BDNS (Identif.) 887807.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/887807
Primeiro. Persoas beneficiarias
Alumnado matriculado na Universidade de Vigo no curso 2025/26 en titulacións oficiais de grao e máster universitario, en centros propios ou en centros adscritos de titularidade pública que imparten titulacións non impartidas en centros propios (Enfermaría Ourense, Enfermaría Pontevedra e Enfermaría Meixoeiro).
Estar matriculado no curso 2025/26 nalgunha das materias de prácticas curriculares con 18 ou máis créditos.
Segundo. Obxecto
Esta convocatoria está prevista no Plan estratéxico de subvencións da Universidade de Vigo como acción destinada ao cumprimento do obxectivo «desenvolver programas formativos conxuntos coas empresas e coas institucións que melloren a empregabilidade do estudantado», a través da compensación do custo económico asociado aos desprazamentos que o estudantado debe realizar desde a localidade do centro de estudos ata as empresas e institucións en que realizan as prácticas curriculares.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución reitoral pola que se convocan bolsas de desprazamento destinadas ao estudantado que realiza prácticas curriculares no curso 2025/26.
Cuarto. Contía
A contía total do crédito destinado a estas axudas será de trinta e dous mil cincocentos euros (32.500 €).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 18 de febreiro ata o 16 de marzo de 2026.
Vigo, 17 de febreiro de 2026
O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG de 10 de xuño)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade
