DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 24 de febreiro de 2026 Páx. 14757

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2026 polo que se publica o Plan de formación continua dos corpos da Policía Local de Galicia para o ano 2026.

Tras ser aprobado polo Consello Reitor o Programa anual de actividades para o ano 2026 da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) con data do 20 de febreiro de 2026, e de acordo co establecido no artigo 9.2.b) da Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Agasp, faise publico o Plan de formación continua do ano que corre, dirixido ao persoal dos corpos da Policía Local de Galicia, no anexo I desta resolución, así como as bases xenéricas que rexen a súa convocatoria.

A Estrada, 23 de febreiro de 2026

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO I

Primeiro. Plan de formación

Os cursos de formación continua aprobados polo Consello Reitor da Agasp, con data do 20 de febreiro de 2026, dirixidos ao persoal dos corpos da Policía Local de Galicia, divídense nas seguintes áreas temáticas:

1. Tráfico e seguridade viaria.

2. Policía comunitaria, de proximidade e de convivencia.

3. Informática.

4. Xurídica e administrativa.

5. Táctica policial.

6. Utilización de medios de dotación policial.

7. Violencia de xénero.

8. Adestramento coa arma regulamentaria.

Así, a listaxe das accións formativas aprobadas é a que se sinala a seguir:

Acción formativa

Nº horas

Nº edicións

Nº horas totais

Nº prazas

Nº prazas totais

Modalidade

FC. Tráfico e seguridade viaria

Actualización normativa en materia de seguridade viaria

25

2

50

35

70

Semipresencial (en liña e presencial)

Elaboración de atestados

20

2

40

35

70

Semipresencial (en liña e presencial)

Cálculo de velocidades na investigación dos accidentes de tráfico

8

1

8

35

35

En liña

Falsidade documental e tráfico ilícito de vehículos

25

1

25

20

20

Presencial

Mobilidade eléctrica lixeira tras a modificación do SOA, VMP e VPL

8

4

32

25

100

Presencial

Detección de drogas na condución

8

2

16

25

50

Presencial

Transportes

25

1

25

35

35

Semipresencial (en liña e presencial)

Permisos estranxeiros de condución

12

1

12

35

35

En liña

Vehículos estranxeiros

8

1

8

35

35

En liña

Operador/a de radar

21

2

42

20

40

Presencial

Actuación con radares fixos en núcleo urbano: localización, marxes, sistemas de captura de imaxes

12

2

24

35

70

En liña

Educación viaria

25

1

25

35

35

Semipresencial (en liña e presencial)

Delitos contra a seguridade viaria

8

1

8

35

35

En liña

Seguro obrigatorio de automóbiles. Actualización

4

4

16

25

100

Presencial

Actuación con vehículos de alugueiro con condutor-VTC

8

2

16

35

70

En liña

FC. Policía comunitaria. Policía de proximidade. Convivencia 

Detección de condutas suicidas. Actuación en caso de tentativas

8

2

16

25

50

Presencial

Trastorno do espectro autista (TEA)

4

2

8

25

50

Presencial

Intervención policial con menores

8

2

16

25

50

Presencial

Casuística policial na delincuencia xuvenil

4

2

8

35

70

En liña

Actuación policial no ámbito familiar

8

2

16

25

50

Presencial

Protección da infancia e da adolescencia

8

2

16

35

70

En liña

Menores e novas tecnoloxías: uso de redes sociais, gorming, sexting, pornografía

12

2

24

35

70

Semipresencial (en liña e presencial)

Persoas maiores e situacións de risco

4

2

8

25

50

Presencial

Persoas con discapacidade: intervención policial segura

8

2

16

25

50

Presencial

Persoas migrantes e diversidade cultural

8

1

8

35

35

En liña

Persoas sen fogar e exclusión social

4

1

4

35

35

En liña

FC. Táctica policial

Intervención policial básica. Especial atención a persoas axitadas e non colaboradoras

25

1

25

20

20

Presencial

Traballo en binomio (contornos reducidos, cacheos e pelexas)

16

1

16

20

20

Presencial

Rexistro de inmobles

8

1

8

20

20

Presencial

Krav Maga policial

8

2

16

20

40

Presencial

Actuación ante o ataque de arma branca

8

2

16

20

40

Presencial

Condución policial en situación de emerxencia

12

4

48

16

64

Presencial

Tiro con visibilidade reducida

8

2

16

8

16

Presencial

Tiro nocturno e manexo do láser

8

2

16

8

16

Presencial

Tiro reactivo en binomio

8

2

16

8

16

Presencial

Asistencia sanitaria no mar

8

2

16

12

24

Presencial

Uso dos torniquetes nas hemorraxias

4

4

16

16

64

Presencial

Desfibrilación externa semiautomática (DESA)

8

6

48

16

96

Presencial

Fotografía e vídeo policial

25

1

25

20

20

Presencial

Stop the bleed. Nivel 1

8

3

8

20

60

Presencial

Stop the bleed. Nivel 2

15

2

30

12

24

Presencial

Stop the bleed. Nivel 3

20

1

20

12

12

Presencial

B- SALP (sistema avanzado de loita policial)

24

2

48

25

50

Presencial

Resolución de incidentes críticos

12

1

12

20

20

Presencial

Escolta de personalidades e dispositivos de protección

24

1

24

14

14

Presencial

Uso de armas por parte das FCS

12

1

12

14

14

Presencial

Piloto de aeronaves non tripuladas

50

4

200

20

80

Semipresencial (en liña e presencial)

FC. Área xurídica. Policía administrativa  

Normativa e protección de montes (actuación, delitos, plantacións, cortas, vertedoiros, lodos...)

16

2

32

35

70

En liña

Actualización normativa en dereito penal

20

2

40

35

70

En liña

Operador/a de emisora

8

2

16

20

40

Presencial

Responsabilidade penal das persoas xurídicas

4

1

4

35

35

Presencial

Responsabilidade penal de menores

4

1

4

35

35

En liña

Normativa de entrada e/ou rexistros de vivendas

8

1

8

35

35

En liña

Actuacións policiais en incendios forestais e urbanos

6

1

6

20

20

Presencial

Emprego dos extintores

4

2

8

12

24

Presencial

Investigación de incendios

25

1

25

35

35

En liña

Armamento, cartucharía, armas legais e armas prohibidas

12

1

12

35

35

En liña

Delitos comúns no ámbito policial

8

1

8

35

35

Presencial

Resistencia e desobediencia á autoridade

8

1

8

35

35

Presencial

Uso de cámaras persoais

12

1

12

35

35

Semipresencial (en liña e presencial)

Actualización en benestar animal, caza e pesca

12

1

12

35

35

En liña

Verteduras (xestión de residuos nos despezamentos, delitos, puntos limpos…)

12

1

12

35

35

En liña

A detención desde o punto de vista xurídico

4

1

4

35

35

En liña

Intervención policial na venda ambulante

16

1

16

35

35

Semipresencial (en liña e presencial)

Control de establecementos de ocio nocturno

8

1

8

35

35

Semipresencial (en liña e presencial)

Investigación da policía local en materias de catastro, Sixpac, catálogo visual de estradas

8

1

8

35

35

Semipresencial (en liña e presencial)

Pirotecnia: normativa e intervención policial

12

1

12

35

35

Semipresencial (en liña e presencial)

Xogo (casas de apostas, casinos e xogo en liña)

12

1

12

35

35

En liña

Urbanismo: inspección de estruturas portátiles

8

1

8

35

35

En liña

Urbanismo: infraccións

8

1

8

35

35

En liña

FC. Informática e novas tecnoloxías 

Competencias dixitais básicas

150

1

150

100

100

En liña

Programación básica

16

1

16

35

35

En liña

Intelixencia artificial aplicada á investigación

8

1

8

20

20

Presencial

Uso policial da intelixencia artificial

4

2

8

35

70

En liña

Normativa sobre a intelixencia artificial

4

2

8

35

70

En liña

Protección de datos

16

1

16

20

20

Presencial

A Administración electrónica (LexNET, Geiser e outras apps de aplicación policial)

16

1

16

35

35

En liña

Aplicacións dos teléfonos móbiles útiles na actuación policial

8

1

8

35

35

En liña

FC. Emerxencias e protección civil

Centro de mando operativo como canle de comunicación en grandes eventos e emerxencias

4

2

8

20

40

Presencial

Incendios de vehículos eléctricos. Interceptación en caso de sinistro ou avaría

4

2

8

20

40

Presencial

Emerxencias no contorno natural

4

2

8

20

40

Presencial

FC. Comunicación social

Como falar con pacientes psiquiátricos

6

2

12

20

40

Presencial

Control da presión e estrés

8

2

16

20

40

Presencial

Pedagoxía para charlas en colexios sobre violencia de xénero, drogas, tráfico ou similares

8

2

16

20

40

Presencial

Intelixencia emocional e autocontrol

8

2

16

20

40

Presencial

Xestión de situacións complexas na vía pública

6

3

18

20

60

Presencial

Comunicación policial baseada na neurociencia aplicada

30

2

60

20

40

Presencial

Comunicación policial na era do móbil e as redes sociais

20

2

40

35

70

En liña

Desescalada verbal na vía pública

20

2

40

20

40

Presencial

Comunicación con persoas hostís non delituosas

4

4

16

20

80

Presencial

O que dicimos sen darnos conta na comunicación

4

4

16

35

140

En liña

FC. Idiomas

Linguaxe galega administrativa media

75

1

75

25

25

Semipresencial (en liña e presencial)

Linguaxe galega administrativa superior

75

1

75

25

25

Semipresencial (en liña e presencial)

Inglés

100

2

200

50

100

En liña

Portugués

100

2

200

50

100

En liña

Linguaxe de signos

20

2

40

20

40

Presencial

Xefes/as e mandos da Policía Local 

Dirixir, decidir e soster: encontro de mandos da Policía Local de Galicia: formación, debate e intercambio

12

1

12

100

100

Presencial

RPT, avaliación de postos

4

1

4

25

25

Presencial

Réxime sancionador

8

1

8

35

35

En liña

Contratación e orzamentos

4

1

4

35

35

En liña

Dirección e xestión de equipos

16

1

16

20

20

Presencial

Responsabilidade penal, civil e disciplinaria do mando policial

8

1

8

35

35

En liña

Xestión do cambio e modernización policial

4

1

4

20

20

Presencial

Toma de decisións e xestión do erro operativo

8

1

8

20

20

Presencial

O mando como xestor do conflito invisible

8

1

8

20

20

Presencial

Laboratorio de decisións

O poder informal dos non mandos

4

1

4

20

20

Presencial

O mando como tradutor: as decisións políticas á linguaxe policial, os problemas operativos á linguaxe política, os conflitos cidadáns á linguaxe institucional

8

1

8

20

20

Presencial

Violencia de xénero

Primeira intervención da Policía Local en violencia de xénero

40

4

160

35

140

Semipresencial (en liña e presencial)

Sistema de VioXén e valoración policial dos riscos

8

2

16

35

70

En liña

Violencia de xénero con especial vulnerabilidade

8

2

16

35

70

En liña

Actualización operativa: incumprimento das ordes de protección, seguimento policial, alto risco. Análise de supostos reais

4

2

8

20

40

Presencial

Coordinación con xulgados, Fiscalía e servizos sociais na violencia de xénero

4

4

16

20

80

Presencial

Identificación e primeira intervención ante a violencia de xénero dixital

40

2

80

35

70

Semipresencial (en liña e presencial)

Apoio e acompañamento a mulleres vítimas de violencia de xénero

40

2

80

35

70

Semipresencial (en liña e presencial)

Plan de adestramento semestral coa arma regulamentaria

100

2

200

500

1000

Presencial

Estas accións formativas aprobadas polo Consello Reitor da Agasp poden ser modificadas, redefinidas o substituídas, de acordo cos contidos docentes asignados a cada unha delas.

Segundo. Programación, datas, horas, contidos e convocatoria

A programación e a convocatoria dos cursos descritos con anterioridade realizaranse a través da páxina web da Agasp (https://agasp.xunta.gal/es) de forma individual ou agrupados por materias, dependendo da formación convocada.

A información relativa ao horario, datas de realización e modalidade de impartición estará dispoñible no momento da súa convocatoria na ficha de cada curso, de acordo co código numérico polo cal se convoque.

Todos os cursos convocados a través de resolucións publicadas na páxina web da Agasp pecharán a súa inscrición, sempre que se completasen as prazas previstas, con sete (7) días hábiles de antelación ao do inicio de cada curso.

No anexo desta resolución publícanse as bases xenéricas que rexerán os cursos publicados nela e que serán convocados a través da páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública.

Aqueles cursos que, pola súa especificidade, requiran requisitos individuais ou criterios específicos para o acceso a eles, estes serán establecidos na súa convocatoria.

ANEXO II

Bases

Primeira. Persoal destinatario

Poderán participar nos cursos convocados por esta resolución os/as policías locais de Galicia que se encontren en situación de servizo activo ou excedencia por coidado de familiares.

A baixa laboral por incapacidade temporal impide a participación nas accións formativas convocadas, polo que, de se producir esta situación, as persoas interesadas deberán comunicarllo á Agasp de maneira inmediata. No caso de non o faceren, serán penalizadas coa non participación en accións formativas da Agasp durante un ano, contado desde o día seguinte a aquel en que se teña coñecemento do feito, e, no caso de estar a realizar efectivamente un curso, non se emitirá diploma deste.

Será revisable a admisión de persoas en baixa laboral por incapacidade temporal cando esta veña producida por accidente de traballo recoñecido como tal e a asistencia ao curso non interfira na recuperación.

Con carácter xeral, reservarase o 20 % das prazas convocadas para persoal das forzas e corpos de seguridade do Estado que traballen en Galicia, porcentaxe que poderá ser superada no suposto de quedaren prazas vacantes.

Así mesmo, en caso de quedaren prazas vacantes, poderá acceder aos cursos convocados a través desta resolución o persoal dependente da Axencia Galega de Emerxencias e do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112-Galicia.

Se as solicitudes para participar nun curso non superan as dez (10) persoas, a Agasp reserva para si a facultade de anular a actividade formativa.

Segunda. Solicitudes

1. O persoal que desexe participar nos cursos que sexan convocados deberá facelo a través da solicitude que se xera automaticamente cando se convoca na páxina web da Agasp.

É preciso que todas as persoas que desexen participar en cursos da Agasp manteñan actualizados os seus datos persoais, especialmente a conta de correo electrónico e o teléfono móbil, co obxecto de posibles comunicacións. No suposto de non seren correctos ou exactos os ditos datos, a Agasp non é responsable dos posibles prexuízos causados ás persoas interesadas.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas solicitantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano, computado desde o momento en que se detecte o feito.

3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente todos os datos para realizar a selección do alumnado, non se axusten ao modelo normativizado ou sexan presentadas fóra de prazo.

4. No caso de se encontrar nalgún dos supostos que a continuación se indican, a persoa solicitante deberá remitirlle á Agasp, no mesmo prazo establecido para o envío da solicitude de inscrición, a certificación orixinal ou fotocopia legalizada que acredite tal situación (non será preciso se tal documentación xa consta en poder da Agasp; neste caso, deberá comunicalo na propia solicitude):

• Profesionais que estean gozando ou gozasen nos dous últimos anos dunha licenza de maternidade, dun permiso de paternidade, dunha redución de xornada ou dunha excedencia por coidado de familiares.

5. Cando o curso para o cal presenta solicitude requira a presentación de documentación complementaria co obxecto de acreditar circunstancias específicas de acordo cos criterios de selección, deberá remitir tal documentación por correo electrónico (formacion.agasp@xunta.gal) ou segundo o establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

6. O prazo de presentación de solicitudes será desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación da convocatoria dos cursos ata as 14.00 horas do día final de inscrición, que se indicará na propia convocatoria e que, en todo caso, non pode ser inferior aos dez (10) días hábiles anteriores ao da súa realización.

7. O número máximo de cursos que se poden realizar por semestre limítase a cinco (5), pero poderá ser admitido/a en máis cursos, unha vez superado este límite, se hai prazas vacantes nos cursos solicitados, polo que as persoas interesadas deben solicitar todos os cursos en que estean interesados, no momento da súa inscrición.

8. Non está permitido realizar cursos que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro no cal xa foi seleccionado, debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certificación de ningunha delas e o/a alumno/a non poderá participar noutros cursos durante un ano desde que se detecte este feito.

A previsión contida neste número 8 inclúe as clases de telepresenza dos cursos convocados na modalidade de teleformación deste organismo.

Terceira. Criterios xerais de selección

Os criterios xerais de selección son os que a continuación se indican, sen prexuízo de que para cursos específicos se requiran outros diferentes, o cal se indicará na ficha de cada acción formativa concreta:

1. Menor número de cursos realizados na Agasp nos dous últimos anos.

2. Por orde de inscrición.

Terán preferencia na selección as persoas candidatas que estean gozando ou gozasen, nos dous últimos anos, dunha licenza de maternidade, dun permiso de paternidade, dunha redución da xornada ou dunha excedencia para o coidado de familiares, sempre que cumpran cos requisitos obxectivos para seren destinatarias do curso.

Ademais, de conformidade co establecido no artigo 155 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia, nos cursos, xornadas ou outras actividades formativas que teñan contidos relativos a actividades en que as mulleres estean infrarrepresentadas, organizados ou financiados pola Administración xeral ou por unha entidade do sector público autonómico de Galicia, reservarase un 50 por cento das prazas para mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria. As mulleres só accederán a esta quenda reservada unha vez cubertas todas as prazas da quenda non reservada.

Cuarta. Admisión

1. A Agasp publicará na súa páxina web a relación de persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas, polo menos cinco (5) días antes do inicio de cada curso.

O alumnado seleccionado será informado da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxaría telefónica.

A Agasp reserva para si o dereito de solicitarlles aos concellos de procedencia todos aqueles datos que considere necesarios para a adecuada realización da selección.

2. O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas ou necesidades do servizo, sempre que se acredite documentalmente o feito alegado pola persoa titular da Xefatura do corpo da Policía Local do concello en que traballe ou pola persoa responsable del.

No caso de cambios de cuadrante ou quendas de traballo, deberán quedar acreditados suficientemente os seus motivos e que se coñeceron con posterioridade á solicitude de inscrición no curso.

A renuncia debe ser comunicada por escrito a través do modelo que figura na páxina web da Agasp e cunha antelación de tres (3) días hábiles ao do inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.

A renuncia non xustificada ou a non acreditación documental da causa que a produce suporá a exclusión da persoa seleccionada nos seguintes dez (10) cursos que convoque o Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp e nos cales a persoa figure como posible destinataria, sen contar edicións repetidas, cursos xa realizados e que, como mínimo, teñan a mesma carga horaria do curso polo cal foi penalizada.

Quinta. Asistencia aos cursos

1. É obrigatoria a asistencia con puntualidade a todas as sesións dos cursos.

Durante a realización dos cursos levarase un control permanente da asistencia a través dos sistemas que se establezan para o efecto, e poderán realizarse controis de asistencia extraordinarios.

Unicamente se autorizará a ausencia por causas xustificadas e debidamente acreditadas e, en ningún caso, poderá superar o 10 % das horas lectivas.

A ausencia xustificada superior ao 10 % do total das horas lectivas suporá a perda do dereito á expedición do diploma. No caso de haber unha segunda edición do curso en cuestión, o Servizo de Formación en Seguridade Pública poderá valorar a posibilidade de que o/a alumno/a poida recuperar as horas non realizadas na edición anterior. En todo caso, para poder valorar esta posibilidade non poden transcorrer máis de seis meses entre unha edición e a seguinte.

A falta de asistencia dun número superior ao 10 % das horas lectivas sen xustificación ou a falta de acreditación documental da causa alegada non só dará lugar á perda do dereito ao diploma do curso, senón tamén á penalización coa non participación en cursos da Agasp durante un ano, contado desde o día seguinte ao da finalización do curso.

2. O alumnado asistirá aos cursos co uniforme regulamentario. No caso de non o facer, e non existir causa suficientemente xustificada, a Agasp poderá impedir a asistencia ao curso e non emitirá diploma nin certificado acreditativo ningún.

En relación cos cursos que se realizarán na modalidade en liña, telepresenza e/ou formación semipresencial:

Todas as edicións dos cursos en liña, de telepresenza e/ou formación semipresencial que se convocan nesta resolución se desenvolverán da seguinte maneira:

• Lugar: a través da plataforma de formación en liña. Poderase incluír con carácter presencial na sede da Agasp:

– Unha sesión por curso, de mañá e/ou de tarde.

– Excepcionalmente, sesións de videoconferencias ou clases en directo.

– A realización da proba final.

Cada unha destas sesións é de obrigada asistencia e, no caso de non asistir, non se terá por realizado nin superado o curso.

• Horario: segundo a disposición e necesidade do alumnado, agás as clases programadas por videoconferencia, en directo ou presenciais na sede da Agasp.

• Cuestionarios e tarefas: durante o desenvolvemento dos cursos, o alumnado participante deberá realizar unha serie de cuestionarios e tarefas de acordo cun calendario de presentación; a non realización dalgún deles no prazo establecido será sancionada coa baixa no curso. No caso de que os exercicios non consigan un nivel de exixencia mínimo segundo o criterio do profesorado, faráselle unha primeira advertencia ao alumnado e, de non atender a indicación, poderá ser dado de baixa no curso.

Os cuestionarios e a realización das tarefas faranse a través da plataforma de formación en liña, agás a proba presencial final, que poderá ser con carácter presencial.

Aquelas actividades recollidas no anexo cuxa modalidade de impartición sexa a formación semipresencial establecerán na plataforma de teleformación o horario das clases presenciais na Agasp.

É obrigatorio conectarse nas clases de telepresenza ou clases en directo con imaxe e son (é dicir, é obrigatorio para acceder a estes cursos dispor dunha cámara web e dun micrófono ou conectarse a través dun dispositivo móbil) e durante a dita clase o alumnado estará en dedicación exclusiva a esta. De non o facer, terase como non asistente.

Sexta. Certificación

– Asistencia: poderase obter o certificado de asistencia sempre que se asistise a un mínimo do 90 % das horas lectivas e se xustifiquen documentalmente, no prazo máximo de cinco días hábiles inmediatamente posteriores ao do remate do curso, as faltas de asistencia que representen o 10 %.

– Aproveitamento: esta certificación expediráselle exclusivamente ao alumnado que supere as probas que se determinen sobre os coñecementos impartidos en cada curso e non supere o 10 % de faltas de asistencia xustificadas documentalmente.

Os certificados serán postos á disposición do alumnado no seu espazo persoal da páxina web da Agasp no prazo máximo de dez días hábiles desde o remate de cada curso.

Sétima. Desenvolvemento dos cursos

1. A Agasp poderá suspender a realización de actividades formativas convocadas cando sexa necesario, por motivos técnicos ou por insuficiencia de solicitudes de participación.

2. A Agasp poderá modificar as datas, os horarios, os contidos e o desenvolvemento dos cursos, así como resolver todas as continxencias e incidencias que poidan xurdir.

3. A Agasp poderá programar cursos diferentes cando así o exixan circunstancias que afecten a organización, a xestión e a docencia.

4. A Agasp, como consecuencia da entrada en vigor de novidades lexislativas, de novos procedementos administrativos ou técnicos ou da detección de novas necesidades operativas, ou por consideralo de interese para o persoal dos corpos da Policía Local, poderá formular novas accións formativas non expostas nesta resolución ou ben modificar as aprobadas para axustar os seus contidos.