Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 32, do mércores 18 de febreiro de 2026, cómpre realizar as seguintes correccións:
Na páxina 13484, onde di: «Poderán ser subvencionables as accións para as que se concede a axuda ou incentivo que se realicen entre o día 1 de xaneiro de 2026 e ata a data de final do prazo de xustificación das actividades establecido no artigo 35», debe dicir: «Poderán ser subvencionables as accións para as que se concede a axuda ou o incentivo que se realicen entre o día 1 de xaneiro de 2026 e ata a data de final do prazo de xustificación das actividades establecido no artigo 36».
Na páxina 13486, onde di: «Para todas as liñas será necesario que as entidades solicitantes teñan unha taxa de estabilidade cando menos do 50 % desde o 1 de xaneiro de 2025 e na data da súa xustificación», debe dicir: «Para todas as liñas será necesario que as entidades solicitantes teñan unha taxa de estabilidade cando menos do 50 % na data de presentación da solicitude e na data da súa xustificación».
Na páxina 13490, onde di: «Poderán ser beneficiarias, as empresas que, alén de cumprir cos requisitos do artigo 5 desta orde, non pertenzan aos sectores da economía da tecnoloxía da información e a comunicación (TIC) e que:», debe dicir: «Poderán ser beneficiarias as empresas que, alén de cumprir cos requisitos do artigo 5 desta orde, que:».
Na páxina 13491, onde di: «Poderán ser beneficiarias as empresas que conten cos requisitos do artigo 5 desta orde e teñan formalizados acordos de teletraballo en vigor na data de presentación da solicitude, que deberán cumprir con todos os requisitos establecidos na Lei 10/2021, do 9 de xullo, de traballo a distancia.
Non serán beneficiaras destas subvencións aquelas empresas que pertenzan a sectores TIC da economía».
Debe dicir: «Poderán ser beneficiarias as empresas que conten cos requisitos do artigo 5 desta orde e teñan formalizados acordos de teletraballo en vigor na data de presentación da solicitude, que deberán cumprir con todos os requisitos establecidos na Lei 10/2021, do 9 de xullo, de traballo a distancia».
