DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 25 de febreiro de 2026 Páx. 15094

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de provisión definitiva de postos de traballo.

Mediante Decreto da Alcaldía nº 2026-0344, do 5 de febreiro, e unha vez rematado o proceso selectivo para a provisión definitiva de dous postos de traballo da escala da Administración xeral, subescala administrativa, grupo C, subgrupo C1, mediante concurso de traslados, resolveuse adxudicarlles definitivamente ás persoas que se relacionan a seguir os postos incluídos na convocatoria:

a) Adxudicarlle definitivamente á funcionaria de carreira Mariana Vila Piñeiro o seguinte posto de traballo:

Código do

posto RPT

Denominación

Tipo

Corpo, escala, categoría

Grupo

Nivel

Prov.

01. DEPARTAMENTO DE SECRETARÍA E ADMINISTRACIÓN XERAL

01.00.00.04

XEFE DE UNIDADE

F

A.X. (ADTVA.)

C1

22

C

b) Adxudicarlle definitivamente á funcionaria de carreira Laudelina Fernández Fernández o seguinte posto de traballo:

Código do

posto RPT

Denominación

Tipo

Corpo, escala, categoría

Grupo

Nivel

Prov.

03. DEPARTAMENTO DE TESOURARÍA E RECADACIÓN

03.00.00.02

XEFE DE UNIDADE

F

A.X. (ADTVA.)

C1

22

C

Contra a citada resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente ou recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), ante a Alcaldía deste concello, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no DOG, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida exercerse calquera outro recurso que se considere pertinente.

O Porriño, 10 de febreiro de 2026

Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Alcalde