Mediante a Resolución do 22 de xaneiro de 2025 (DOG num. 15, do 23 de xaneiro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 222, do 22 de novembro).
Segundo a base I.2.5 da convocatoria, establécese como requisito das persoas aspirantes o de ter capacidade funcional, entendida como posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas, polo que
DISPOÑO:
Excluír a seguinte persoa aspirante do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo A2:
|
DNI |
Apelidos e nome |
Quenda |
Motivo da exclusión |
|
***0104** |
Carbo González, David |
PI |
201 |
|
201 |
Non cumpre o requisito da base I.2.5 |
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
