DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 24 de febreiro de 2026 Páx. 14800

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 11 de febreiro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 222, do 22 de novembro), pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso.

Na sesión que tivo lugar o 11 de febreiro de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 7 de novembro de 2024 (DOG núm. 220, do 14 de novembro; con corrección de erros no DOG núm. 222, do 18 de novembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 222, do 22 de novembro; con corrección de erros no DOG núm. 79, do 22 de abril),

ACORDA:

Primeiro. Facer pública a baremación definitiva da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto na base II.5 da convocatoria.

A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

O detalle da puntuación de cada un dos méritos poderase consultar na canle do emprego público de Galicia (Fides), accedendo á inscrición no proceso selectivo, no bloque de resultado, que se amosará no momento da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2026

Luz Aguiar Vale
Presidenta do tribunal