DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 23 de febreiro de 2026 Páx. 14659

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Cariño (expediente IN407A 2025/131-1).

Expediente: IN407A 2025/131-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: Recuamento CT Sagrón y CT As Cañotas-Cariño.

Concello: Cariño.

Feitos:

1. O día 2 de xullo de 2025, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de mellora na calidade da subministración eléctrica.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada, presentan o proxecto de execución denominado recuamento CT Sagrón y CT As Cañotas-Cariño, asinado o día 12.5.2025 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº de colexiado 2.980 de Vigo.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 28 de novembro de 2025.

• BOP: 12 de novembro de 2025.

• Xornal La Voz de Galicia: 1 de decembro de 2025.

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 23 de decembro de 2025.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Patrimonio Cultural, Deputación Provincial, Augas de Galicia e concello de Cariño.

A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos por Patrimonio Cultural no prazo outorgado para ese efecto.

No día desta resolución, non consta no expediente resposta da Deputación Provincial, Augas de Galicia e Concello de Cariño á solicitude de informe.

5. O día 29 de xaneiro de 2026 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 101, do 27 de maio).

2. As celas dos centro de transformación proxectados conteñen gases suxeitos ás prohibicións previstas no Regulamento (UE) nº 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024. As ditas celas non poderán ser instaladas agás que se xustifique algunha das excepcións indicadas no artigo 13 do antedito regulamento. En caso contrario, deberán realizarse as actuacións administrativas necesarias para adaptar a instalación.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións obxecto deste expediente están situadas na av. de Sangrón nº 38 e lugar de Fontao, no concello de Cariño e as súas características técnicas son as seguintes:

Instalación dun CT prefabricado 3L1P de 250 kVA de potencia, para substituír o actual CT 15CU14 Sagrón (expediente IN407A 2016/766-1) que se desmantela.

Instalación dun CT prefabricado 2L1P de 250 kVA de potencia en el lugar de Fontao, para substituír o actual CT 15AU49 Cañotas (expediente IN407A 2015/402-1).

Desmantelamento da LMTA que une os CT Sagrón e As Cañotas e o seu paso a subterráneo, sendo necesario o cambio por un CT tipo 2L1P, para poder dar continuidade á LMT ata o CT particular 15PLL0 Bombas Agua Cariño:

Desmantelamento de 419 m de LMTA MEA-805 comprendidos entre o CT 15CU14 Sagrón e o CT 15AU49 As Cañotas e 110 metros de condutor LAC-80 sen servizo.

Desmantelamento de 3 apoios de celosía e 3 apoios de formigón pertencentes a estes tramos.

Substitución do apoio existente B84E2ND5//98 por un novo apoio tipo C-4500-22 en fin de liña no que se instalan un PAS e un seccionador tipo XS para continuar o servizo ao CT 15PLT3.

LMTS en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) cunha lonxitude de 25 m + 25 m con entrada e saída no CT 3L1P proxectado, 710 m desde o CT 3L1P proxectado ata o CT 2L1P proxectado e desde este último 40 m ata o apoio existente B7UNE9WO//96-3-CT para darlle servizo ao CT 15PLL0 Bombas Agua Cariño.

Desmantelamento de 150 m de RHV 240 con expediente: IN407A 405/2023.

4. Na visita de campo realizada o 19.1.2026 para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume que sinala o artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) nº 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) nº 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) nº 517/2014 (DOUE nº 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Cariño

Nº parcela

Lugar e referencia catastral

Cultivo

Propietaria

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Ru. Pedra 28

Ref. catastral: 0532131NJ9413S0001WY

Urbana

– Casimelindo, S.L.

Repr.: María Teresa Docampo

CT

52.42

4

Muíño Vello

Ref. catastral: 15095A004006560000OH

Rústico

Malayo ITG, S.L.

Apoio

2.0

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

m2 aér.: superficie da servidume aérea en m2.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 sot.: superficie da servidume soterrada.