Mediante a Resolución reitoral do 10 de marzo de 2025 (DOG do 19 de marzo), convocáronse probas selectivas para cubrir nove (9) prazas na escala técnica superior de Administración da USC, subgrupo A1, pola quenda de promoción interna.
Mediante a Resolución reitoral do 16 de setembro de 2025 (DOG do 25 de setembro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.
Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar e facer pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas nas citadas probas.
Segundo. Indicar que a citada lista definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas á realización do segundo exercicio da fase de oposición (cuestionario tipo test), o día 23 de marzo, ás 17.00 horas, na aula Luisa Cuesta da Biblioteca Concepción Arenal da USC (Campus Vida, Santiago de Compostela). Non se realizará o primeiro exercicio dado que todas as persoas aspirantes acreditan o coñecemento do galego.
A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2026
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
