de acollemento residencial de primeira acollida con carácter de urxencia (código de procedemento BS213U).

No Diario Oficial de Galicia número 217, do 10 de novembro de 2025, a través da Resolución do 24 de outubro de 2025, da Consellería de Política Social e Igualdade, publícase a convocatoria do procedemento de asignación de concerto social para a execución do programa de acollemento residencial de primeira acollida con carácter de urxencia (código de procedemento BS213U).

Unha vez instruído de conformidade coas bases do procedemento de selección, tras a valoración dos criterios e emitida a proposta, con data 10 de febreiro de 2026 emítese polo órgano competente a resolución que finaliza o dito procedemento, a Consellería de Política Social e Igualdade, de conformidade co Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e o Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías de Xunta de Galicia.

A epígrafe 6 da cláusula M) do anexo I da Resolución do 24 de outubro de 2025 establece que a resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 10 de febreiro de 2026 ditada no procedemento BS213U de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a execución de acollemento residencial de primeira acollida con carácter de urxencia, que se xuntará á presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 10 de febreiro de 2026 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, procederase á formalización do concerto coa entidade seleccionada.

A formalización deste concerto social, de acordo co establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, farase mediante un documento administrativo dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.

O concerto social perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen terse efectuado esta previamente.

Efectuada a formalización, a entidade concertada estará obrigada a prestar ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, na resolución da convocatoria do concerto social e, de ser o caso, nos criterios de preferencia e selección da entidade.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2026

Jacobo José Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

«Resolución do 10 de febreiro de 2026 pola que se selecciona unha entidade privada sen ánimo de lucro para a concertación, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do programa de acollemento residencial de primeira acollida con carácter de urxencia (código de procedemento BS213U).

A través da Resolución do 24 de outubro de 2025 pola que se publica a convocatoria, mediante o procedemento de asignación de concerto social, da execución do programa de acollemento residencial de primeira acollida con carácter de urxencia (código de procedemento BS213U), para a selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a execución do citado programa.

Unha vez examinadas as solicitudes polo órgano instrutor, avaliadas as ditas solicitudes pola comisión de valoración, vista a proposta de resolución formulada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica,

RESOLVO:

Primeiro. Seleccionar para levar a cabo a execución do programa de acollemento residencial de primeira acollida con carácter de urxencia, á seguinte entidade, en aplicación dos criterios de selección e preferencia da cláusula O) do anexo I da Resolución do 24 de outubro de 2025, publicada o 10 de novembro de 2025 no Diario Oficial de Galicia nº 217.

Consonte os criterios de valoración reflectidos no texto da resolución, a Comisión de Valoración establece a seguinte puntuación para a entidade presentada ao concerto:

Descrición

Puntaxe

A. Calidade do proxecto de intervención educativa (ata 40 puntos)

23,6

B. Instalacións en que se levará a cabo o servizo (ata 20 puntos)

18,5

C. Medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e corresponsabilidade (ata 10 puntos)

0

D. Continuidade na atención prestada en acollemento residencial de primeira acollida (ata 15 puntos)

6,28

E. Por cada ano de servizo acreditado pola entidade no ámbito da protección á infancia e á adolescencia (ata 15 puntos)

15

Total

63,38

Segundo. Adxudicar o concerto social do xeito que a seguir se indica polo importe que se sinala á entidade seguinte:

Entidade:

Asociación de Iniciativa Social Berce

NIF:

G36788081

Código do procedemento: BS213U.

Modalidade de concertación: procedemento de asignación de concertos.

Data de publicación: 10.11.2025.

Prazo de execución: o prazo de duración do concerto será desde a data da súa formalización ata o 31.5.2029. (estimación desde o 20 de febreiro de 2026, 315 días no 2026).

O importe da adxudicación (exento de IVE) e a súa distribución por anualidades é o seguinte:

Nº de prazas especiais

2026 (315 días)

2027

2028

2029 (151 días)

11

934.822,35 €

1.159.451,70 €

1.214.684,46 €

519.361,48 €

Total anualidades
2026 (315 días)-2029 (151 días)

3.828.319,99 €

Terceiro. Asinar o concerto social coa entidade seleccionada dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación, segundo indica o artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. Contra esta resolución que esgota a vía administrativa poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como se indica no artigo 17.2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2026. Fabiola García Martínez, conselleira de Política Social e Igualdade.