Na sesión que tivo lugar o 20 de febreiro de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 29 de maio de 2024 (DOG núm. 108, do 5 de xuño) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo auxiliar de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros DOG núm. 64, do 31 de marzo),
ACORDOU:
Primeiro. Mediante a Resolución do 2 de febreiro de 2026 (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), este tribunal acordou elevar á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe de novas persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, mediante o sistema de concurso, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal. A puntuación do último aspirante era de 37,700 puntos.
O aspirante José Fernández Prados, con DNI ***4451**, interpuxo recursos de alzada contra as resolucións do 11 de xullo de 2025, pola que se modifica a baremación definitiva da fase de concurso (DOG núm. 210, do 30 de outubro), e do 5 de novembro de 2025, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo (DOG núm. 216, do 7 de novembro). O 19 de febreiro, a directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no uso da competencia delegada pola Consellería de Facenda e Administración Pública en virtude do disposto na Orde do 8 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), modificada polo artigo único da Orde do 4 de febreiro de 2020 (DOG núm. 30, do 13 de febreiro), acordou estimar parcialmente os ditos recursos de alzada. Como consecuencia, o aspirante José Fernández Prados obtén unha puntuación de 37,980 puntos, polo que procede a modificación do baremo definitivo da fase de concurso desta persoa aspirante.
O 19 de febreiro de 2026, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requiriulle a este tribunal que propoña unha nova persoa aspirante, xa que o 18 de febreiro Miguel Ángel Montaña López, con DNI ***9095**, presentou a renuncia a seguir participando no dito proceso.
A base III.4 da convocatoria sinala: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número de persoas superior ao de prazas convocadas. Para poder superar o proceso selectivo, será necesario acadar unha puntuación mínima de trinta (30) puntos.
Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producisen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non tomen posesión efectiva ou non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deducise que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira ou, de ser o caso, persoal laboral fixo».
Por todo isto, este tribunal acorda propoñer unha relación complementaria de aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, mediante o sistema de concurso, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal, atendendo á orde das puntuacións obtidas no concurso e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal), eliminando a persoa aspirante que renunciou, reenumerando a orde de prelación a partir do posto número 152 e incorporando unha nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo.
Segundo. De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación da tramitación de urxencia, aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021 , conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na devandita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.
Terceiro. Este tribunal acorda facer pública como anexo I a esta resolución a proposta complementaria dunha persoa aspirante que superou o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal.
Cuarto. Este tribunal acorda elevar a devandita proposta complementaria da persoa aspirante que supera o proceso selectivo á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que a persoa afectada sexa proposta para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
Quinto. Contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2026
Javier Fraga Vázquez
Presidente do tribunal
ANEXO I
Relación complementaria de persoas aspirantes
que superaron o proceso selectivo
Convocatoria: C2 (concurso).
Corpo/categoría: corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal (207U).
|
Núm. orde |
DNI/NIE |
Apelidos, nome |
Quenda |
Puntuación |
|
152 |
***4451** |
Fernández Prados, José |
Libre |
37,98 |
