DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 25 de febreiro de 2026 Páx. 15097

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Silleda

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 2 do Plan xeral de ordenación municipal (Pontevedra) (expediente 1119/2025).

O Pleno da Corporación municipal, na sesión ordinaria do 30 de xaneiro de 2026, aprobou inicialmente a modificación puntual número 2 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Silleda (Pontevedra). O acordo sométese a exposición pública durante un prazo de dous meses mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que consideren oportunas.

O expediente tramitado estará á disposición dos interesados, nas dependencias de Urbanismo do Concello de Silleda, sitas na rúa Progreso, nº 41, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Silleda, 3 de febreiro de 2026

A alcaldesa presidenta
P.D. (Decreto 2026-0070)
Mónica González Conde
Primeira tenente de alcaldesa