Mediante a Resolución da Alcaldía do 3 de febreiro de 2026 aprobouse inicialmente o estudo de detalle relativo a reaxustar as aliñacións do solo de núcleo rural, para a súa adaptación á realidade existente establecida logo do proceso de concentración parcelaria de Serantes-Niñodaguia, instado por Laura Rodríguez Vila, en representación de Nadia López López. Sométese o expediente á información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, de acordo co disposto no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
Durante o devandito período poderanse formular as alegacións que se consideren pertinentes e consultar o expediente de manifesto nas dependencias municipais do Concello de Santiso.
Santiso, 3 de febreiro de 2026
Manuel Adán López
Alcalde
