DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 25 de febreiro de 2026 Páx. 15050

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 16 de xaneiro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Cambre (expediente IN407A 2024/270-1).

Expediente: IN407A 2024/270-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: proxecto para LMT, CT e RBT lugar Peiraio.

Concello: Cambre.

1. Características técnicas:

Proxéctase a instalación dun reconectador telecontrolado en apoio proxectado de tipo C-2000-12 en substitución do apoio de tipo HV-1000-11 con matrícula AJR0VRU8//45-A10-8-CT, retirando o actual CTI Peiraio (15AQ67) de 160 kVA.

Proxéctase un centro de transformación prefabricado compacto telecontrolado 2L+1P de 250 kVA/15 kV con envolvente de formigón manobra exterior, desde o cal se alimentará a rede de baixa tensión existente do actual CTI Peiraio (15AQ67).

Liña eléctrica de media tensión aérea, a 15 kV, cunha lonxitude de 44 m, coa orixe no apoio existente con matrícula AJRND3FJ//45-A-10-7, condutor tipo LA-56 mm² Al, e final en apoio proxectado de tipo C-2000-12.

Liña eléctrica de media tensión soterrada con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240), a 15 kV, cunha lonxitude de 107 m, coa orixe no PAS proxectado no apoio proxectado de tipo C-2000-12 e fin no CT proxectado.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se for o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Cambre

Nº parcela

Lugar

Referencia catastral

Cultivo

Propietario

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Souto

15017A046004670000MQ

Urbana

Eduardo Ríos Abella

Apoio nº 1

1,81

3,0

5,45

2

Souto

15017A046001300000MD

Urbana

Eduardo Ríos Abella

Apoio nº 1

0,19

3,0

2,49

3

Infesta

15017A046001310000MX

Urbana

Guillermo Villaverde Chas

CT + acceso

32,69

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada.